A figura de Fidel, lembrada nestes días en todo o mundo como exemplo de tenacidade, disciplina, valentía, solidariedade, optimismo, e visión de futuro, iluminou o recordo dos numerosos planos, complots e conspiracións argallados nos EUA durante máis de medio século para asasinalo. Investigacións fundamentadas, proban que en 41 anos os serizos de seguridade de Cuba coñeceron e desmantelaron 634 complots homicidas contra o líder da Revolución, en diferentes estadios de elaboración, deles 60 dirixidos pola CIA, e en 10 casos con participación probada da Mafia, triste marca que ningún outro líder mundial alcanzou na historia da Humanidade e iso sen contar outros que non trascenderon.
O xeneral Fabián Escalante, axente imprescindibel na protección do Lider da Revolución.
Iroel Sánchez Espinosa – “La pupila insomne” – (Traducción de Merchi Santiago para Terra Sen Amos)
Os gobernos de Irán e Qatar son adversarios nos delongados conflitos de Oriente Medio o que non impediu que altos representantes deses estados -o Vicepresidente iraniano e o Emir pai de Qatar- estiveran presentes e interviran, na homenaxe póstuma a Fidel Castro na Praza da Revolución da Habana. Outra nación de maioría musulmá, Alxer, endebén moito máis secularizada ca Irán y Qatar, tamén tomou parte no acto na persoa do seu Vice-presidente para resaltar as virtudes do líder da Revolución cubana.
O primeiro ministro alxeriano Ahmed Ben Bella departe con Fidel e Raúl; a dereita deles, o presidente Osvaldo Dorticós Torrado. A imaxe é de outubro de 1963.
O feito de o Voceiro da Hispanidade recomendar como paradigma de progreso, dende a súa páxina editorial, o governo corrupto e usurpador de Batista e cualificar Cuba actual de desolación absoluta dá lugar a unha carta de resposta de Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba en Madrid, que acusa ao diario de non informarse sobre a actualidade e ignorar, por exemplo, a realidade de máis de 52 universidades levantadas pola Revolución Cubana para centos de miles de cubanos e extranxeiros; máis de 230 institucións de ciencia e tecnoloxía, que producen, entre outros medicamentos, 338 específicos rexistrados contra o cancro, 261 biofármacos e outros 900 en ensaios clínicos, unidos aos que xa en uso garanten altos índices de saúde ao povo cubano e expórtanse a todo o mundo por centos de millóns de euros.
O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos disidentes que recomendaría repatriar en decembro de 2014.
Terra Sen Amos – Redacción Raúl Castro dixo na Asemblea de Parlamento que a economia de Cuba entrou en recesión en 2016 cunha baixada do PIB do 0,9 %. Con todo, anunciou que o crecemento rondará o 2% no 2017. O presidente cubano atribuiu o decrecimento da economia no exercicio de 2016 aos recortes nos subministros de combustibel e as tensións financeiras, o que non impediu preservar plenamente os servizos de educación e saúde gratuitos e evitar o colapso da economía ou o regreso dos apagóns, “como auguraban medios internacionais de prensa hostís”.
Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.
Barak Obama vai deixar a Casa Branca sem cumprir a promesa de fechar a prisão de alta segurança criada em 2002, na base de EUA em Guantánamo. Há mais de uma centena de anos, Estados Unidos apropriaram-se de 117, 6 quilômetros quadrados de território cubano mais não foi até o início deste século, quando o mundo voltou os olhos para ali. Desde a ocupação até agora sua presença deixou um impacto negativo. Quando a base naval ilegal tornou-se uma prisão para militantes islâmicos, imagens terríveis percorreram a Internet, mostrando as violações cometidas lá. Milhares de vozes se levantaram em todo o mundo para exigir o fechamento da cadeia e o problema tornar-se-ia em parte da agenda da mídia dos candidatos à presidência dos Estados Unidos.
Milhares de vozes se levantaram em todo o mundo para exigir o fechamento da cadeia de Guantánamo. A protesta visitar-ia repetidas vezes a Casa Branca.