Até sempre, comandante Che Guevara!

“Por que será que o Che ten este perigoso costume de seguir nacendo –pregunta Eduardo Galeano- Máis o aldraxan, máis o traizoan, e máis nace”.

Terra Sen Amos – Redacción

Raúl Castro foi a Santa Clara para lembrar ao Che no 50 aniversario da caída en combate do guerrilleiro e os seus compañeiros, e o vicepresidente, Miguel Díaz-Canel, dixo que a histórica praza e memorial era coma un espello para todas as persoas que cren, aspiran e loitan por un mundo mellor e que a figura de Guevara ten o poder de multiplicar vontades para un futuro que é da esquerda. No seu discurso, dixo que Guevara morrera en combate, sen se render, depois dunha resistencia heroica, ferido e desarmado. “Os que o prenderam non consideraran o decoro da súa biografia revolucionária e asasinárono con vileza, mais daqueles asasino a historia só lembra a súa cobardia e pola contra, o exemplo colosal do Che perdura e multiplícase a diario”.

O vice-presidente fixo memoria das palabras coas que Fidel anunciou a morte do Che coma “o máis extraordinario dos nosos compañeiros da Revolución”, e reparou que no guerrilleiro xuntábanse convicción e valores forxados na loita que o converteran nun revolucionario excepcional pola súa simplicidade, sinceridade, naturalidade, compañeirismo, estoicismo e disposición destemida “para facer sempre o máis difícil, tal como o recordaban Fidel, Raúl, Almeida, Camilo, Ramiro e outros camaradas na loita guerrileira e obreira”.

As convocatorias en lembranza do Che en Cuba e en Vallegrande (Bolivia) teñen réplica en toda América. Entre os monográficos publicados en toda prensa no 50 aniversario, remitimos ao de Cubadebate, con edición de textos de Haydée Santamaría, Julio Cortázar, Raúl Roa, Roque Dalton, Eduardo Galeano, Rodolfo Walsh, Juan Gelman e Lezama Lima, entre outros. O escrito por Galeano en memoria do Che, resume o sentido coincidente doutros autores que lembraron a Guevara pola vixencia do seu exemplo. “Por que será que o Che ten este perigoso costume de seguir nacendo –pregunta Galeano- Máis o aldraxan, máis o traizoan, e máis nace. É o máis nacedor de todos. Non será porque o Che dicia o que pensaba e facía o que dicía? No será esa a razón da súa vixencia incomparábel, nun mundo no que as palabras e os feitos raramente se xuntan, e asi que pasan a rentes un do outro, non se saudan porque non se recoñecen?”.

Especial de Cubadebate sobre o Che

http://www.cubadebate.cu/noticias/2017/10/09/hasta-la-victoria-siempre-che-querido/#.Wds2-jtpHak.

Escolma de cancións e poemas para o Che

http://www.juventudrebelde.cu/cultura/2017-10-07/seleccion-de-canciones-y-poemas-dedicados-al-che

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *