REDEH – Cuba
Finalmente aconteceu o que temiamos. Do xenocidio na Faixa de Gaza; aos ataques e asasinatos selectivos noutros países da rexión; á escalada bélica contra o Irán e a criminal sevicia dos sionistas, engádese agora, como incursión imperial fatídica, o bombardeo realizado polos EUA contra tres instalacións nucleares en territorio iraniano. Arrogante e obsceno, o presidente Trump gábase da eficiencia funcional do seu exército e da pancada estarrecedora descargada no taboleiro internacional. Pretende ignorar que esa espiral de violencia pode conducir a unha apocalipse e non á súa proclamada Pax Americana.
Na Rede en Defensa da Humanidade subscribimos as palabras do chanceler cubano, Bruno Rodríguez: ”A paz a través da forza é de feito imperialismo que procura impor o terror, a carreira das armas e o desconcerto do mundo co obxectivo de pór remedio ao colapso hexemônico dos EUA. Baséase na presunción de que ten a razón quen posúe a forza“. O fascismo é inimigo da democracia e de toda forma civilizada de convivencia humana. Trump e Netanyahu son expresións contemporáneas deste prexuizo.
Alarmado polo rumbo dos acontecementos, condenamos os ataques que fan prever unha escalada e apelamos á continuación das negociacións para que calquera diverxencia sexa resolta a través dun diálogo que evite un enfrontamento de consecuencias imprevisíbeis.
Convocamos os pobos do mundo a se mobilizaren pola paz! Cesen a agresión belicista contra o Iran e a ocupación de Palestina!
REDE EN DEFENSA DA HUMANIDADE (Cuba)
Versión en Galego da Redación de TSA