Terra Sen Amos Un breve comentario de alcance de Fidel Castro, publicado na mañá da Sexta, salienta a solidariedade cubana co povo de Ucraína e a coincidencia do criminal atentado contra o avión da Malaysia Airlines coa invasión de Gaza.
O líder histórico da Revolución lembra a intervención humanitaria de Cuba na altura da traxedia de Chernóbil e nota que o atentado prodúcese sobre territorio ucraíno, baixo o control do governo de Petro Poroshenko, ao que cualifica de belicista e anti-ruso, anti-ucraíno e pro-imperialista.
Luis Posada Carriles, axente da CIA confeso do atentado terrorista sobre o avión de Cubana no 76
Nadine Gordimer descubriu a literatura na biblioteca de Springs, pequena localidade mineira no que entón era o Transvaal, onde naceu, nunha familia de inmigrantes xudeus. Aos quince, publicou a súa primeira narración, inicio dunha carreira que incluíu 15 novelas e dez libros de relatos e outros textos, merecedora do Premio Nobel de Literatura no ano 1991. O Comité recoñeceu a épica grandiosa da súa obra. Ninguén soubo como ela dar a coñecer a realidade do Apartheid e os seus conflitos humanos. Fíxoo con arte verdadeira, co talento dunha das máis grandes escritoras do noso tempo.
Nadine Gordimer, entrevistada na Habana por Amaury Pérez Vidal
Granma – Terra Sen Amos. O presidente ruso Wladimir Putin prometeu axuda a Cuba contra a inxerencia económica e política decretada polo goberno estadounidense hai 54 anos. A declaración produciuse ao cabo da asinatura na Habana de dez protocolos de cooperación que potenciarán a vella relación de amizade entre os dous paises. As leis norteamericanas que sancionan o comercio con Cuba, rexen na UE (con multas recentes a Hoanda e Francia) mais non en Rusia.
Putin compromete unha intermediación que xa ven exercendo dacordo coas leis internacionais de comercio na súa relación con Corea do Norte e Cuba.
Os convenios asinados na Habana abordan as garantías de seguridade internacional na información, a non militarización do cosmos, os intercambios culturais, as novas terapias de tratamento urolóxico, a industria, a defensa civil e a reparación de desastres naturais dentro do marco da CELAC, o sondeo de hidrocarburos en espacio cubano, a produción de enerxía hidroeléctrica e os sistemas de iluminación con tecnoloxía LED.
Wladimir Putin e Raul Castro particiaron na asinatura dos novos convenios.