Conseguir que Cuba viva da súa produción agrícola, sen esperar axudas externas, foi unha das recomendacións de José Ramón Machado, dirixente do Partido Comunista de Cuba, ao VII Pleno da Asociación Nacional de Agricultores Pequeños (ANAP) celebrado en Artemisa. Dentro das medidas da Reforma Económica, fugira en primeiro lugar un aumento da produción que afortala a soberanía e a independencia do pais, mentres o pago de tributos é un aporte preciso para para a seguridade nacional, nun intre no que EUA pretende incrementar o Bloqueo, depois da reposición de embaixadas.
Entre arrendatarios de terras agrícolas do Estado, Machado Ventura falou da necesidade de viver do que producimos, sen esperar (ainda que sen recusar) axudas externas, e pediu aos pequenos empresarios agrícolas, veren os impostos coma elemento importante para o avanzo da economía. O goberno ven mantendo xuntanzas nos centros de produción agrícola para dar conta do seguimento dos acordos de plenos anteriores en cadanseu distrito, relativos ao imposto sobre terras a ermo, sobre renda individual e dos ingresos por territorios procedentes de rendas a pagar de parte de asociados da ANAP, nun plano que contemplaba as características de cada lugar.
Ao cabo dunha década de reforma económica, o goberno de Cuba avanza na sustitución de importacións agrícolas e industriais, no regulamento do traballo por conta propia e na modernización dos sistemas produtivos, asuntos considerados de seguridade nacional.