O goberno floridano de Donald Trump

Jesus Arboleya Cervera – Progreso Weekly

Trump será o primeiro presidente da Florida: mália ter nacido en Nova York, o Estado da Florida adoptouno cando resolveu asentar alí novembro de 2019. Dixo que en Nova York non o trataban ben, mais a razón concreta do seu incomodo era que o perseguiran por evadir o fisco, e lle esixían facer público o seu estado financeiro, obriga que el desafiou, para ser o primeiro ex-presidente en delinquir contra unha declaración de probidade que ten décadas na tradición política norteamericana.

Marco Rubio pasou dos aldraxes a Trump durante a Asemblea Repubicana previa ás eleccións, a ser elevado a Ministro de Estado (Asuntos Exteriores) Din en Wasington que Trump premia aos seus rivais para se vingar deles.

Procuraba  mellor trato na Florida polas autoridades políticas e xudiciais, e beneficiar de paso das vantaxes fiscais dun Estado, convertido en paraíso de millonarios. A maiores contaba cunha das súas fastuosas propiedades, a finca Mar-a-Lago, en Palm Beach, convertida en “centro do Universo”, segundo as súas propias palabras.

A presenza de Trump desprazou o centro de gravidade do movemento Make America Great Again (MAGA) cara á Florida, onde atopou terreo fértil nunha tradición conservadora que se remonta ás orixes do Estado, a derradeira fronteira do sur profundo norteamericano.

Os democratas dominaron Florida por combatiren a escravitude, a segregación racial e a violación dos dereitos civís das minorías, consolidouse o poder dos demócratas no territorio. O que nas orixes foi considerado partido dos brancos, agrario, con forte presenza do fundamentalismo evanxélico, non respondeu a metamorfose do New Deal de Franklin Delano Roosevelt. Ser demócrata nunca significou ser liberal na Florida.

Os republicanos, pola súa banda, o partido antiesclavista de Abraham Lincoln, expoñentes da expansión industrial e financeira do emerxente imperialismo norteamericano –facíanse chamar “progresistas”-, hexemónicos desde a Guerra de Secesión. Desprazados do poder pola inusitada coalición “Rooseveltiana”, evolucionaron en sentido contrario e foron gañando adeptos entre os conservadores sureños demócratas, até converterse no partido da dereita, o que aumentou a súa ascendencia na Florida e acentuou a polarización política do país.

Dos 46 gobernadores do Estado da Florida 33 foron demócratas, mais os republicanos non perderon desde que Jeb Bush (irmán do presidente George W. Bush) foi proclamado gobernador en 1999 (en contra de reclamacións nunca aclaradas de fraude electoral) Entre os demócratas aspirantes á presidencia, só Barack Obama triunfou neste Estado no que vai de século, dúas veces gañou o republicano George W. Bush e tres fíxoo Donald Trump, que encara agora o seu segundo mandato. Rompendo un patrón histórico de longa data, os republicanos superaron aos demócratas no rexistro electoral desde 2021.

GRANDES BENEFICIARIOS DO BLOQUEO

En boa medida, este avance republicano foi resultado da ofensiva neoconservadora iniciada coa campaña a prol de Ronald Reagan en 1980. Entre as forzas que impulsaron o dominio dos republicanos no Estado estiveron moitos cubano-americanos, vinculados na súa orixe á CIA e grandes beneficiarios da guerra contra Cuba, que aportaron á vida política local a violencia máis descarnada: reforzaron os contactos coa mafia e o tráfico de drogas -males endémicos na historia de Miami- e fixeron da cidade a capital da ultradereita latinoamericana.

Este escenario é o que acolle a Donald Trump, cando decide instalar o Estado Maior do movemento MAGA na Florida. Para unha lexión de políticos ultraconservadores que chegaron como comparsas do neoiorquino, pero tamén para os políticos republicanos do Estado, anunciouse a súa oportunidade na política nacional.

Tal foi o caso do senador Marco Rubio, fillo de exiliados cubanos, nacido en Florida, que logo de aldraxar a Trump na asemblea para a presidencia do partido, foi proposto para secretario de Estado; Susie Wiles, enigmática activista das campañas republicanas no Estado, a quen consideran artífice da vitoria de Trump, foi nomeada xefa da Secretaría Presidencial; Mike Waltz, ex­-coronel dos Boinas Verdes e actual congresista floridano ultra da política exterior, será asesor para Asuntos de Seguridade Nacional, no entanto Pam (Pamela) Bondi, de Tampa, exfiscal da Florida, que formara parte do equipo defensor de Trump, será secretaria da Xustiza. Mesmo falan do gobernador Ron De Santis para o ministerio de Defensa, o que faría de Mar-a-Lago a Casa Branca do Sur, como presume a prensa local.

Na área da política exterior parece que a tendencia de Donald Trump será nomear a familiares e amigos como embaixadores ou enviados especiais o que restará protagonismo a Marco Rubio en temas vitais como as relacións coa UE —especialmente no referente a Rusia e a guerra na Ucraína— o Medio Oriente ou mesmo China e o resto de Asia, asuntos que a Rubio resultanlles grandes malia o seu paso pola Comisión de Intelixencia do Senado e os seus contactos con grandes doantes interesados na política exterior, en particular o grupo de presión sionista.

Con todo, ese non será o caso da política cara a América Latina, onde Rubio representa a dereita latinoamericana belixerante. Outros dous cubano-americanos ocuparán postos claves no Departamento de Estado (Asuntos Exteriores) os tamén floridanos Carlos Trujillo e Mauricio Claver Carone, subsecretario adxunto para o Hemisferio Occidental e enviado especial para América Latina, respectivamente.

Incluso Christopher Landau, nomeado subsecretario de Estado, ex­­-embaixador en México, vinculado aos sectores máis conservadores da administración de xustiza dos EUA e avogado de reclamantes cubano-americanos en contra empresas norteamericanas por faceren negocios con Cuba–ex-secretario no Tribunal Supremo dos xuíces Antonin Scalia e Clarence Thomas-, consolida esta virada á extrema dereita na política latinoamericana do próximo goberno.

Non se trata dun fenómeno novo, xa que dende Reagan fálase da cubanización da política dos EUA para América Latina pola implicación de cubanoamericanos de extrema dereita, mais nunca antes tiveran un protagonismo tan evidente. Ningunha destas persoas manifesta incomodidade co desprezo de Trump por Latinoamérica e, polo tanto, asumen o encargo de “pór orde na rexión”, segundo anunciou o novo  presidente.  Ás previsíbeis tensións con México e países centroamericanos debemos sumar o desafío a Panamá, onde, por riba, foi nomeado como embaixador o cubanoamericano Kevin Marino Cabrera, comisionado do condado Miami-Dade, sen experiencia en política exterior, mais fanático do presidente electo.

O maltrato imperial de Cuba, Venezuela e Nicaragua é previsíbel de parte de esta banda de axentes que levan anos consagrados a conspiraren a prol da extrema dereita; a relación será moi tensa cos gobernos aperturistas, especialmente os de Brasil e Colombia, cuxos presidentes foron obxecto de ataques persoais de parte do propio Marco Rubio. Despois da vitoria da Fronte Ampla en Uruguai, só Javier Milei, o presidente que se asesora co seu can morto, aparece como un colaborador entusiasta do trumpismo na América Latina. Aínda que tamén é certo que a “paz mediante a forza”, unha filosofía que Marco Rubio asegura defender, termine por subordinar a algúns que hoxe se prezan de independentes.

Non sabemos o que poderá resultar das ocorrencias de Marco Rubio como ministro de Exteriores mais o trumpismo anúnciase coma unha nova ofensiva maniática da extrema dereita en América Latina, no medio das contradicións que subsisten na inestábel coalición que sostén a Donald Trump e a súa dinámica disparatada. Un resultado que parece irreversibel, a curto e mediano prazo, é o compromiso da Florida como un estado republicano e conservador, o que terá consecuencias para a rexión.

O trumpismo logrou o retorno da Florida a extrema dereita que lembra os momentos máis retrógrados da historia do Estado. O incremento da xenofobia é un contrasentido nunha rexión multiétnica, que depende das súas relacións exteriores e onde máis do 10 % da poboación son inmigrantes; e que dicer da imposición do escurantismo relixioso e a persecución de ideas progresistas, consideradas “heréticas” polos novos inquisidores.

Pintada de vermello,  a Florida perde os atributos que lle conferían excepcionalidade no contexto político norteamericano e reaparece como parte indiferenciada da outra metade do país, a peor de todas, por certo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *