A epidemia de Dengue Hemorráxico de Cuba (1981) foi obra do Governo Reagan

Evidencias científicas irrecusábeis corroboran a acusación feita por Cuba en 1983, de o virus do Dengue Hemorrágico inzar por un ataque do governo de EUA. A epidemia de 1981, causara 158 falecidos, entre eles 101 nenos. Unha dilatada investigación cubana, amplificou e secuenciou o xenoma completo das cepas orixinais obtidas en diferentes fases daquel terribel andácio. Mediante ferramentas bio-informáticas, os investigadores definiron con elevada certeza a relación xenética das cepas cubanas do 81 coa Nova Guiné C, e a súas variáncias durante o andácio o que proba que mal foi transportado a Cuba. A importáncia das probas aportadas sobre o ataque terrorista, aparece nun artigo publicado en Bohemia, con declaracións da doutora Rosmari Rodríguez, do Instituto de Medicina Tropical Pedro Kouri (IPK) que levou o peso do traballo. O progreso da investigación cubana permite denunciar inequivocamente a infámia do primeiro governo de Ronald Reagan. Reproducimos a seguir o artigo de Bohemia asinado por Marieta Cabrera.

Cartaz cubano no que se descreben síntomas do Dengue Hemorráxico
Cartaz cubano no que se descreben síntomas do Dengue Hemorráxico

Marieta Cabrera – Bohemia

O científico cubano Gustavo Kourí asistía 1983 como invitado a un congreso de medicina tropical realizado en Calgary, Canadá, onde aportaba información sobre o andácio de Dengue Hemorráxico que asolou Cuba en 1981, con 158 falecidos, deles 101 nenos. Na sesión participaba tamén a doutora en Ciencias Guadalupe Guzmán. Ambos presentaron os seus traballos encol do tema e, de arrebato, naquel salón repleto de xente, o profesor Kourí leu unha declaración na que denunciaba públicamente que ese virus fora introducido en Cuba, de forma deliberada, por Estados Unidos.

Guzmán recorda que depois do comunicado, breve e conmovedor: “Fíxose un gran silenzo; todos quedaran impactados. Escoitáronse aplausos; algúns, ergueron dos seus asentos e marcharon”

Anos depois da revelación, en 1995, científicos cubanos mostraron evidencias da semellanza da cepa circulante en 1981 en Cuba, coa primeira de Dengue 2 illada no mundo, coñecida como de referéncia ou prototipo. A sensacional revelación deu lugar a textos de réplica en publicacións científicas internacionais mais a verdade remataría por imporse. Era asunto de tempo.

Agosto de 2014, logo de tres décadas da declaración do profesor Kourí, a revista &Arquives of Virology&, órgano oficial da sección de Viroloxía da Unión Internacional de Sociedades Microbiológicas, incluíu nas súas páxinas o artigo titulado &Primeira epidemia de Dengue hemorrágico nas Américas, 1981: novos coñecementos sobre o axente causal&. A súa autora principal é a doutora en Ciencias Rosmari Rodríguez Roche, investigadora do Instituto de Medicina Tropical Pedro Kouri (IPK), galardonada por ese resultado co Gran Premio no Concurso Anual de Saúde 2015.

O estudo ofrece evidencias científicas que corroboran a acusación feita por Cuba. Para comprender como foron atados os fíos desta indagación minuciosa, con visos detectivescos, a doutora Rosmari Rodríguez fai un pouco de historia. “Na década dos 90, o IPK, en colaboración con institucións afins doutros países, realizou estudos para caracterizar a cepa causante do andácio de Dengue hemorrágico de 1981. A investigacións permitiron obter a secuencia duns 300 pares de bases, dos case 11 mil que ten o xenoma viral completo, coa utilización de metodoloxías de secuenciación manual e ferramentas bioinformáticas moi simples, as cales eran as que estaban dispoñibeis entón. Con todo, este pequeno fragmento resultou abondo para demostrar que a cepa causante da epidemia de 1981 tiña grande semellanza coa de laboratorio Nova Guinea C, illada en 1944 (primeira vez que se illou Dengue 2 no mundo)

Sinala a doutora que este achado foi moi controvertido, tanto pola semellanza da cepa cubana con as cepas vellas do sueste asiático, como polos limitados dados de secuencia dispoñibeis. Quen o impugnaron, atribuían o resultado a unha contaminación ocorrida no laboratorio durante o procesamiento das mostras. “A Nova Guiné C do 44 -prosegue Rosmari Rodríguez-  é a cepa prototipo de Dengue 2, e existe en case todas as institucións onde se traballa no Dengue. Sendo os sistemas de amplificación e secuenciación do xenoma moi sensíbeis, eles alegaron a posíbel amplificación dun virus non desexado como consecuencia da inadecuada manipulación dos illamentos virais. Os virus acumulan cambios no seu xenoma ano tras ano, durante o proceso de replicación en humanos e mosquitos, cunha frecuencia coñecida e os estudosos da evolución dixeron que o virus circulante en Cuba en 1981 parecíase tanto ao illado en 1944 (é dicer, que tiña tan poucas mutacións) por proceder dunha contaminación coa cepa de laboratório. Alegaron que durante a circulación da cepa na natureza, por un período de case 40 anos, a acumulación dun número importante de mutacions era previsíbel. Xa que logo, a de 1981 debía ter diferenzas notabeis con respecto á de 1944”.

Para probaren que non se trataba dunha contaminación no laboratorio, compría secuenciar o xenoma completo de cepas virais segundo mostras de diferentes momentos do andácio. E iso foi o que fixo Rosmari Rodríguez, depois de se preparar durante anos para o inxente traballo.

Achados inequívocos

A pouco do andácio de Dengue de1997 no municipio de Santiago de Cuba, a nova Licenciada en Radioquímica dirixiu un estudo sobre a evolución do virus durante ese brote. Cinco anos había que ingresara ao IPK, logo de se graduar e dunha estáncia no Centro de Enxeñería Xenética e Biotecnoloxía, onde realizou o seu traballo de diploma sobre caracterización de proteínas. Con todo, a doutora recorda que moitos feitos da microbioloxía eran para ela un mundo totalmente descoñecido.

Dende os seus comezos no IPK, concentrouse no estudo do Dengue e cursou a especialidde de viroloxía. Armada deses coñecementos viaxou ao Reino Unido, a comezos do 2000, para traballar nun proxecto de investigación relacionado coas causas da reemergencia do Dengue hemorrágico en Cuba en 1997. Alí analisou virus recollidos durante o andácio de Santiago de Cuba co obxectivo de adestrarse na amplificación e secuenciación de xenomas virais completos.

Entre finais de 2006 e comezos de 2007, participou nun proxecto de investigación dos catro serotipos do Dengue durante un período epidémico en Venezuela. Como parte dese estudo, a científica impúxose no uso de tecnoloxías de avangarda no campo da secuenciación durante a súa estancia no Instituto do xenoma de Singapur. A seguir comppletou un curso de análise de secuencias co emprego de ferramentas bio-informáticas de alta resolución, no Museo de Historia Natural de Londres. Ao cabo dese proceso de aprendizaxe, o seguinte paso foi a adquisición por parte do IPK, en 2008, dunha tecnoloxía moderna de secuenciación automática. Era o momento xusto para retomar aquelas cepas de 1981, conservadas durante máis de 30 anos nunha nevera a -80 degraos centígrados, e realizar todo o proceso por primeira vez en Cuba.

“Demos amplificado e secuenciado o xenoma completo das cepas orixinais obtidas en diferentes secuéncias da epidemia de 1981. A seguir, empregamos ferramentas bioinformáticas que nos permitiron definir con elevada certeza a relación xenética das cepas cubanas do 81 coa Nova Guiné C. É dicir, o noso estudo probou que efectivamente eran moi semellantes -explica Rosmari- Hoxe, analisando as secuencias de cepas de distintos momentos da epidemia, notamos que, aínda que todas eran semellantes á de Nova Guiné de 1944, había diferenzas entre as cepas cubanas, ou sexa, que o virus sofrera cambios durante o período epidémico. Este pode ser o feito máis trascendental da investigación, dende o punto de vista científico: por unha banda, rexeita a hipótese de contaminación de laboratorio, pois, en tal caso, todas as cepas analizadas deberían ter a mesma secuencia. Un contaminante non muta, sería un virus existente no laboratorio, presente no ambiente ou nos reactivos utilizados debido a malas prácticas de laboratorio. Doutra banda, logo de constatar a gran semellanza das cepas cubanas do 81 coa de referencia antes mencionada, como as primeiras non tiñan suficientes mutaciones en relación coa segunda, non se trataba efectivamente dun virus que estaba circulando na natureza, senón dunha cepa de laboratorio” Era a confirmación do delicto: a ponzoña fora plantada en Cuba.

A certeza contou con outras circunstáncias corroborantes, coma o feito de a epidemia desatarse en tres puntos do país ao mesmo tempo: Oriente, Centro e Occidente, o que non adoita ocorrer fora denunciado no seu momento polo profesor Kourí. O Dengue detéctase a partir dun caso índice nun área determinada, ao redor do cal aparecen novos enfermos. A seguir espállase a outros territorios co movemento de persoas infectadas, e obsérvase un aumento diario de doentes até atinxir cifras críticas epidémiicas, que dependen nomeadamente da densidade de mosquitos.

O estudo dirixido pola especialista revelou, ademais, que Cuba non exportó o Dengue hemorrágico ás Américas, pois as epidemias sucesivas na rexión foron causadas por cepas de Dengue 2, dun xenotipo moi diferente ao que agrupa ás cepas vellas do sueste asiático. A especulación carecía de fundamento.

Novas interrogantes

Trazar a evolución dos virus do Dengue en Cuba é un reto para a doutora Rosmari Rodríguez. O profesor Gustavo Kourí notou en 1981 que no transcurso da epidemia, cando o número de casos diminuía ostensibelmente, a proporción de individuos graves e falecidos aumentaba, é dicir, a severidad era maior ao final. Esa observación epidemiológica repetiuse no citado brote de Santiago de Cuba, e no de 2001 na Habana.

Explicando as causas dese incremento temporal da letalidade, a entrevistada coida que podería relacionarse cos cambios que sofre o virus durante a súa interacción co mosquito e os humanos, o que podería dar ao final do andácio unha cepa con maior potencial virulento, capaz de producir Dengue grave, o que depende do contexto epidemiológico.

Para esclarecer isto último, a profesora sinala que nas pescudas sobre a epidemia do 81 comprobouse que máis do 98 por cento dos casos graves, presentaban anticorpos dunha infección anterior con Dengue 1 (serotipo que circulara en Cuba en 1977) Por iso os nenos que contraeron o virus e tiñan dun a tres anos de idade non mostraron cadros clínicos graves, pois non naceran cando o brote de fins dos setenta.

Novembro último, co gallo do premio que recibiu polo impacto científico e político da investigación, a Rosmari agradeceu no portal de Infomed a Fidel, aos seus colegas e, nomeadamente, aos profesores Gustavo Kourí Flores e Pedro Más Lago, “quen nos deixaron como maior legado a modestia, a honestidade e unha dedicación sen límites á ciencia”.

Evocando a Pedro Más Lago, con quen tivo a sorte de traballar, recorda que adoitaba conversar moito cos mozos sobre as súas aventuras científicas. “El adiantous. ao mesmo tempo ca o doutor Kourí, a hipótese de a epidemia do 81 ser unha agresión biolóxica. Nunca coñecín a niinguén tan humilde e sinxelo, mália estar dotado dunha intelixencia natural, que se cadra procedía dos campos de Guaracabuya onde naceu, alá na serra do Escambray”.

Coñecido como o pai da Virología en Cuba, Más Lago foi quen illou a cepa de Dengue 1 do andácio de 1977. Parte dese caudal en mans hábiles, como as de Rosmari Rodríguez Roche, segue aportando respostas.

http://bohemia.cu/ciencia/2016/01/la-ciencia-desnuda-un-crimen-de-ee-uu-contra-cuba-en-1981/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *