Alberto López Girondo – Tiempo Argentino
Rosa Miriam Elizalde, xornalista e directora do popular sitio Cubadebate, e vice-presidenta da Unión de Periodistas de Cuba UPEC, fala sobre os dous primeiros asuntos de discusión hoxe nas redaccións de Cuba: o da construción dun modelo de prensa socialista e o da mellor maneira de instalarse nos tempos que corren e nas novas tecnoloxías. Cuba vive tempos de transformación dende a morte do líder da revolución, Fidel Castro, novembro pasado. Agora , co cambio de goberno en EUA, asoman novas ameazas, depois da fampa de Donald Trump.
-Que é o que se debate?
-Que non dera fraguado no socialismo o modelo de prensa que lle corresponde. Herdamos un sistema de prensa da tradición norteamericana, que tivo que convivir cun proceso de construción e con moitas limitacións, non tanto polas posibilidades que lles deu aos xornalistas, porque houbo momentos luminosos para a prensa. Pero aínda así, padece certa incapacidade por incorporar novas estéticas, por asumir un proceso máis deliberativo, máis enfocado cara á demanda cidadá e non cara á oferta informativa. Ás veces o noso xornalismo consiste na cobertura de actos ou cousas que non necesariamente interesan á axenda cidadá. Ás veces atrasámosnos moito en informar. Cuba non ten lei de comunicación dende a Colonia. Durante todo o século XX, safaron con artigos da Constitución que referendan dereitos da comunicación, pero non cunha política determinada cara a ese sector. Ese é un debate do noso gremio.
-Como debería ser esa prensa do socialismo? Nalgúns sectores é un clásico cuestionar á prensa do seu país.
-A prensa no socialismo debería ser un espazo para xestionar a participación cidadá, onde queira que estea; para abrir fontes de interlocución entre as autoridades e a sociedade. Un ideal que aínda non se logrou en ningures plenamente. A nós acúsannos sobre temas de liberdade de prensa; temos esa desvantaxe. Mais Cuba é un país que logrou a milagre de non ter un xornalista nin secuestrado, nin asasinado en 59 anos. O último xornalista asasinado en Cuba foi Carlos Bastida, ecuatoriano, que morreu en mayo de 1958 polo crime de ir entrevistar Fidel na Serra. Eis un reto, e outro, que coa revolución tecnolóxica cambiou tamén a infraestructura, os medios, apareceu unha contorna digital complexa a que todo o mundo estase adaptando de xeito traumático, e nós tamén. Cuba ten unha experiencia moi particular co Internet. Non esqueza que EUA impediulle conectarse á rede até finais dos 90.
-Como foi iso?
-A Cuba conéctanlle Internet a traveso da Lei Torricelli (sancionada en 1992 para extremar as condicións do Bloqueo) co aurgumento de que deste xeito promoverian a democratización da sociedade cubana ao estilo norteamericano, polo que houbo certa resistencia. Con todo, Fidel viu desde o inicio as posibilidades que tiña para os cubanos e nun congreso de xornalistas chegou a dicir: “Internet parece inventada para nós”. Porque era o soño de poder acceder directamente a un cúmulo de información e coñecementos extraordinarios. Pero a implantación ralentizouse, endebén proseguiron os procesos e os planos educativos para capacitar ao povo. A Unión Internacional de Telecomunicacións dicía hai pouco que Cuba era un dos países de máis baixa infraestructura de Internet, pero estivemos no quinto lugar en canto a apropiación de tecnoloxías. Cuba gradúa 10 mil informáticos anuualmente. Dende que empezan a primaria, teñen laboratorio de computación. O que pasou foi que sobre todo os mozos inventaron xeitos de conexión naïf, jíbara, silvestre.
-Como fixeron?
-Existe unha rede informal chamada SNet, que son raparigos que comezaron xogando dunha casa a outra, tirando un cabo, e de arrebato cablearon toda Habana. Hai que ver as computadoras que teñen, son grandes Frankenstein. Pero ese é un proveedor de servizos que pode criar un blog (sitio na Rede renovado a xeito de diario persoal ou colectivo) ou montar unha plataforma para chatear (termo procedente do inglés, equivalente a conversa, parrafeo ou léria)
-Como afecta a lei Torricelli?
-EUA sempre viu a esta lei como un espazo para forzar o cambio de goberno en Cuba. E unha boa parte dos orzamentos públicos do goberno norteamericano para ese obxectivo, que son ilegais porque son a intervención de EEUU contra as leis e a soberanía do país, investíronse no espazo dixital. Como? Criando infraestructura: houbo un gran escándalo cunha rede que se chamou Zunzuneo, que foi o intento de facer un Twitter (rede social dixital aberta) criada en 2010, con financiamiento da USAID (Axéncia de Estados Unidos para o desenvolvemento, gobernada polo Departamento de Estado ou ministerio de relacións exteriores) segundo revelou en 2014 a axéncia de prensa Associated Press, AP). No se discutiu se era ou non ilegal: era ineficiente, porque finalmente lograron o contrario do que se propuñan. Era unha rede para inxectar información dentro de Cuba pero daba posibilidades de mandar SMS no día fóra da illa, entón a xente inscribiuse para mandar recados á familia (risos). En infraestructuras como esta e en contidos hai toda unha industria en Miami para prover servizos aos cubanos no que eles chaman creación de líderes.
-O goberno prepara algunha lei para regular este espazo?
-A partir dos debates da UPEC (Unión de Periodistas de Cuba) a institución que agrupa aos traballadores de prensa, que basicamente son de medios públicos, trátase de facer unha política que permita o tránsito cara a estes escenarios e pór unha certa orde. Por exemplo, o sistema de medios públicos é totalmente subsidiado polo Estado pero os orzamentos son moi limitados. Unha nova lei permitiría que os medios ademais poidan intervir no mercado, que teñan algún tipo de finanzamiento para poderen mellorar, para fomentar a comunicación, mellorar os salarios dos xornalistas, que son dos máis baixos do país, e avanzar cara a que cada medio póidase converter nun xestor ou nunha multi-plataforma de contidos que axude sobre estes valores e principios pero que mellore a presenza deses contidos nas canles que ten a man a xente. En Cuba a penetración de móbbeis ou celulares é moi alta. Mália todas as nosas limitacións e o noso atraso, nun ou dous anos o salto foi enorme. Criticaban a conectividad de Internet en Cuba co argumento de que era só para o 5% da poboación e nos funerales do comandante todo mundo estaba cun celular na man transmitindo e comportándose de xeito moi semellante ao de calquera cidadán en calquera sociedade hiper-conectada do mundo.