Cuba en Datos (Cubadebate) – TSA
O atranco principal do desenvolvemento económico e social de Cuba é dende hai 67 anos o bloqueo dos EUA, causante de enormes danos á economía da illa. O impacto humano deste ilegal cerco é incalculabel: vidas perdidas e sofrimento privado e familiar que afecta dunha maneira ou doutra a toda a poboación cubana.

As chichivanas reproducen as carrilanas históricas de Galiza nas rúas de Cuba do bloqueo: táboas, pregos, rodamentos e eixos de ferro de obra.
As dúas Ordes Executivas que levan a asinatura do presidente Donald Trump (do 29 de xaneiro e Primeiro de maio de 2026) agravaron a asfixia intencionada contra Cuba e o seu pobo e levaron a límites extremos o cerco económico e o sufrimento humano provocados por estes abusos unilaterais e extraterritoriais de castigo colectivo.
Uns 1 400 MW da xeración eléctrica distribuída no país, non poden ser utilizados porque os EUA impiden adquirir a Cuba o diésel e o fuel que requiren grupos, motores e sistemas de transporte de combustíbel, debido ao bloqueo total ao acceso de Cuba ao petróleo e os seus derivados.
Padece a poboación unha media diaria de máis de 20 horas de apagamentos, o que afecta ao alumbrado, a cocción de alimentos, ao acceso á auga potábel e aos servizos de TV e comunicacións e outras intendencias básicas.
Por causa do ilegal cerco. duplicouse a taxa de mortalidade infantil o que deu como resultado a perda de 1.800 naipelos; segundo mostra un estudo recente do CEPR. Cuba tiña en 2017, ao comezo do primeiro mandato de Trump, unha mortalidade infantil excepcional para un país do Sur Global, dun 4.0 por cada mil nados vivos. Ese índice escalou nestes anos até o 9.9 por cada mil nados vivos no 2025.
A 65% diminuíu o índice de supervivencia dos nenos con cancro en Cuba, dun 85% de supervivencia que se rexistraba antes do arreciamiento do bloqueo enerxético . Máis de 100 mil cubanos están en listas de espera para recibir cirurxías electivas ou reconstrutivas, como resultado directo das carencias enerxéticas e de insumos médicos provocados polo bloqueo. Entre eles hai 5.152 pacientes oncolóxicos dos que 12 mil son menores, dacordo con datos do MINSAP.
As 2 888 persoas que eciben en Cuba tratamento regular de hemodiálise por insuficiencia renal crónica, están suxeitos a carencias diversas no seu tratamento altamente dependente de insumos, auga e equipamento especializado.
Un dos principais logros da saúde pública cubana, o Programa Nacional de Inmunización, que inclúe 16 vacinas e protexe a millóns de menores cubanos, está en serio risco. As restricións derivadas do bloqueo dificultan cada vez máis a adquisición de materias primas, equipamento e recursos financeiros para soster a produción nacional de vacinas.
Trescentos medicamentos do Cadro Básico de Saúde, dos 395 que se producen en Cuba, non son accesíbeis polo bloqueo de materias primas e insumos farmacéuticos. O bloqueo dificulta igualmente a produción no país de varios diagnosticadores de enfermidades desenvolvidos pola industria nacional, entre eles probas esenciais para a detección precoz do cancro . Máis de 100.000 menores de Cuba non están a recibir diariamente o litro de leite, subsidiado polo Estado, debido sobre todo á falta de combustible para transportar o leite desde as unidades produtoras ás cidades.
Por causa das trabas loxísticas e de pago para a compra de trigo, só se puido atender un 50% das necesidades de fariña polo que o peso do pan de ración houbera de diminuir de 80 a 60g. Pola falla de combustíbel, 170 contedores de produtos esenciais chegados a Cuba, por un valor de 6,3 millóns de dólares, non puideron ser distribuídos aos seus destinatarios. 11 000 toneladas de alimentos básicos que o PMA xa ten en armacéns por toda Cuba, están a distribuírse “a un ritmo moito máis lento do previsto” por carencias de combustíbel e transporte. UNICEF E PNUD informaron que teñen varias decenas de contedores en portos cubanos que logran extraer e distribuír con enorme lentitude.
A asfixia económica
A Orde Executiva do Primeiro de Maio do governo de Washington, ampliou até límites inimaxinábeis as medidas punitivas de Washington contra a economía cubana e calquera empresa no mundo que pretenda comerciar ou investir en Cuba.
Como resultado destas imposicións no límite, a compañía canadense Sherrit International cesou as súas operacións mineiras e enerxéticas en Cuba. As dúas principais navieras internacionais que operaban con Cuba, a francesa CMA CGM e a alemá Hapag – Lloyd decidiron deixar de aceptar novos pedidos procedentes de Cuba ou con destino á illa. Como resultado, un grupo de pezas e partes destinadas á reparación da termoeléctrica Antonio Guiteras, a maior unidade de xeración térmica do país, están varadas en Francia; uns 20 contedores de ron cubano destinados á exportación están igualmente varados en terminais portuarias cubanas. Numerosas compañías aéreas como Turkish Airlines, Iberia, Air Canada, Air France, World2Fly e outras cancelaron os seus voos a Cuba por non podérense subministrar no país de combustíbel de retorno; a baixa na venda de billetes tamén producira cancelacións.
A compañía canadense Blue Diamond retirouse de Cuba e da xestión de máis de 60 instalacións hoteleiras no país. As compañías españolas Meliá e Iberostar deixaron de administrar 15 e 12 hoteis, respectivamente, das instalacións que operan no arquipélago cubano.
O banco estranxeiro que procesaba as operacións en Cuba utilizando as tarxetas VISA e MASTERCARD, interrompeu a súa relación con FINCIMEX desde o 6 de xuño. Transfigura Group comunicou a fundiciones na China que deixarían de recibir cargamentos de concentrados de zinc procedentes do proxecto Castellanos, en Pinar del Río, Cuba, como resultado da chantaxe dos EUA. A Empresa mineira A Victoria SA (entidade mixta entre a australiana Antillas Gold Ltd e a cubana SOF Geominera SA) foi sancionada polo Departamento do Tesouro dos EUA por “xerar ingresos para o Estado cubano”. Previamente penalizaran a tamén mineira Moa Nickel S.A. (mixta entre a Sherrit e o Grupo Empresarial do Nickel) A empresa estatal cubana de petróleo e derivados CUPET foi incluída na lista de arbitrariamente sancionadas polo governo de Washington, con efectos extraterritoriais, no propósito de levar ao extremo o cerco enerxético contra Cuba.
Cortar a Solidariedade
A Orde Executiva do 1 de maio chegou ao paroxismo de criminalizar as doazóns que cidadáns e entidades poidan facer a Cuba no medio da grave crise xerada pola extensión ao límite do bloqueo. Dende o governo de Washington desprestixiaron e tentaron encausar xudicialmente organizacións e persoas solidarias con Cuba en EE.UU como The People´s Forum, CodePinK, ANSWER, Tricontinental, ou a plataforma mediática Break Thorough News, ou o influencer Hasan Piker .O Departamento do Tesouro ditou medidas de represalia contra o Instituto Cubano de Amizade cos Pobos, principal canalizador da solidariedade e de doazóns en Cuba e á súa axencia de viaxes AMISTUR, co que se ameaza con sancións a todo o que sosteña relacións con esta organización cubana. A plataforma de pagos Stripe pechou a conta de Cuban Americans for Cuba Inc, unha organización que traballa polo fin do bloqueo dende os EUA. Segundo a mensaxe recibida pola organización, Stripe decidiu pechar a conta por supostos “compromisos con entidades prohibidas”, incluíndo a Cuba, debido a restricións de reguladores e socios.
Mpara alén de números e medidas coercitivas, o bloqueo é un castigo colectivo, extremo e inxustificábel contra o pobo cubano. É xenocida, ilegal, extraterritorial e contrario ao Dereito Internacional.
Versión en Galego de Sela Codeso Santalla para TSA