Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí – TSA
O Parlamento Europeo admitiu a trámite a demanda de potenciar e articular a solidariedade con Cuba contra o bloqueo dos EUA. Unha moción da Asociación Valenciana de Amizade con Cuba José Martí, cando xa están rexistradas máis de cen adhesións de organizacións solidarias coa illa e outras entidades de varios países europeos. Representan estas instancias a voz da solidariedade internacional contra o bloqueo criminal que incrementa o apoio á resolución presentada por Cuba na Asemblea Xeral da ONU titulada “Necesidade de pór fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro de EEUU contra Cuba” que este ano será sancionado no pleno extraordinario convocado 23 de xuño.
A demanda rexistrada co n.º 1278/2020, sobre a alianza e irmandade solidaria con Cuba, ilegalmente agredida polo goberno dos EUA no seu soberano dereito a establecer vínculos, relacións de interese cultural, trocos comerciais, intercambios para o progreso científico e aportacións voluntarias de axuda cos gobernos do mundo dispostos a axencialos e recibilos, e insta á Unión Europea a dar pasos concretos para acabar con esta anomalía unilateral dos EUA mediante un programa do Parlamento Europeo encamiñado a consolidar intercambios políticos e parlamentarios coa Asemblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba, no contexto do recoñecemento da legalidade e lexitimidade do seu sistema polítco-administrativo; designar a Cuba como socio preferente da Unión Europea para ampliar e facilitar vínculos comerciais; protexer e blindar legalmente ás empresas europeas que comercian con Cuba e son presionadas e afectadas polas leis do bloqueo do EUA; inzar o investimento público da UE na economía cubana naquelas áreas que poideren producir mutuos beneficios; ampliar a carteira de proxectos e o orzamento destinado á Cooperación ao Desenvolvemento en Cuba, dentro da Axenda de Desenvolvemento Sustentabel 2030 das Nacións Unidas; establecer intercambios culturais e solidarios entre as Institucións Oficiais de Cuba e a UE, con actividades anuais; reforzar e ampliar os convenios entre universidades, polos científicos e institucións da saúde, educación e outros sectores estratéxicos; e apoiar e recoñecer os esforzos de Cuba nos organismos internacionais das Nacións Unidas como a FAO, UNESCO, OMS, entre outros.
Hai nove meses que o renovado reclamo de pór fin ao bloqueo dos EUA contra Cuba, foi clamor nas rúas de Miami, correu de contado por todos os Estados da Unión, contaxiou o Canadá, pasou a Europa e dende alí correu a voz a Asia, Oceanía, África e América do Sur. Na tarde do día 29, as concentracións de protesta polo asedio a Cuba de parte do goberno de Washington, extendéranse por 71 paises que demandaron ao actual ocupante da Casa Branca, de orixe irlandesa, Joe Biden, a anulación das sancións, o remate do bloqueo que se prolonga dende hai case 60 anos, a reapertura da embaixada na Habana, clausurada de feito sobre acusacións falsas contra o goberno da Habana, e que relance o programa de reunificación familiar entre cubanos que forman primeira emigración histórica de latinoamérica nos EUA.
Na campaña europea Unblock Cuba, iniciada polo diario da tarde Junge Welt participaron máis de noventa organizacións de solidariedade da UE. O seu lema foi Abonda xa de bloqueo
Expresións populares de respaldo a Cuba e contra as sancións criminais que danan ao seu pobo realizaranse, simultaneamente, durante hoxe e mañá todo o mundo, como parte dunha iniciativa mundial promovida polas asociacións de amizade coa Revolución Cubana.
No cinco continentes, organizacións solidarias e residentes no exterior programaron caravanas de autos, motos e bicicletas, concentracións, marchas de montaña e repartos de voandeiras que informan do impacto cruel das máis de 240 sancións ordenadas pola administración Trump, que agravaron o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos a illa.
Hoxe martes continuarán as manifestacións para divulgar os avances da biotecnoloxía cubana e o labor internacionalista das 57 brigadas médicas Henry Reeve, que asistiron a 40 países no enfrontamento á pandemia, polo cal están a demandar para elas en todo o mundo o Premio Nobel da Paz.
Nas concentracións repetiuse o lema “Tender pontes de Amor con Cuba”.
Non pode recibir visitas, salvo dun irmán. Non lle está permitido falar por telefone, nin recibir xornais, revistas nin ver televisión. Ninguén pode indagar pola súa saúde nin coñecer por que está nun centro destinado a delincuentes con problemas psíquicos, cando ela non está tola. Tampouco lle permiten relacionarse con outras persoas nesa cadea, onde pasou dúas décadas en absoluta soidade.
Manifestación por Ana Belén Montes en San Xoán de Porto Rico.
Ana Belén Montes cumpriu domingo pasado 64 anos de idade nun dos pavillóns do inferno, un lugar onde “o peor é estar encerrado cun mesmo”, como escribiu Nelson Mandela na súa biografía, sabendo do que falaba despois de 27 anos de confinamento. Cidadá estadounidense, e filla de portorriqueños, atópase encarcerada desde 2001 na prisión Centro Médico Federal (FMC), en Fort Worth, Texas, reservada para criminais moi perigosos e con problemas mentais. Segundo consta na lista da Oficina de Prisións de Estados Unidos, leva o número 25037-016, debe saír en liberdade o 1º de xullo de 2023 e cando o faga, seguramente manterá a mesma discreción coa que ingresou ao cárcere e mantivo durante a súa vida en liberdade. Era oficial de alto rango na Axencia de Intelixencia Militar (DIA, polas súas siglas en inglés), do Pentágono, e estaba a cargo de Cuba. Foi acusada de espionaxe, pero o seu gran delito foi pór a conciencia por encima da seguridade persoal, dunha carreira de éxito e dunha vida regalada nun suburbio de Washington.
Segundo o seu advogado defensor, Prato Cacheris, Montes cometeu espionaxe movida por razóns morais, porque “ela sentía que os cubanos eran tratados inxustamente por Estados Unidos”. Nun polémico artigo publicado en diarios de ampla circulación e con fontes privilexiadas, acceso a documentos clasificados e á súa escasa correspondencia desde o cárcere, tratan de presentala como unha confidente tenebrosa, a última no xogo mortal da guerra fría. Pero cometen o erro de citar unha carta a un familiar na que Ana Belén di: “Non me gusta nada estar en prisión, pero hai certas cousas na vida polas que merece a pena ir ao cárcere”, co que deixan pistas ao lector da verdadeira natureza do castigo a esta muller.
Na súa alegación ante o xuíz que a condenou, apenas unha cuartilla e media que logrou chegar ás catacumbas de Internet, afirma: “Honorable, involucreime na actividade que me trouxo ante vostede porque obedecín á miña conciencia antes que obedecer a lei. Considero que a política do noso goberno cara a Cuba é cruel e inxusta, profundamente agresiva; considereime moralmente obrigada a axudar á illa a defenderse dos nosos esforzos de impor nela os nosos valores e o noso sistema político… É posible que o dereito a existir de Cuba, libre da coerción política e económica, non xustifique o entregar á illa información clasificada para que puidese defenderse. Soamente podo dicir que fixen o que considerei máis adecuado para contrarrestar unha gran inxustiza”.
O xuízo, por tanto, non foi simplemente un caso contra unha oficial que tivo a temeridade de alertar os abusos contra un país que non lle fixo nunca dano a Estados Unidos, mentres desde ese territorio alentouse o terrorismo, o magnicidio e o exterminio por fame e desesperación, como expresaron abertamente hai 60 anos os arquitectos do bloqueo contra Cuba. É o esforzo coordinado polo estado de vixilancia e seguridade para extinguir o dereito constitucional a expor crimes cometidos polos que teñen o poder. É a crucifixión dos individuos solitarios que corren riscos persoais para as vítimas coñecer a verdade -os Daniel Ellsbergs, os Ron Ridenhours, os deep throats e os Chelsea Manning.
É o escarmento a todos aqueles que desde o interior do sistema fan público feitos que desafían a narrativa oficial, como John Kiriakou, o ex analista da CIA, que revelou como o goberno estadounidense utilizaba as técnicas do submarino para torturar presos. Non saberiamos que a vixilancia masiva é posíbel, e que se fai en segredo e a diario, de non ser por Edward Snowden.
Na película de Steven Spielberg The Post: os escuros segredos do Pentágono os personaxes debátense en dilemas persoais que son tamén éticos: “Non irías ao cárcere por evitar unha guerra?”, pregúntalle a un xornalista Daniel Ellsberg, quen filtrou miles de documentos sobre a invasión estadounidense a Vietnam, fins da década de 1960. Como Ana Belén, el foi considerado traidor e heroe a partes iguais un traidor, segundo os anteollos de quen xulgue.
Non hai maneira decente de ignorar estes casos, a pesar dos pavorosos faladoiros do poder. En Cuba, Vicente Feliú puxo música aos versos do poeta Miguel Sotomayor, e a canción dedicada a Ana Belén Montes escóitase nos concertos do trobador:
Duele / saberte sumida en el silencio / en un medio de demencia y soledad.
Duele tanto / que haya bocas que enmudecen / cuando debieran gritar.
Duele tanto, tanto / saber de tu sufrimiento cuando no existe crimen / si la lucha es por justicia, por la vida y por la paz.
Duele mucho / que mis brazos sean palomas esposadas / que aletean sin poderte liberar.
Artigotraducido ao Galego para TSA por Rosalía Eiras.
A Asociación Valenciana de Amizade con Cuba José Martí iniciou o proceso de petición formal ao Parlamento Europeo para que, desde a UE, sexan activadas medidas concretas de solidariedade con Cuba e contra o bloqueo dos EUA. A iniciativa pode ser apoiada por persoas e asociacións do Movemento de Solidariedade con Cuba,
Súmate á petición para que a UE active a solidariedade con Cuba contra o bloqueo dos EUA, seguindo un sinxelo protocolo:
2 Entra en https://www.europarl.europa.eu/petitions/é/login
3 Preme no enlace da petición: https://cutt.ly/sxhqoj5
4 Preme en SUMARSE á petición, e , a seguir, no espazo ADHERIRSE.
Asinando esta petición, recramamos facer fronte ao bloqueo económico, comercial e financeiro de EEUU contra Cuba que, desde a Unión Europea mediante a consolidación de:
1 Intercambios políticos e parlamentarios.
2 A designación de Cuba como socio preferente.
3 Defender legalmente ás empresas europeas que comercian coa illa.
4 Promover investimento público da UE na economía cubana.
5 Ampliar o orzamento destinado á Cooperación ao Desenvolvemento.
6 Establecer intercambios culturais solidarios entre universidades, entidades científicas e industrias, entre outros.
O chasco da vacina AstraZeneca que compromete a previsión da UE para safar a economía e a crise sanitária, cambia en horas a atención dominante cara as vacinas cubanas e as rusas. A profusión de reportaxes sobre a investigación e as probas clínicas, falaron durante meses das vacinas dos EUA e Inglaterra, até o extremo de facernos crer que os imperios do Norte cargaban nas costas o compromiso de salvar aos pobres do Sur. Arestora Acarga do home branco de Rudyard Kipling (1899) regresa coma caricatura da arrogancia do Norte rico. O New York Times, a CNN, a cadea estatal xermana Deutsche Welle e a axencia France Press abriron o camiño a Agencia EFE para revivir de arrebato a Hispanidade. Previamente, Radio Francia Internacional dixo que «a fazaña de producir unha vacina contra a COVID-19, faria de Cuba o primeiro país pobre en contar coa súa propia solución contra a pandemia».
Publicidade de xabrón da década de 1890, que invitaba aos homes brancos a predicaren a virtude da hixiene ao Sul incivil. O branco que asume a carga de ilustrar aos ignorantes é o almirante Dewey, comandante da escuadra dos EUA que afundira os barcos de guerra de España na badía de Manila (1898)
O feito de cientificos estadounidenses falar glórias da bio-tecnoloxía cubana, deixa en pésimo lugar a doutrina millonaria de querer dobregar Cuba polo asedio e a corentena do diñeiro e o comercio da illa co resto do mundo, situación que asumiran once presidentes dos EUA dende hai cincuenta anos e agora non parece producir ridículo ao presidente do paso atlético, tan collido polos baixos do pantalón pola Cosa Nostra de Miami coma os seus predecesores. Estas loas norteamericanas aos laboratorios cubanos son noticia en plena Pandemia mentres lonxanos medios de comunicación, amarrados ao reparto de dólares do ministerio de Exteriores de Washington por medio dunha arañeira de ONG de nomes redencionistas que compran opinión contra o socialismo cubano, entregan unha contraportada a un rapeiro que, ben cebado pola comechura anticubana, cedeu a tentación de visitar Cuba e foi expulsado de vez das listas de mercenarios o que levou ao rapsoda a denostar en público o regreso do socialismo cubano a prática da escravitude. Esta situación repítese en todo o mundo no que existen diarios mediocres e ignorantes da realidade política e dos intereses dos leitores, máis interesados na adulación do poder ainda que esa licencia decadente comprometa irremisibelmente o nome do propio medio.
No entanto, dende a CNN, Patrick Oppman salientou que Cuba, nunha prolongada situación de bloqueo de parte dos EUA fora quen de promover investigación de avangarda que estaba dando específicos contra o cancro e vacinas vitais para a illa, e o desenvolvemento desta industria bio-tecnolóxica podía servir para superar os danos causados na economía polo cerco. O que chama a atención de Oppman é que, soportando o capítulo máis encarnizado do criminal bloqueo económico comercial e financeiro da potencia máis armada do planeta, Cuba salva vidas na illa e no resto do mundo, sen pedir un titular de prensa a cambio ainda que se fai imposíbel agochar o evidente contraste cos xigantes da industria farmacéutica rifando entre eles polo mercado, agarrados polos colares. “A ciencia cubana non persegue recoñecementos, senón respostas; non investiga para recibir honras, porque non hai satisfacción máis grande que pórense ao servizo do pobo”.
A Deutsche Welle repara no feito de Cuba contar con capacidade tecnolóxica para producir cen millóns de doses de Soberana 02, abondo para atender a demanda interna e exportala a outros países. «Amais de inmunizar á súa poboación e destrabar actividades económicas freadas pola pandemia, o país podería entrar no mercado con este produto bio-tecnolóxico e abrir espazos para desenvolvementos futuros».
The New York Times reparou en que a produción da vacina cubana contra o coronavirus veuse na obriga de superar o endurecemento das sancións a Cuba de parte do goberno de Donald Trump, o que privou aos científicos cubanos de equipos e materias primas precisos por causa do bloqueo.
La Jornada de México recorda que dos máis de 2.000 millóns de dólares en axudas internacionais para investigar unha vacina contra a Covd-19 a Cuba no lle correspondeu máis que os atrancos do bloqueo. Tamén a rusa Sputnik V desenvolvida polo instituto público Gamaleya pasa de ser desprezada pola información da UE, a figurar nos titulares de Euronews coma un recurso confiábel.
La Vanguardia de Barcelona recoñece, ao falar da capacidade da bio-tecnoloxia de Cuba, que oito das 11 vacinas administradas aos menores cubanos son de fabricación nacional e Radio Francia Internacional recoñece que «producir una vacina contra la COVID-19 convertiría a Cuba no primeiro pais pobre que afronta a pandemia sen axuda dos países ricos». Ante a acumulación de telegramas do Norte que pagan tributo intelectual a ciencia de Cuba, a axencia madrileña EFE decretou a reapertura temporal da Hispanidade.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"