Arthur González – Blog Heraldo Cubano
De onde ven o diñeiro que paga billetes de avión, hoteis e dietas dos auto-proclamados disidentes cubanos, máis parecidos a modelos de moda e actrices de éxito ca a perseguidos políticos, como eles fachean ser? Como poden pasar a vida a viaxar a Europa e aos Estados Unidos se fose certa a existéncia en Cuba da ferreña represión que eles pregoan por consello de Washington? Calquera que estea ao tanto da represión no mundo, comprende que a pretendida disidencia cubana goza de plena saúde e liberdade de movementos, sen cicatrices nin fracturas. Estados Unidos teima dende 1959 por deformar a realidade da Revolución cubana e frustrar o proceso socialista que axuda aos máis humildes e garantte igualdade de oportunidades; non queren que Cuba sexa imitada por outros povos agoniados por enfermidades, analfabetismo e desemprego a causa dos grillóns capitalistas.
A contra-revolución inventada polo Império, nunca deu gañado apoio popular: o seu número non aumenta, mália o regueiro de dólares do erário público estadounidense aprobado pola Casa Branca, do que tamén viven organizacións pantasma, en Miami e Madrid nomeadamente.
Patente exemplo do millonario gasto que custa manter esta guerra mediática contra Cuba é a Lei de Axuste Cubano, establecida para facer crer ao mundo que os cubanos foxen do comunismo coma da peste. Calquera persoa nacida en Cuba que chegue a territorio estadounidense, recibe asilo político, máis unha mensualidade en dólares, seguro médico e bonos de alimentos e medicinas, todo pagado cos altos impostos que debe achegar o povo dos Estados Unidos. Senadores anti-cubanos propuxeran de a pouco suprimir estas entregas e manter porén o privilexio do asilo por só dicer que son cubanos, aínda que residan noutros países.
Mais os gastos continúan. Hai uns dias, arrincou a compaña dos perseguidos políticos, rumbo a Europa, para seren recibidos por funcionários da ONU en Xenebra. Os beneficiados da peregrinación europea son Guillermo Fariñas; José Daniel Ferrer, Iván Hernández Carrillo e Wilfredo Vallín.
Será interesante ver as caras dos especialistas da ONU en detencións arbitrárias, tortura e liberdade de expresión, ao comprobaren a saúde de que gozan estes personaxes creados polos Estados Unidos e ao escoitar estarrecedoras historias de maltrato e torturas que non concordan coa súa liberdade de viaxar e a fina estampa de homes de negocios que gastan.
Como explicará Fariñas os seus estreitos vínculos co asasino Luís Pousada Carriles, protexido polas autoridades do FBI en Miami, autor da sabotaxe terrorista dun avión civil cubano onde morreron 73 persoas inocentes? Se a represión en Cuba é máis forte do que nunca, que razón poderán dar das súas constantes viaxes aos Estados Unidos sen seren molestados polas autoridades cubanas? Que vai dicer Ferrer, que viaxa ao estranxeiro aínda sen cumprir a súa condena e goza dunha licenza penal, máis un permiso especial para saír do país?
Para tirar a conta dos gastos só hai que sumar o custe do billete de avión da Habana a Miami, de alí a Xenebra e o que lle queda de viaxe por Alemania, España e Francia, con regreso aos Estados Unidos, para informar dos resultados e recibir novas instruccións. Engadan mantenta e o aloxamento, máis algúns centos de dólares de peto para as súas compras personais.
Chama a atención a facilidade coa que reciben visados nos consulados deses países na Habana, nada a ver cos cubanos que queren viaxar por asuntos familiares e moitas veces reciben un NON por parte dos cónsules, porque subjetivamente pensan que poden negarse a regresar a Cuba, amais das múltiples esixencias de documentos personais, contas bancarias, títulos de propiedades e outros máis, que non solicitan aos disidentes.
España, que tanto di das súas relacións co goberno cubano, é uns dos países mellor disposto a estas campañas anti-cubanas: facilíta permisos de entrada aos interesados sen teren que gardar cola, como fan as persoas decentes; non lles require documento nengún e, por riba, permítelles convocar conferencias de prensa para acusar ao Governo Revolucionário de actos represivos que os seus diplomáticos na illa nin viron nin sentiron.
Para reforzaren o seu papel de disidentes, combinaran encontros con representantes políticos españois, e tiñan previsto visitar o Congreso e o Ministério de Asuntos Exteriores e Cooperación. Na hipótese de Cuba facer o mesmo cos millóns de españois sen emprego, os desafiuzados por impago e os profesionais que perden seu nivel de vida polas políticas neoliberales aplicadas polo Partido Popular, de seguro escoitaríanse voces de alarma nas relacións diplomáticas e até poderían chamar ao embaixador a consultas. De a pouco recibiron ao contrarrevolucionário Oscar Elías Biscet con atencións do porte citado, na véspera de partir cara a Estados Unidos onde vai recibir preparación especial.
A Habana debe soportar a inxerencia nos seus asuntos internos, o total apoio á contra-revolución asalariada e a difamación mediática que pratica a diário a prensa oficialista deses países.
Mais como expresou José Martí: Valen máis trincheiras de ideias ca trincheiras de pedra.