TSA -Axencias cubanas
Cuba recoñeceu o valor solidário dunha marcha que concentrou en Nova York unha fileira de cartaces contra o ilegal bloqueo no que terman por máis de 60 anos 26 gobernos da Casa Branca. Os lemas coreados recibiron voces de apoio dende as beirarrúas dunha das cidades dos EUA con maior porcentaxe de veciños procedentes do Caribe e do Continente Sur.
A coalición Cuba Si , de Nova York, reclamaba o fin da guerra económica dos EUA contra Cuba con cartaces condenatorios da campaña da Casa Branca que combate con mentiras o voluntariado sanitario internacional cubano. O Partido polo Socialismo e a Liberación participou co lema O mundo está con Cuba: rematemos co Bloqueo: a marcha repartiu voandeiras con caracteres en contratipo de ollo ancho co lema Cuba is not alone (Cuba non está soia)
O ministro de Relacións Exteriores de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, recoeceeu a importancia da concentración solidaria na véspera de a Asemblea Xeral das Nacións Unidas votar a resolución contra a intromisión e cerco imperial que, a maiores, dende o derradeiro mes do goberno de Trump, mantén Cuba arbitrariamente nunha funesta lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo.
O comité Manos Fuera de Cuba da cidade de Los Ángeles, convoca unha marcha para sumar as protestas contra o bloqueo. Para o fin de semana, están previstas manifestacións en más de 65 países e en 35 ciudades dos EUA.