A solidariedade con Cuba require do presidente do Consello da UE o fin da Posición Común

Carta sobre a “Posición Común sobre Cuba” dirixida ao Presidente de Chipre e Presidente do Consello da UE.

Estimado Presidente Dimitris Christofias,

Estimadas excelencias, señoras e señores:
Nós, cidadáns e cidadás comprometidos coa amizade e o labor de solidariedade con Cuba a medio das nosas organizacións nacionais, dirixímoslle esta carta en razón de ter asumido a responsabilidade da Presidencia do Consello da UE.

Máis de 50 anos correron depois da Administración dos Estados Unidos comezar o bloqueo contra Cuba. É un feito do que vostede non é ignorante, como tamén sabe que hai 16 años as leis do bloqueo foran agravadas e hai dez anos, os Estados Unidos estableceran un campo de prisioneiros e prática de tortura na badia de Guantánamo, en territorio cubano, con más de 700 persoas.

A solidariedade con Cuba require do presidente do Consello da UE o fin da Posición ComúnDurante máis de 50 años a Administración norteamericana termou no seu intento de destruir o lídimo governo de Cuba e o sistema político que os cubanos elixiran e crearan para si.

Dende hace 15 años, a UE seguindo “a posición Común Europea sobre Cuba” que – a mantenta ou non- actúa coma complemento real da estratexia de Guerra Fría da Administración norteamericana contra Cuba, vai contra os principios das leis internacionais e viola a soberanía do povo Cubano.

A cada máis cidadáns e cidadás da Unión Europea consideramos esta Posición Común inaceptabel. En Europa deberíamos proceder de manera máis xusta e orientarnos no futuro de forma constructiva hacia Cuba. Esperamos que vostede, dende a súa responsabilidade pública de representacón da Presidencia do Consello da UE dea pasos nesta dirección.

Coidamos que os votos na Asemblea Xeral da ONU e de todos os membros dos governos europeos contra o bloqueo dos Estados Unidos, coma un símbolo positivo e unha mensaxe importante. Constatamos ainda que no ámbito de la UE, tal voto está lonxe de producir resultados concretos. É urxente que a UE no seu conxunto pase das palabras aos feitos.

Instámoslle a preparar e organizar a anulación inmediata da contraproducente “Posición Común Europea sobre Cuba”. Hai tempo que debera ter sido abandonado este enfoque tan pouco diplomático e transgresor de principios internacionais coma o da autodeterminación.

Os asinantes, cidadáns e cidadás activos e organizacións sociais de toda Europa, encarecémoslle a intensificación dos contactos e a cooperación con Cuba.

Compraceríannos as iniciativas que asuma nesta direción. Serían igualmente ben recibidas as relativas ao cambio climático, a desertificación, o comercio xusto, a transferencia de tecnoloxía, que son algunhas das necesidades actuais emerxentes da cooperación.

Depois da recente Conferenca da ONU sobre Desenvolvimento Sostibel de Rio de Xaneiro de xuño de 2012, ten dende a súa responsabilidade a opción de dar pasos para unha mellor e maior sostenibilidade futura do planeta.

Atentamente,

O presidente de Chipre, Dimitris Christofías na fotografía á beira

As persoas interesadas en asinar a carta dirixida por organizacións europeas a Demetris Christofias, reclamando a anulacion da “Posición Común sobre Cuba”poden contactar co seguinte enlace de Edgard Göll.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *