A ARELA MILITARISTA DE FLORIDA CONTRA CUBA POR VOLTA DE VINTE ANOS

 Rosa Miriam Elizalde – La Jornada (Mexico)

De esquerda a dereita, Marco Rubio e John Bolton, dous ministros de Exteriores dos EUA separados por vinte anos e idénticos no patético  propósito de considerar Cuba inimigo da humanidade.

Un xa visto: eis o que estamos a viver. Vinte anos pasados de os EUA invadiren Iraq, con pretextos falsos, e aínda coa mesma opereta belicista no sur de Florida, onde agora manobran a prol dun novo capítulo de agresión militar contra Cuba, de parte de Washington.

Cairan bombas sobre Bagdad, na primavera de 2003, e o sector ultra da emigración cubana levaba ás rúas de Miami un lema terríbel “Agora Iraq e deseguida Cuba!”.  Non se trataba dun acto illado ou marxinal , senón de presionar ao goberno de George W. Bush para extender a súa cruzada bélica a Cuba. Os pretextos eran os mesmos e igual de falsos que os aplicados ao Iraq: terrorismo, armas de destrución masiva,  e levar a liberdade ao pais. A manifestación fora na Rúa 8.

Daquela, entidades coma o Instituto para Estudios Cubanos y Cubano-Americanos da Universidade de Miami , próxinos ao goberno federal , recibían finanzamiento para adiantaren o perfil dunha Cuba pos-revolucionaria. Unha das palestras, titulada sen rubor  A transición en Estados Delincuentes: Iraq, Palestina e Cuba, equiparaba á illa con teatros de guerra. A mensaxe era evidente: nin Cuba nin Palestina eran excepción, senón parte das previsións de cambios de réxime de Washington.

Voces máis influintes participaban desta visión de futuro. En marzo de 2003, Donald Rumsfeld, secretario de Defensa (ministro do exército) naquela altura,  foi interpelado no programa Meet the Press (Encontro coa Prensa) sobre se Cuba figuraba na lista de países a invadir. Na súa resposta, descartou unha operación inmediata, pero deixou a porta aberta cun ameazante “agás que teñan Armas de Destrución Masiva”. Meses despois, John Bolton, subsecretario de Estado coñecido polo seu historial belicista, inventaba a mentira de a nación caribeña producir armas biolóxicas e compartir biotecnoloxía con Estados Delincuentes . A demonización estaba en marcha.

Días contados que duran vinte anos

O goberno de Washington valérase deste enunciado, e do apoio dos  congresistas cubano-estadunidenses da liña dura, para aumentar o rigor do bloqueo económico e limitar viaxes e remesas. “Castro ten os días contados”, anunciara Mario Díaz-Balart  aos xornalistas en 2004; vinte anos despois, segue repetindo esa mesma sentenza coa cara lavada.

Ao escalaren os EUA e Israel a súa ofensiva militar en Irán, a maquinaria de propaganda de Miami ergue de novo a bandeira da intervención armada. En redes sociais, a congresista María Elvira Salazar non disimula o seu contento: “Así é como hai que tratar aos tiranos, non só en Irán, senón tamén aos sátrapas de Cuba, Venezuela e Nicaragua. Paz a través da forza: eis o xeito americano”. O seu colega Carlos Giménez, pola súa banda, ameaza con ton mesiánico: “Con Trump non valen contos, nin escusas: canda chega a hora, chegóu!”.

Cuba volve ser unha ameaza estratéxica, non polo que fai, senón polas súas relacións. A súa alianza con China, Rusia, Irán e Venezuela abonda para xustificar unha alerta de seguridade nacional. A retórica lembra o discurso do Eixo do Mal. A illa é agora inimigo operativo non polo que fai senón pola súa mera existencia xeopolítica, coma se a soberanía cubana fose en si mesma unha provocación.

Levamos semanas co angustioso agoiro de estar a vivir un xa visto tras outro. Trump invoca coma éxito militar o terríbel recordo das bombas de Hiroshima e Nagasaki, onde a humanidade descubriu con horror o inferno atómico da guerra; os inmigrantes son cazados como alimañas, igual que os comunistas e os xudeus antes da Segunda Guerra Mundial. As imaxes de estadunidenses defendendo lemas genocidas que convidan ao odio, a guerra entre irmáns e a destrución, producen rabia e desespero. Costa crer a Trump cando di que as accións bélicas en Irán terminaron, porque nada do que di parece verdade.

Un clima político-mediático idéntico a perigosa redición das matrices discursivas que serviran de limiar a catástrofe iraquí. A lóxica é a mesma: desinformar, illar, demonizar, xustificar sancións e, se se aliñan as circunstancias, lexitimar a intervención nos “escuros lugares do planeta”.

De certo, a mentira das armas de destrución masiva en Iraq aínda retumba como un fracaso ético e político de Occidente, mais a ultradereita de Florida repite teimudamente o ciclo e tenta arrastrar aos EUA cara a unha agresión inxustificábel contra Cuba. Sucede nun contexto volátil, onde o único seguro é que a Guerra dos 12 días levou ao mundo a beira dun cataclismo de consecuencias impredicíbeis. Poco axuda a dúbida acerca do que aconteceu ou non no Irán, ou do que podería ocorrer no medio Oriente nos próximos días. E nin falar da tranquilidade que revelan os principais agresores neste conflito. Mesmo parece que tomaran Tila.

Versión en Galego para TSA de Cita André.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *