Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hillary Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.
4 Sen querelo, estabamos axudando ao goberno de Cuba no canto de promover a apertura coma fixeramos con tanto éxito no bloque Soviético. 5 Temos de sustituir o Bloqueo por un achegamento intelixente que aumente o poder dos negocios de cubanos, da sociedade civil cubana e da comunidade Cubano-Norteamericana, para facilitar o progreso e manter a presión sobre o Goberno (Clinton refírese ao Goberno coma “réxime”) 6 Os cubanos queren comprar nosos produtos, lér nosos libros, navegar pola nosa Rede e aprender da nosa xente: queren levar o seu país ao século XXI, eis o camiño para a Democracia e a dignidade. 7 Os Republicanos analizan a situación ao revés. As relacións non son un agasallo para os Castro senón unha ameaza; unha embaixada estadounidense na Habana non é unha concesión, é un refuxio. Arriar o Bloqueo non é un paso atrás no avance da liberdade, senón levar a liberdade onde se precisa con máis anguria. 8 Como presidente aumentaréi a influencia dos EUA en Cuba, no canto de reducila. 9 Aumentando nosa influencia, maior será o noso poder co pobo Cubano e a nosa diplomácia abriránnos un espazo do que careciamos.