O xornalista canadiano Arnold August fala no seu último libro do sistema democrático cubano, mediante a comparanza co do Estados Unidos, o da Venezuela Bolivariana, o boliviano e o ecuatoriano. Cuba y sus vecinos. Democracia en Movimiento é unha investigación provocada polo éxito da versión inglesa dun seu libro anterior sobre as eleccións de 1997-98 en Cuba, recibido con moita curiosidade nos EUA, Canadá e Reino Unido, onde coidan que Cuba carece de eleccións. Arnold August é membro da Rede de Intelectuais, Artistas e Movimentos Sociais en Defensa da Humanidade e publica regularmente en Counter Punch, Global Research, Cubadebate e TeleSur. A seguinte entrevista procede do blog REDH-Cuba e foi traducida pola redacción de Terra Sen Amos.
Arquivo da etiqueta: Hillary Clinton
Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida
Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hillary Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.
Unha multa colosal a Francia pode ser a sentencia de morte do Bloqueo
Paula Costa -Terra Sen Amos
No intre crítico da negociación do tratado de libre comercio entre Estados Unidos e a UE (TTIP) Obama dispara o arsenal completo da Lei Helms-Burton contra Francia. A colosal multa imposta a Banca Paribas por ter admitido transferencias cubanas, comprace á mafia cubano-americana de Miami, mais atranca un acordo comercial con Europa vital para a economia estadounidense.
De porparte, nunca antes foran tantas en todo o mundo as voces contra o Bloqueo. Washington recibe anualmente o voto unánime de condena da Asemblea da ONU contra a súa inxerencia política, económica e terrorista na illa. Consumida a OEA por arrogancia imperial, todas as alianzas da Nosa América Martiana honran a dignidade de Cuba fronte o abuso estadounidense.
Seguir lendo Unha multa colosal a Francia pode ser a sentencia de morte do Bloqueo
Entrevista con Atilio Borón
Consolidada, a Revolución Cubana require rachar co inmobilismo social e burocrático.
Tal como o recorda todo o mundo, o 2009 comezou marcado polo cincuentenario da Revolución Cubana -cando, guiados polos posteriormente míticos Fidel Castro e Che Guevara, os guerrilleiros descenderon das montañas de Serra Mestra e derrubaron a sanguinaria ditadura de Fulgencio Batista.
Discutida segundo as preferencias persoais e ideolóxicas dos medios de comunicación e os seus respectivos opinadores, os acontecementos de medio século atrás permearon a vida de xeracións e inspiran ata hoxe ideais de ruptura e cambio social. Coa revolución consumada, o que se coloca de aquí para adiantes é o futuro da Illa, tema central da entrevista realizada por Correio da Cidadania co sociólogo arxentino Atilio Borón. Seguir lendo Entrevista con Atilio Borón