Arquivo da etiqueta: Damas de Blanco

Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida

Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hi­lla­­ry Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a  idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.

As Damas de Blanco,  pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.
As Damas de Blanco, pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.

Seguir lendo Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida

Cuba é un obxectivo mediático de primeira importancia, sen ter recursos, armas nin posición xeo-estratéxica particular

A profesora da Complutense Ángeles Díez, tratou na Asemblea da Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC) da información deturpada que sobre a Revolución ofrecen os medios do capitalismo e sinalou que non se pode perder de vista que a loita contra os medios dominantes é a loita contra o Capital.

Para a profesora Díez, é un feito que Cuba foi e é obxectivo militar do imperio estadounidense. Dende o triunfo da Revolución, lanzaron contra o país todo xénero de ataques, dereitos (invasión da Badía de Cochinos, guerra química e bacteriolóxica, atentados coma o da bomba que fixo anacos o avión de Cubana en pleno voo en 1976, intentos de asasinar ao seu presidente…) e indireitos. Dentro destes últimos, poderíanse incluír os correspondentes aos medios de comunicación.

A membro da Coordenadora de Solidariedade con Cuba explicou na súa ponencia por que unha illa que carece de armas nucleares, non ten unha posición xeo-estratéxica particular e non conta con grandes recursos naturais pode ser un obxectivo mediático de primeira importancia. Dúas razóns centran a xuízo de Ángeles Díez esta guerra desproporcionada do Imperio e os Estados con el aliñados contra Cuba: o primero é o concepto de soberanía; o segundo, o de centralidade do ser humano ou sistema que ter ao ser humano no seu centro. “Trátase de dous aspectos da Revolución Cubana que non pode dixerir o capitalismo”, dixo a profesora que foi presentada por Ramón Fernández Leal, ex-presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Seguir lendo Cuba é un obxectivo mediático de primeira importancia, sen ter recursos, armas nin posición xeo-estratéxica particular

A guerra USA contra Cuba: novos orzamentos para os mesmos erros

José Pertierra – O2.04.10

Mal que cambien presidentes na Casa Branca, a política de Estados Unidos para o mundo non cambia. Primeiro obxectivo desa política sen mudanza: deben ser descarrilados aqueles governos que ousen defender a súa soberanía nacional; segundo obxectivo: derrubar calquera revolución que procure un mundo diferente do programado por Norteamérica.

As armas empregadas polos Estados Unidos contra Cuba foran cambiando nos últimos 50 anos, mas a guerra é a mesma. Como instrumento de subversión social, os cubanólogos de Washington e Miami están interesados en construír un movemento social e político, ideado, alimentado e dirixido dende os Estados Unidos. Seguir lendo A guerra USA contra Cuba: novos orzamentos para os mesmos erros