Fabián Escalante – La Pupila Insomne
O complexo de propiedade continental dos EUA, procedente da doutrina Monroe (1823) o anti-comunismo da Guerra Fría e outras fontes imperialistas (Kissinger) deran lugar a Operación Cóndor cuxo nome, segundo o terrorista de orixe cubana Antonio Veciana, débese ao complot (así denominado pola CIA) para asasinar a Fidel Castro na súa viaxe a Chile e despois foi utilizado como denominación xenérica para a sabotaxe e golpe de Estado contra o goberno democrático de Allende. Hoxendia, a Nosa América é alvo dunha Operación Cóndor de nova feitura e idénticos obxectivos imperialistas e anti-comunistas, como sabemos polo executado contra Brasil, Chile, Bolivia e Ecuador, o bloqueo de Cuba, que cumpre 61 anos, o de Venezuela e o renovado cerco de Nicaragua.
A Operación Cóndor foi dirixida por David. A. Phillips (1) xefe da CIA para Latinoamerica naquela altura, terrorista que interviu en todas as agresións aos nosos pobos dende 1954 a 1975 e mesmo no asasinato de John Kennedy, que segundo certas probas foi planeado para frustrar dende a CIA un posibel cambio da política da Casa Branca para Cuba. Integrantes dos exércitos da Organización del Atlántico Norte (OTAN) en Europa, responsábeis de miles de atentados e crimes no continente depois da Segunda Guerra Mundial, foron partícipes decisivos na coordinadora criminal das ditaduras de Latinoamérica nos 60 e 70.
Investigacións da xustiza arxentina comprobaron que este exército sicario probado no anti-comunismo da Guerra Fría e reforzado polos comandos da CIA formados contra a Revolución Cubana, conspiraran a prol de Augusto Pinochet dende os inicios de Cóndor. Entre eles estaban os axentes da fascista Ordine Nuovo, Vincenzo Vinciguerra e de Avanguarda Nazionale, Stefano Delle Chiae (contratados por Manuel Fraga para actuaren en Montejurra no 76) e outros autores de atentados terroristas y asasinatos da Operación Gladio, modelo seguido pola OTAN en Italia.
Os crimes cometidos en varios países de Europa son parte fundamental do comezo da guerra táctica anti-comunista dirixida pola CIA, o MI británico e a OTAN (con dirección en Virxinia EUA) depois prolongada en Latinoamérica baixo a cobertura da Operación Cóndor.
A Operación Cóndor nacera para acabar co exemplo e influencia da Revolución Cubana en Latinoamérica dende 1959 e combater os movementos de Liberación Nacional e progresistas, inspirados por Cuba. Eis a razón para o imperio bloquear Cuba, igual que agora combaten o internacionalismo das brigadas médicas. Cuba representa o demo para as oligarquías e o Imperio.
A Operación Cóndor foi un mecanismo terrorista de Estado, ilegal e clandestino, que contaba coa complicidade dos militares e aparellos policiais rexionais, para combater movementos de esquerda, progresistas e democráticos do Continente. O plano é de ideoloxía fascista e está gobernado por medio da CIA e outros departamentos dos EUA para a conspiración e o delicto, coma USAID (axéncia dos EUA para o progreso) ou mafias narcotraficantes.
As ditaduras militares latinoamericanas serviron de base a CIA para a Operación Cóndor. Todas elas foran promovidas polos EUA na segunda metade do século XX: Chile, Arxentina, Uruguay, Paraguay, Bolivia, Brasil, Nicaragua, Honduras, O Salvador e Guatemala; contaba co apoio das forzas armadas de Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela.
Os mesmos intereses fascistas dos EUA promoven hoxe gobernos dereitistas coa axuda dos militares e golpistas de antes e coa colaboración de sistemas legais corruptos. O Brasil é o caso sobranceiro de xudicialización da política para favorecer os intereses dos EUA.
A DINA (2) policía secreta da ditadura militar de Augusto Pinochet, organizou e dirixiu a Operación Cóndor en Chile para entregar información sobre prisioneiros e levar a cabo execucións extrajudiciais co obxectivo de aniquilar aos oponentes de esquerda. Un subproducto de Cóndor, foi a Operación Colombo que asasinou a 119 chilenos, moitos en cadeas. Mediante un ben pagado sistema de contamnación informativa, Pinochet acusou destes crimes ás propias orgnizacións de esquerda ás que culpou de axustes de contas entre eles.
Por medio do batallón de intelixencia 601, o goberno da ditadura arxentina participara na guerra contra os Sandinistas en Nicaragua, seguindo a Operación Calipso (3) trazada pola CIA. A guerra contra o lexítimo goberno de Managua, foi a derradeira campaña militar do século XX no continente americano e causou mais de 50,000 vítimas.
A Operación Cóndor contou cos grupos terroristas de orixe cubana asentados en Florida (4) para executar atentados en todo o continente. Entre eles estaban Poder Cubano de Orlando Bosch e o Movimiento Nacionalista Cubano de Felipe Rivero e os irmáns Ignacio e Guillermo Novo Sampol. Dirixiunos Manuel Contreras e o seu especialista en terrorismo, o norteamericano e axente CIA Mike Townley. Os asasinatos do xeneral Carlos Pratts e a súa esposa en Bos Aires, o do exchanceler Orlando Letelier e a súa secretaria Roni Morffi en Washington, o que custara a vida a Bernardo Leighton e esposa en Roma, Italia, o do xeneral boliviano Juan Jose Torres e a desaparición, tortura ou asasinato dos diplomáticos cubanos Crescencio Galañena e Jesús Cellas.
Poder Cubano encabezou o CORU (5) coordinadora dos grupos terroristas de orixe cubana na Florida, que na década do 70 foron responsables de 377 atentados violentos en Estados Unidos e outros países. Foron eles quen asasinaron diplomáticos cubanos en Portugal e Canadá e colocaron unha bomba no voo 455 de Cubana de Aviación que estalóu a aeronave sobre Barbados e causou 73 mortos.
Para finanzar estes crimes, a Operación Cóndor fixo matute de drogas dende Colombia a EUA, segundo a Comisión investigadora do Senado Norteamericano (6). A seguir, dous cárteles mexicanos incorporáronse a este sistema de finanzamento do terrorismo contra Cuba. Evidencias contrastadas dende EUA e Centroaméricaa, responsabilizan a Operación Cóndor dos asasinatos do xeneral Omar Torrijos en Panamá, o Presidente Jaime Roldós do Ecuador e o xeneral Rafael Hoyos do Perú, por presuntos contactos coa esquerda. No golpe de estado dos militares en Bolivia, reaparece a Operación Cóndor mentres outros exércitos, coma o do Brasil asumen posicións de poder ou no Paraguay mantense intactas as bases do poder do dictador Alfredo Stroessner ou en Colombia e O Perú alentan o pacto do Grupo de Lima contra a Venezuela bolivariana.
Latinoamérica padece unha agresión imperial de novo tipo, un novo plano Cóndor no que gobernos dereitistas, impoñendo políticas neoliberais, combaten os instrumentos xurídicos colectivos (7) impoñen a lei do revolver ao mellor estilo do oeste yanki, baixo a mirada abúlica dos países do Primeiro Mundo e as súas institucións políticas. O que a Operación Cóndor fixera antes clandestina e ilegalmente, realízase hoxe con luz e taquígrafos. O golpe en Bolivia é a proba.
Impidamos que continuen a destrución da Nosa América.
Notas
1 David A. Phillips, terrorista que intervira no golpe contra Jacobo Arbenz en Guatemala (1954) despois axente na guerra da CIA contra Cuba e, a seguir, dende México, un dos protagonistas de conxura contra Kennedy; na Republica Dominicana participou no golpe contra o goberno democrático de Juan Bosh, e en Bolivia forma un comando para localizar e asasinar ao Che; en Chile está no comando encargado de atentar contra Fidel e un tempo depois no golpe contra Allende. En 1975 pasou a retiro despois de unha comisión do Congreso norteamericano investigar as conspiracións da CIA para asasinar a líderes políticos estranxeiros.
2 DINA, Dirección Nacional de Intelixencia chilena.
3 Operación Calipso da CIA (1981 a 1990) que armara a Contra nicaraguana dende Honduras e Costa Rica atacar para acabar coa Revolución Sandinista; acabou no fracaso ao cabo de destruír país, en vidas e facenda.
4 Grupos organizados en 1963 pola CIA para transladar o centro das súas operacións do territorio norteamericano a Latinoamérica depois de apreciar o resultado das agresións, asasinatos e danos producidos en Cuba.
5 CORU, Comandos de Organizacións Revolucionarias Unidas, fundada a mediados de 1976 en Santo Domingo pola CIA. O seu lider foi Orlando Bosch.
6 Comisión senatorial presidida por John Kerry
7 MERCOSUR, CELAC E ALBA TCP
No libro Los ejércitos secretos de la OTAN : la Operación Gladio y el terrorismo en Europa occidental (El Viejo Topo, 2005) o catedrático e investigador Daniele Ganser, da universidade de Bale (Francia) ofrece datos contrastados sobre os comandos anti-comunistas que tranladarian a súa experiencia a Latinoamérica.