Abel Prieto recordaba nunha recente entrevista co diario mexicano La Jornada, que ao cabo de seis décadas de bloqueo económico, cerco diplomático e propaganda infame contra Cuba, de parte dos EUA, a cultura cubana segue a ser un espello irradiante para todas as persoas que aspiran á xustiza e a equidade e un dereito de todas, non das minorías. Sobre a recente protesta programada perante o Ministerio da Cultura para a apertura dos noticiarios da TV do norte, o actual presidente da Casa de las Américas, recorda que non hai crítica que non se poda facer nos horizontes abertos da cultura cubana.
Abel Prieto recorda o consello de Fidel: “En tempos de máximo cerco imperial é urxente defender a cultura”
Non hai obxección posibel contra a crítica e a revisión posmoderna dos límites, recorda Abel: “dialogar sobre como consolidar comprensión entre creadores e institucións, sobre manifestacións experimentais da arte ainda non ben comprendidas, é algo plenamente admitido o mesmo que a imprescindíbel función crítica da creación artística ou o todo é lícito da visión posmoderna, a liberdade de expresión e moitos máis asuntos”.
“O que non é lexítimo –precisa- e non respectar a Lei, o querer facer chantaxe ás institucións, aldraxar os símbolos da patria, procurar notoriedade mediante a provocación, participar en accións pagadas polos inimigos da nación, colaborar cos que traballan para destruilas, mentir e sumarse ao coro anti-cubano nas redes e encirrar odio”.
O escritor explica a elección do intre para finxir: “No medio da crise mundial provocada pola pandemia e o neoliberalismo global, Cuba sofre ao mesmo tempo un estado de sitio sen precedentes de parte dos EUA. Eis a razón de que fora escollido este intre para pagar montaxes que poidan ofrecer unha imaxe desfigurada do país. Todo creador que procure diálogo coas institucións con obxectivos lexítimos, terá interlocutores dispostos a conversaren e a recibir colaboración. Cos figureiros, nin caso”.
O ministerio de Estado de Cuba ten probas de os EUA finanzar as recentes convocatorias de protesta na illa, o que considera idéntico á vella tradición de o goberno de Washington: pagar mercenarios para aparentar manifestacións populares contra a Revolución. «A asignación polo Departamento de Estado de até un millón de dólares para a convocatoria e contratación de participantes na subversión contra Cuba é unha flagrante agresión e violación do Dereito Internacional», denunciou domingo o ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla.
Cubadebate interpreta sen palabras a revolta de San Isidro que ten máis entidade nos media do capital que na propia illa.
O ministro asegurou que a ninguén en Cuba poderían parecer novidade as representacións de martirio de persoas compradas por dólares e dixo que contra a artificialidade e comprobado finanzamento exterior das últimas concentracións convocadas na illa, o goberno aplicará a Lei. «Endexamais os gobernos dos EUA apoiaron ao pobo de Cuba, nomeadamente o de Donald Trump, cando o Centro de Seguridade Nacional CSN foi instrumento de agresión contra Cuba e América Latina», dixo Rodríguez Parrilla
Arestora, o director xeral para Estados Unidos do Ministerio de Relacións Exteriores, Carlos Fernández de Cossío, manifestou que «a descomposición moral da política exterior dos EUA lévaos á práctica delincuencial de comprar por tarifa en dólares as actuacións de protesta ao non haber motivación política, ideolóxica ou ética.
O sitio Cuba Money Project, do xornalista estadounidense Tracey Eaton, divulgou recentemente que o Departamento de Estado de Estados Unidos está a ofrecer até un millón de dólares promover «os dereitos civís, políticos, relixiosos e laborais en Cuba».
No Goberno de Cuba recordan que a Oficina de Democracia, Dereitos Humanos e Traballo do Departamento de Estado dos EUA fixo público de pouco que está a buscar propostas que decidan a grupos independentes dentro da poboación cubana a sairen en defensa e compromiso dos dereitos civís e políticos na Illa e a denunciaren funcionarios cubanos por violacións de dereitos humanos e corrupción.
Para Cuba sitiada desde hai máis de 60 anos, a percepción é que os sitiadores son un goberno imperialista con corrupción endémica que inventa a diario a translación de responsabilidades aos sitiados, de feito un pais pequeño e sen recursos. Amais de interferir os gobernos de todo o mundo en beneficio dos seus intereses económico, o goberno dos EUA viola en casa os dereitos humanos e no medio dunha pandemia que custou a vida a máis de 200.000 persoas, repríme militarmente as protestas e asasin pola cor da pel. Cuba garante aos seus cidadáns dereitos fundamentais que son un soño para moitos dos estadounidenses.
Obama e Trump xa pertencen ao pasado, e todos os sondeos das eleccións a Asemblea, favorecen ao partido no goberno. Maduro nunha foto de campaaña de Cubadebate.
Farruco Sesto – Nós Diario
Domingo seis de decembro celebra Venezuela comicios lexislativos para elixir novos deputados da Asemblea Nacional.
Como queira que unha boa parte dos medios de comunicación informan negativamente, ou máis ben desinforman, respecto diso, creo que val a pena facer algunhas anotacións aclaratorias.
As eleccións en Venezuela, seguindo sempre o establecido na Constitución, son algo normal e case cotián. Desde 1999, co comezo da V República, realizáronse no país 25 convocatorias xerais para eleccións municipais, estadais, presidenciais e lexislativas, ademais dalgúns referendos nacionais. De maneira que está sería a elección número 26 en 21 anos. Non sen razón, pero tamén con moito humor, o presidente Lula estando en Europa en certa oportunidade, ante a pregunta de por que apoiaba ao ditador Chávez, respondeu: “Ditador Chávez? En Venezuela o que hai é exceso de democracia, porque hai eleccións todos os anos e cando non tocan, Chávez invéntaas”.
O sistema electoral venezolano, totalmente automatizado e con moi diversos sistemas de auditoría pública, é a tal punto confiabel que o ex presidente dos EEUU, Jimmy Carter, que dirixía o centro que leva o seu nome, e actuaba en función de observador de procesos electorais en moitos países, cualificouno como uns dos mellores do mundo. Porque, de feito, é así. Por outra banda, e segundo recolle a axencia EFE, insospeitábel de bolivarianismo, o Centro de Expertos Electorais Latinoamericanos (CEELA) acompañará unha vez máis, nos aspectos técnicos e de auditoría, ás eleccións venezolanas de decembro. Engade dita axencia na súa nota que o presidente do CEELA, Nicanor Moscoso, “avalou, unha vez máis, o sistema electoral venezolano como o mellor de Latinoamérica”.
A pesar de a oposición ultradereitista e proimperialista chamar a boicotar estas eleccións que cualifica de ilexítimas anunciando a súa “non participación”, a pluralidade de opcións está garantida coa presenza de 107 organizacións e partidos políticos nacionais e rexionais, a maioría de oposición, entre eles Acción Democrática, o principal partido da escena política durante os corenta anos da Cuarta República. De modo que a mesa está servida con absoluta liberdade e transparencia para as opinións de todos os cidadáns expresárense democraticamente. O demais son contos de camiño.
Cando a Unión Europea, en exercicio de intromisión intolerabel, esixe aprazar as eleccións en Venezuela, está a propoñer algo que é constitucionalmente improcedente. Debe quedar claro que estas eleccións, previstas na Constitución, son de convocatoria obrigada, pois unha vez vencido o período de cinco anos, a nova Asemblea debe comezar a súa sesión o 5 de xaneiro do ano correspondente. Todo iso, segundo disposicións constitucionais expresas. É por tal razón que as eleccións deben realizarse como moi tarde en decembro, tal como están convocadas, para poideren cumprir os prazos estipulados.
Cando a maioría dos medios de comunicación insisten en que a “comunidade internacional” non avala estas eleccións, debemos precisar que os devanditos medios, con actitude de soberbia extrema e eurocentrismo galopante, entenden como “comunidade internacional” unicamente ao conxunto dos países da OTAN e a un pequeno grupo doutros países, como Canadá, Australia, Perú, Colombia e algúns outros latinoamericanos gobernados pola dereita. Ditos medios, pensando sempre que Europa é o centro do mundo e que o demais non conta, esquecen que os países que compoñen a Organización das Nacións Unidas alcanzan hoxe a suma de 193.
Non deixa de ser un extraordinario paradoxo, que estes medios de comunicación occidentais, máis ao servizo das políticas do capital que da verdade, queiran vender a idea de a “ditadura” venezolana pretender perpetuarse a través da convocatoria e eleccións. En palabras de Eduardo Galeano, parece a “escola do mundo ao revés”.
En consecuencia con todo o anterior, o feito certo é que, a partir do 5 de xaneiro, a República Bolivariana de Venezuela contará cunha nova Asemblea Nacional elixida polo pobo soberano no libre exercicio da súa autodeterminación, mediante votación universal, directa e secreta, absolutamente irreprochábel. Adeus ao autoproclamado.
“É um fato triste, mas incontestável, que a pandemia exacerbou os graves problemas e colossais desafios que a humanidade já enfrentava antes do seu surgimento” –disse Miguel Diaz Canel na 31 Assembleia Geral das Nações Unidas convocada para tratar da Covid-19. O presidente de Cuba argüiu que cando falamos de guerras (incluídas as não convencionais ou o uso, e ameaça de uso, da força; da aplicação de medidas coercitivas unilaterais) é preciso referirmo-nos também a ausência ou precariedade de serviços de saúde, educação e seguridade social, marginado polas regras cegas do mercado e o intercâmbio desigual que prevalecem no mundo.
O Instituto Internacional de Estocolmo de Investigações para a Paz (SIPRI) informa que os EUA representam 38% do gasto militar global.
O orador chamou atenção da recessão económica, a pior desde a Segunda Guerra Mundial, e nomeadamente perniciosa para os países do Sul, já maltratados pelo abuso neoliberal, que aprofundou os estragos da pobreza. A dívida externa dos países em desenvolvimento, várias vezes paga e aumentada pela pandemia, corta a rente as aspirações de bem-estar económico e social; é impagável e deve ser perdoada. Urge, por tanto, o estabelecimento de uma ordem internacional justa, democrática e equitativa. É uma condição para a sobrevivência da espécie, em um mundo cada vez mais interconectado e paradoxalmente desigual. Acrecentou que a Covid-19 desnudou o custo humano dessa desigualdade e revelou a urgente necessidade de fortalecer os sistemas nacionais de saúde, propiciar o acesso universal e gratuito aos serviços médicos básicos e garantir a distribuição equitativa de recursos vitais.
Uma pergunta surge de parte do presidente de Cuba, ao observar o duro panorama de contágios, repiques e colapsos nos serviços de saúde, em nações de invejável prosperidade. Por que o enorme orçamento que hoje se dilapida na corrida das armas não é empregado para enfrentar esta e outras pandemias mais antigas, como a da fome e da pobreza? Quem paga 38% do gasto militar global, é incapaz de responder de 11 milhões de contagiados e mais de 238 mil falecidos por Covid-19?”
Desde o aparecimento do SARS-CoV-2, e ante a ameaça de que se convertesse em pandemia, Cuba elaborou um Plano Nacional para a Prevenção e Controle da Enfermidade. Desenvolveu-se apoiado nas fortalezas do nosso sistema de saúde, de comprovada qualidade e alcance universal, e no desenvolvimento científico do país. O sistema de gestão do Governo de Cuba, tem a sua base em Ciência e Inovação, que fertilizou as interconexões dos sectores científico, produtivo, dos serviços e social. Trata-se de um sistema inclusivo, participativo, sistémico, trandisciplinar e intersectorial, que cristaliza e atinge o seu melhor resultado na firmeza dos protocolos aplicados contra à Covid-19 e na responsabilidade demonstrada pelo nosso povo. “O que fazemos –resumiu- é uma expressão prática de como opera o sistema social de Cuba, que centra acção do Governo nas persoas e pode resolver ou enfrentar com sucesso problemas muito complexos. Os relevantes resultados alcançados na indústria médico-farmacêutica e de biotecnologia permitem-nos enfrentar a enfermidade em melhores condições. Dois candidatos vacinais cubanos em fase de ensaios clínicos estão incluídos entre os 47 registados pela Organização Mundial da Saúde”.
Consecuentes com a vocação humanista de Cuba, 53 brigadas médicas apoiaram o combate à enfermidade em 39 países e territórios, somando-se às que já prestavam serviço em 59 nações. Diez Canel acrecentou que este labor foi possível sob o pesado fardo do criminal e injusto bloqueio imposto pelo governo dos Estados Unidos, e do recrudescimento sem precedentes de uma cínica campanha de descrédito contra a cooperação médica internacional de Cuba e outras nações soberanas com a manifesta intenção de restabelecer a Doutrina Monroe, quebrantando o Direito Internacional e a Proclamação da América Latina e das Caraíbas como Zona de Paz.
O presidente reafirmou o compromisso de Cuba com os propósitos e princípios que alumbraram a ONU, assi como a vontade de continuar trabalhando a favor do multilateralismo, da solidariedade, da dignidade humana e da justiça social é firme e decidida. “A emergência planetária em que a Covid-19 nos lançou –disse em final da súa intervenção- é como um novo chamado à consciência do mundo: escutemos, desta vez. Sim, é possível. Cuba é a prova”.
O artigo de Randy Alonso explica o contexto no que se produce unha protesta de artistas no Parque Trillo e a resposta masiva da mocidade, a que corresponde esta fotografía de Cubadebate, no mesmo lugar e contra os autores da primeira convocatoria.
Randy Alonso Falcón – Cubadebate
O fracaso de Donald Trump foi dobre: perdeu a reelección presidencial e non deu dobrado a resistencia dos gobernos de Cuba, Venezuela e Nicaragua despois de valeirar contra eles o arquivo de castigos e trampas. A máis de non recoñecer o tamaño da súa derrota, non deixa de inzar problemas á administración en portas: hai uns días até ameazou con atacar sitios nucleares iranianos para abortar toda opción de diálogo co país. As forzas trumpistas non están acabadas, nin moito menos, e procuran deixar unha pegada fonda na sociedade estadounidense e no tempo a vir.
A actual administración da Casa Branca detesta Cuba: máis de 120 sancións agravaron o criminal bloqueo económico, comercial e financeiro mais nada puideron contra a Revolución. Con esa espiña dentro e a presión da dereita anticubana que lle dera o voto nas pasadas eleccións, a actual administración segue a conspirar contra Cuba, na esperanza de dar a estocada final antes do 20 de xaneiro; ou polo menos deixarlle a pista ben quente ao goberno de Biden para que non poida exporse unha convivencia civilizada co arquipélago caribeño.
O goberno electo reserva polo de agora calquera xesto de achegamento para a dereita contra-rrevolucionaria anticubana que o acusara de socialista e até comunista, nunha feroz campaña mediática de corte maccarthista. Máis ben, dixo publicamente que planea retornar á política de achegamento cara a Cuba que Obama só puido comezar no seu derradeiro mandato, e que en pouco tempo puido demostrar que si é posibel convivir en paz e cooperación, procurando o común e respectando as diferenzas.
Os vividores do conflito, os promotores do mal contra o pobo cubano, os que se beneficiaron dos millóns de dólares que Estados Unidos destina cada ano as iniciativas agresivas e de subversión anticubanas, andan estes días en desvariada ofensiva por deixar unha escusa que hipoteque a futura política do goberno de Washington contra Cuba.
Buscan unha versión actual do desafio das avionetas de Hermanos al Rescate cuxo derribo forzara a Clinton, presidente candidato de 1996, a renunciar ao achegamento con Cuba e converter en lei o proxecto Helms Burton para afondar o bloqueo e debuxar o futuro neocolonial de Cuba rebelde.
Pretenden fomentar a inestabilidade social, converter as frustracións en protestas e aproveitar as circunstancias difíciles dun país que tivo que librar unha dura batalla contra a pandemia de COVID-19 no medio de dun brutal aumento do bloqueo e da paralización da súa principal fonte de ingresos, o turismo; buscan liderados desestabilizadores de reducidos sectores da cultura, finazados por EUA durante anos, e buscan confundir a sectores da mocidade golpeados nas súas aspiracións e calidade de vida pola mesma política de asfixia imperial contra Cuba.
Como expresara o xeneral de Exército Raúl Castro nun discurso ante o parlamento cubano o 19 de abril de 2018: “ …os inimigos da Revolución non renuncian a penetrar, confundir, dividir e afastar á nosa combativa mocidade dos ideais, a historia, a cultura e a obra revolucionaria; sementar individualismo e cobiza, mercantilizar sentimentos e infundir nas novas xeracións o pesimismo, o afastamento da ética e os valores humanistas, da solidariedade e do sentido do deber”.
Queren prender unha faísca que desemboque nun estalido social, ao estilo dos ensaiados e executados no mundo árabe ou Ucraína. Desde as redes sociais dixitais aléntanno con toda a cara, desde o Departamento de Estado e a súa embaixada na Habana ou a partir da mafia anexionista de Miami. Quen se informan só neses espazos dixitais, pensarán que Cuba vive unha guerra civil ou unha protesta social xeneralizada. Eis o que queren para o país o imperio e seus peóns.
Máis de 60 anos de loita leva a Revolución cubana contra a resolución estadounidense de frustrala e as asechanzas dunha contrarrevolución armada e do terrorismo. O apoio maioritario da Revolución procede do pobo que nestes días de ameazas é a principal fortaleza e o mellor bastión fronte andrómenas e delirios. Cuba conta cunha cultura, unha intelectualidade, unha grande familia de artistas e creadores de cerne antimperialista. Eles son espada e escudo da nación ante os intentos de dominación.
Desde a intelixencia, a firmeza de principios, a capacidade de diálogo, e a forza esencialmente revolucionaria do seu pobo, Cuba dá resposta a esta nova ameaza para facer mellor ao país.
Advírtenos desde o século XIX o gran pensador cubano José Antonio Saco: Non sexamos o xoguete desgraciado de homes que con sacrificio noso quixesen apoderarse da nosa terra, non para a nosa felicidade, senón para o seu proveito […]eu desexaría que Cuba non só fose rica, ilustrada, moral e poderosa, senón que fose Cuba cubana e non anglo-americana.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"