Silvia Ramón – Terra Sen Amos (Lugo)
A familia Castro de Láncara, cedeu a casa na que nacera Ánxo Castro Arxiz, pai de Fidel e Raúl, na parroquia de Armea, á asociación local de Amizade e Solidariedade con Cuba, que ten o proxecto de constituir no solar dos Castro unha casa-museo que honre o herdo da Revolución Cubana, serva de canle para informar sobre o invaluábel património cultural e político da Cuba actual e ao mesmo tempo cumpra unha función de arquivo da grande emigración americana de Galiza e en particular das biografias de nacidos en Láncara e da súa descendencia que fixeran historia en todo o Caribe e especialmente en Cuba.
A Asociación de Amizade con Cuba, fundada en Láncara, recibiu da familia de Fidel e Raúl a cesión de uso da casa que fora visitada polo Líder Histórico da Revolución no verán de 1992 e polo seu irmán Raúl anos despois. Naquela visita, Fidel recibiu a chave da súa casa, de mans dun veciño que a conservaba por encarga de Anxo Castro ausente, dacordo coa vella tradición emigrante Galega. O pai de Fidel e Raúl, foi primeiro soldado na guerra de 1898 en Cuba e depois emigrante de éxito na comarca de Holguín. A súa extensa familia en Armea procurou conservar a relación cos parentes trasterrados a illa. A parroquia de Armea, dentro do concello de Láncara, ten catro entidades de poboación e contaba con 83 habitantes no ano 2008; na actualidade ten só 50
De a pouco, a casa dos Castro na parroquia de Armea foi visitada polo embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez. O pasado ano, unha delegación do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP) foi recibida polo Concello de Láncara e a Confederación de Empresarios de Lugo.
A casa dos Castro en Armea xa ten proxecto de rehabilitación, realizado polo arquitecto de Sarria José Angel López.