A Equipa Cubana agradece as manifestacións solidarias na Olimpiada e honra o compromiso de Fidel coa educación deportiva

Delegación Cubana na Olimpiada de Paris – Terra Sen Amos

A Delegación Cubana na Olimpiada representou en Paris a vontade de facer política pública do deporte contra a privatización e o reto individual promovido polos EUA. A despeito do bloqueo multilicado, a Equipa Olímpica Cubana publicou onte un comunicado no que agradece o solidariedade activa expresada durante a competición e a súa vontade de continuar o compromiso público didactico e revolucionario na promoción do deporte. O texto dí o seguinte “A equipa que representou Cuba nos Xogos Olímpicos de París, regresa á Patria coa satisfacción de competir con dignidade e de ter honrado os valores do noso deporte, inspirada no legado do Comandante en Xefe Fidel Castro e o compromiso de dalo todo en cada saída, malia non sempre os resultados viren realizar os oxectivos desexados.

“Mijaín permitiunos compartir a ocasión histórica da súa chegada a cinco títulos olímpicos”

A Delegación regresa agradecida polas moitas expresións de apoio recibidas desde a Illa, onde o pobo ao que nos debemos seguiu con interese o acontecido durante estas intensas e moi esixentes xornadas, cos principais dirixentes da Revolución ao tanto de cada detalle.

Nese sentido, hónranos resaltar a mensaxe de felicitación emitido polo Xeneral de Exército Raúl Castro Ruz na coroación do noso abanderado Mijaín López, e os diálogos telefónicos do Primeiro Secretario do Partido e Presidente da República, Miguel Díaz-Canel Bermúdez, co propio loitador e outros protagonistas. Resultou clave a atención da nosa misión diplomática e a Casa Yo Soy Cuba en Tremblay-en-France, convertida en espazo aberto á verdade do noso país.

Os pronunciamentos doutros moitos compañeiros, aos que se sumaron innumerables manifestacións de respaldo chegadas por diferentes vías e distintos países, sempre inspirado no agarimo e respecto convertidos en motivacións adicionais para a batalla, asumida por 61 atletas de 16 deportes.

Con presenza en 53 das 329 probas convocadas, a conquista de dúas medallas de ouro, unha de prata e seis de bronce situou a Cuba no lugar 32 por países, a distancia do procurado lugar entre os 20 primeiros. Tal como expuxeramos en diferentes espazos, asumímos que facela realidade demandaría a resposta case perfecta dos nosos candidatos principais.

Compre afirmar que malia ser unha cifra inferior ás 69 medallas de Tokio 2020, dispor nesta de 61 clasificados volveu ser meritorio para un país sen os medios das potencias hexemónicas e aquelado polo agravamento do ilegal  bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polo goberno dos EUA.

É notábel a consagración coa que atletas e adestradores sobardaran as limitacións para loitaren pola máxima preparación deportiva e a multiplicación de alianzas no ámbito da ciencia e a innovación, a contribución de amigos solidarios que garantiron estancias en varias localidades francesas; o traballo diferenciado a nivel de deportes e figuras estratéxicas, en correspondencia cos recursos dispoñibeis, e a atención médico-sicológica, o control antidopaxe e o estudo de contrarios, tamén avalados pola realidade vivida por estes días.

A nosa delegación, integramente conformada por expoñentes do sistema deportivo cubano, sostivo un comportamento ético axustado ao rigor, a disciplina, o respecto aos contrarios e o espírito de intercambio fraternal, e recibiu manifestacións de simpatía en todos os escenarios, algo que agradecemos con orgullo pois provén do prestixio internacional da Revolución.

Canto os resultados, merece ovación o gran Mijaín, loitador de estilo clásico que nos permitiu compartir a ocasión histórica da súa chegada a cinco títulos nestes escenarios.

Aplaudimos ao mozo Erislandy Álvarez, protagonista dun emocionante debut de ouro no boxeo, así como ao resto dos medallistas, significando que Yusneylis Guzmán (prata) e Yarisleidis Cirilo (bronce) estrearon no podio ás nosas loitadoras e canoístas, respectivamente.

Arlen López (bronce) converteuse no segundo boxeador da Illa con medallas en tres divisións; Luis Alberto Orta (bronce) fixou en catro o número de loitadores con máis dunha presea a este nivel, Rafael Alba (bronce) pasou aos libros como o noso primeiro taekwondoca dobre medallista olímpico e Gabriel Rosillo (bronce) e Milaimy Marín (bronce) completaron a determinante contribución, con esta última ampliando o rol das mulleres, que en xeral sumaron tres chegadas ao podio.

O noso recoñecemento a quen non integraron esa vangarda, pero estiveron á altura do previsto, mesmo con desempeños persoais históricos. E para glorias indiscutidas como a judoca Idalys Ortiz e o púxil Julio César A Cruz, despedidos agora sen preseas.

Tamén nos acompaña a insatisfacción que xeran desempeños por baixo do esperado, particularmente en deportes con figuras capacitadas para logralas.

Despedimos unha cita sumamente esixente, confirmatoria de fenómenos como nacionalizacións en función de resultados, incongruencias arbitrais e desempeños fraguados ao amparo de recursos materiais e humanos alleos aos países de orixe dos seus protagonistas, contexto no cal a Cuba bloqueada, atacada e calumniada, sen un só atleta ou adestrador importado nas súas filas, volveu liderar Centroamérica e o Caribe, foi cuarta a nivel de América e escribiu páxinas descoñecidas para non poucos países desenvolvidos.

É por iso que a só horas do aniversario 98 do seu natalicio, evocamos con especial agarimo a Fidel, creador e impulsor dun sistema deportivo ao alcance de todos; reiteramos a gabanza das nosas atletas e asumimos inconformidades e debilidades dende o que significa o compromiso de sermos continuadores da súa obra”.

DELEGACIÓN CUBANA

París, 11 de agosto de 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *