Arquivo da etiqueta: Guarimbas

A “Francisco Villamil” condena as ameazas da extrema dereita contra Mónica Sánchez e Farruco Sesto, conferenciantes o próximo 25 en Marin

Terra Sen Amos – Redacción

Vindeiro 25 de maio, ás 20 horas en Marín, no Museo Municipal Manuel Torres (avda. Ourense), terá lugar unha conferencia da cónsul xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Sánchez, e de Farruco Sesto, escritor galego e mestre arquitecto que foi Ministro de Cultura e de Ordenamento Urbano no país caribeño. A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil fixo público un comunicado no que condena as ameazas da extrema dereita venezolana de rebentar o acto.  (Consultar a crónica sobre o bloqueo da embaixada, con retención do embaixador de Venezuela e das persoas asistentes a unha charla sobre as vítimas das guarimbas en : https://terrasenamos.org/unha-guarimba-bl…ezuela-en-madrid/ ‎   

Estado en que ficou o cuartel de La Grita, no estado Táchira, logo dun ataque paramilitar de máis de seis horas.

Seguir lendo A “Francisco Villamil” condena as ameazas da extrema dereita contra Mónica Sánchez e Farruco Sesto, conferenciantes o próximo 25 en Marin

Unha guarimba bloquea durante varias horas un acto de solidariedade na embaixada de Venezuela en Madrid

Telesur – Terra Sen Amos

Coreando lemas contra o governo democrático de Venezuela, dando vivas a Franco e maltratando a varias persoas que trataban de entrar ou sair da embaixada da Republica Bolivariana en Madrid, un grupo violento que portaba cruces negras e cartaces de no más dictadura, cercou por varias horas a sé diplomática na que se celebraba un acto de solidariedade coas vitimas das guarimbas. A ministra de Relacións Exteriores de Venezuela, Delcy Rodríguez, esixiu ao goberno de España velar pola seguridade e integridade das persoas que acodiran ao Centro de Diversidad Cultural, integrado na embaixada de Venezuela en Madrid, entre as que estaba o Conselleiro da legación cubana.  

O cerco da Embaixada durou varias horas. Invitados que asistiran a un acto en solidariedade coas vitimas das Guarimbas, foron golpeados polos manifestantes.

Seguir lendo Unha guarimba bloquea durante varias horas un acto de solidariedade na embaixada de Venezuela en Madrid