O monumento que Italia alumea somentes nos grandes acontecementos nacionais, foi acendido na noite do dia 21 en hora da brigada médica Henry Reeve e de Cuba, como expresión de obriga pola asistencia á castigada rexión do Piamonte no andacio da COVID-19. Un enorme Grazie Cuba! acompañado dun corazón e da bandeira da illa solidaria, ilustraban a cúpula da Mole Antonelliana de Torino fulxente coma un facho baixo os focos. A iniciativa foi do concello de Torino coa colaboración da Axencia para o Intercambio Cultural e Económico con Cuba (AICEC)
É a primeira vez que a Mole Antonelliana arde en luces en nome dun pais extranxeiro.
O acendido da Mole Antonelliana en homeaxe ás brigadas médicas cubanas, é un feito insólito pois é a primeira vez na historia que o símbolo de Torino e emblema de Italia rende honras a un país extranxeiro.
Italia, coa segunda colonia de emigrantes históricos nos EUA, vive con anguria a caótica política da Casa Branca para responder á Pandemia, e en especial o debezo de Trump de facerse coa patente dunha vacina mentres rapina material médico básico en todo o mundo, compra unha empresaa suiza de ventiladores pulmonares para podérllelos bloquear a Cuba ou nega a letalidade da Covid-19.
As galas luminosas da Antonelliana en lembranza agradecida a Cuba, ocuparon a apertura de todos os telexornais de Italia e foi mención en todos os diarios de Italia, mentres o departamento de Estado de Washington inventa novas categorías de inimigo da humanidade e do império para llas pendurar a Cuba.
MÉDICOS DE CUBA PARA A UE EN ESTADO DE EMERXENCIA
Horas máis tarde, o presidente Diaz Canel recibia con parabéns na Habana aos 38 facultativos médicos cubanos, integrantes da brigada do Continxente Internacional de Médicos Especializados Henry Reeve para Situacións de Catástrofe ou Andacios. O doutor Guerra Izquierdo, xefe da brigada, dixo que na súa experiencia esta fora a máis complexa brigada internacionalista. Lombardía era segunda región más afectada Italia e representou un desafío que foi superado. Foi esta a primeira ocasión na que as brigadas médicas cubanas intervían no Primeiro Mundo, nun dos paises fundadores da CEE.
«O feito de ter salvado 170 vidas e reducir os índices de letalidade, significou moito – dixo Guerra Izquierdo no aeroporto da Habana-. Chegados a Torino, a rexión do Piamonte era a terceira máis afectada de Italia, e, de a pouco, pasou a ser segunda. O panorama era arrepiante porque podíamos sentir medo no pobo; dende que chegamos, a xente aplaudíanos nas rúas o que representaba para nós un desafío. Os resultados positivos chegaron de dia en día e finalmente a misión foi un éxito”.
Guerra Izquierdo contou que todos os pacientes atendidos pola brigada, una vez recuperados deixaron una carta manuscrita de agradecimiento a Cuba aos seus médicos. “Esas cartas veñen nos nosos corazóns”, dixo.
A prensa italiana contóu que os 38 brigadistas de Cuba levaron a cabo un traballo eficiente, organizado e intenso, durante tres meses, cos pacientes ingresados nun hospital improvisado pola administración do Piamonte. Alí, asistiron a tres mil doentes –177 de gravidade extrema– con 5.000 atencións hospitalarias e máis de 81.000 consultas de enfermería.
Hai 28 anos, Fidel visitóu a casa familiar en Armeá (Láncara)
Moncho Fernández Leal – Agrupación Xosé Velo-A Nosa América
Neste mes de xullo, cumprense 28 anos daquela visita. Nun verán marcado nos medios informativos polas Olimpíadas de Barcelona, Fidel Castro visitou a nosa terra.
Dende que o recibiu Manuel Fraga, presidente da Xunta, comezou unha actividade tan frenética coma a vida que sempre levou. Gabriel García Márquez, gran amigo íntimo de Fidel, dicía que nunha ocasión lle preguntou por algo que non fixera e que lle gustaría ter feito, e Fidel contestouo que botaba de menos parar nunha esquina a ver a vida pasar, sen quen ninguén o recoñecese.
Un grupo de persoas do Baixo Miño acudimos a Compostela a recibir a Fidel. Había unha recepción no Hotel Araguaney, organizada polo Concello de Oleiros, ao que asistiron personalidades e representantes de organizacións sociais diversas. Eu non estiven, pero contáronme que falando o comandante, parou a beber auga e dixo que, ás veces, bebía por sede, outras, coma esta, porque estaba emocionado. As rúas estaban ateigadas e había euforia colectiva, a que se dá nas grandes ocasións.
Ao día seguinte na praza do Concello de Lugo estabamos tamén un grupo grande de persoas. Alguén dixo que viñan contras. Coma tantas veces, o rumor non era certo. Era un autobús que chegaaba de Asturias, cheo de xente con música. Falou Fidel saudando e houbo cancións e berros de apoio.
De alí fomos a Láncara, a visitar a casa natal do seu pai. Houbo baile espontáneo. Lembro como Fidel tocou as tellas daquela casiña.
Foi un xantar de feira galega: polbo, empanada, sardiñas, pementos. Moita calor. Moita xente. Preto de nós estaba o correspondente dun importante xornal de liña anticubana, caladiño cun prato de polbo. Tentoume dicirlle algo, pero non o fixen. O protocolo.
Atopámonos persoas coñecidas e coñecemos a outras. Había a complicidade de saber estar vivindo un momento historico. A figura de Fidel era, é, un mito da nosa vida, da loita mundial. O máximo representante da Revolución cubana, un dos fitos transcendentais e sorprendentes da historia do século XX. Sabíamos del dende a infancia, na adolescencia e no mundo adulto. Para moitas persoas da miña xeración e de moitas xeracións, a figura representa unha victoria épica.
A primeira vez que escoitei o seu nome foi á miña avoa. Para que me mantivera ao seu carón e non me perdera na festa de Santa Margarida da Coruña, quixo meterme medo de que, se non estaba atento, levaríame Fidel Castro. Xa me pareceu que tiña o atractivo do prohibido.
Tempo despois souben da “Operación Peter Pan” que a CIA, en colaboración coa Igrexa católica española, levou a cabo en Cuba. Nesa campaña falaban de que as crianzas cubanas serían secuestradas polos soviéticos para seren unha especie de escravos ao servizo do comunismo. Iso que agora dá a risa, significou que ducias de familias levaran aos seus descendentes a Miami e as familias quedaron separadas. Toda a historia está documentada; contoumo un daqueles nenos, Andrés Gómez, militante solidario coa Revolución en Miami.
Máis adiante, xa en Vigo e na adolescencia, xuntabámonos no barrio arredor dunha fogueira a cantar e a beber, as primeiras veces das nosas vidas. Naquelas cuadrillas nas que os maiores falaban para os pequenos aprenderen, canturreabase “Cuba si, ianquis non”. Fidel, Che a revolución cubana eran historias que se contaban.
Eses días de visita de Fidel foron un éxito da diplomacia cubana, que lograron salvar o cerco que o bloqueo de EUA lle viña impondo e lle sigue a impoñer dende hai tantos anos. Mesmo alguén tan paradigmático no mundo da reacción e do inmobilismo coma Manuel Fraga fixo naquela visita declaracións en contra do bloqueo a Cuba.
Para moitas persoas que convivimos esas dúas xornadas significou unha lembranza das de recordar co paso do tempo. Nin máis nin menos que Fidel Castro na nosa terra, o comandante guerrilleiro de Serra Maestra na terra do seu pai. Historia pura.
Mentres EUA arrecia o bloqueo e a campaña de calumnias contra Cuba, sábado 18, o goberno informóu dun só novo caso de Covid-19, para un total de 2.446 dende marzo pasado; catro altas médicas e ningún falecimento por séptimo día consecutivo.
Teresa Melo – Cubadebate
Arestora que Cuba andianta medidas (pensadas, estudadas, debatidas, fundamentadas) para volvermos a vida cotián (que non vai ser para nada semellante a denanterior) teremos que separar a fariña preciosa da experiencia do farelo baldío.
Dende 11 de marzo, día no que confirmaran os tres casos primeiros da COVID-19 en Cuba, millentas mentes, corazóns e mans bourearon no traballo por conter a pandemia; rosmaron (ou seguiron) os mixiricas, as aves de mal agoiro, os repugnantes e os que gabean polo seu ego; académicos de choupana, miñasxoias de nicho alleo, resentidos e queimados; profetas da desgraza, mercenarios da palabra, capadores da honra allea, economistas de penico sen librar; remediadores ignorantes e vendidos; os que, aberta ou taimadamente, non queren a illa dona de seu, senón de estrela en bandeira allea. E por riba, todos eles, sen molestaren o dedo meniño para calquera traballo que non for o de bater teclas e para vender seu veleno baixo capa de mediciña.
Mal traballarían, nin por veren cumpridos seus consellos. Querian vernos arrasados polo andácio, mais é ben hora de asumiren que o tempo non lles deu razón. E desta andan a procura de misérias novas (ou recicladas) e xa pregoan que ha ser a fame a que nos derrube en mans da pandemia que azouta e azoutará o mundo inteiro.
No corazón desta ousadía está a faltar (pecado dos egos virtuais) a Alma Cubana, solidaria, inesgotábel. Iso non se dará nunca aprendido en chío nin gústame. Iso ensínao a vida.
Bolsonaro proclamou que o modelo do seu amigo Trump contra a Pandemia é o melhor do mundo.
FREI BETTO, CARTA AOS AMIGOS E AMIGAS DO MUNDO:
No Brasil ocorre um genocídio! No momento em que escrevo, 16/7/2020, a Covid-19, surgida aqui em fevereiro deste ano, já matou 76 mil pessoas. Já são quase 2 milhões de infectados. Até domingo, 19/7/2020, chegaremos a 80 mil vítimas fatais. É possível que agora, ao você ler este apelo dramático, já cheguem a 100 mil.
Quando lembro que na guerra do Vietnã, ao longo de 20 anos, 58 mil vidas de militares usamericanos foram sacrificadas, tenho o alcance da gravidade do que ocorre em meu país (Brasil). Esse horror causa indignação e revolta. E todos/as sabemos que medidas de precaução e restrição, adotadas em tantos outros países, poderiam ter evitado tamanha mortandade.
Esse genocídio não resulta da indiferença do governo Bolsonaro. É intencional. Bolsonaro se compraz da morte alheia. Quando deputado federal, em entrevista à TV, em 1999, ele declarou: “Através do voto você não vai mudar nada nesse país, nada, absolutamente nada! Só vai mudar, infelizmente, se um dia partirmos para uma guerra civil aqui dentro, e fazendo o trabalho que o regime militar não fez: matando uns 30 mil”.
Ao votar a favor do impeachment da presidente Dilma, ofertou seu voto à memória do mais notório torturador do Exército, o coronel Brilhante Ustra.
Por ser tão obcecado pela morte, uma de suas principais políticas de governo é a liberação do comércio de armas e munições. Questionado à porta do palácio presidencial se não se importava com as vítimas da pandemia, respondeu: “Não estou acreditando nesses números” (27/3/2020, 92 mortes); “Todos nós iremos morrer um dia” (29/3/2020, 136 mortes); “E daí? Quer que eu faça o quê?” (28/4/2020, 5.017 mortes).
Por que essa política necrófila? Desde o início ele declarou que o importante não era salvar vidas, e sim a economia. Daí sua recusa em decretar lockdown, acatar as orientações da OMS e importar respiradores e equipamentos de proteção individual. Foi preciso a Suprema Corte (STF) delegar essa responsabilidade a governadores e prefeitos.
Bolsonaro sequer respeitou a autoridade de seus próprios ministros da Saúde. Desde fevereiro o Brasil teve dois, ambos demitidos por se recusarem a adotar a mesma atitude do presidente. Agora, à frente do ministério, está o general Pazuello, que nada entende de questão sanitária; tentou ocultar os dados sobre a evolução dos números de vítimas do coronavírus; empregou 38 militares em funções importantes do ministério, sem a requerida qualificação; e cancelou as entrevistas diárias pelas quais a população recebia orientação.
Seria exaustivo enumerar aqui quantas medidas de liberação de recursos para socorro das vítimas e das famílias de baixa renda (mais de 100 milhões de brasileiros) jamais foram efetivadas.
MENOS IDOSOS, MÁIS RECURSOS
As razões da intencionalidade criminosa do governo Bolsonaro são evidentes. Deixar morrer os idosos, para economizar recursos da Previdência Social. Deixar morrer os portadores de doenças preexistentes, para economizar recursos do SUS, o sistema nacional de saúde. Deixar morrer os pobres, para economizar recursos do Bolsa Família e de outros programas sociais destinados aos 52,5 milhões de brasileiros que vivem na pobreza e aos 13,5 milhões que se encontram na extrema pobreza. (Dados do governo federal).
Não satisfeito com tais medidas letais, agora o presidente vetou, no projeto de lei sancionado a 3/7/2020, o trecho que obrigava o uso de máscaras em estabelecimentos comerciais, templos religiosos e instituições de ensino. Vetou também a imposição de multas para quem descumprir as regras e a obrigação do governo de distribuir máscaras para os mais pobres, principais vítimas da Covid-19, e aos presos (750 mil). Esses vetos, no entanto, não anulam legislações locais que já estabelecem a obrigatoriedade do uso de máscara.
Em 8/7/2020, Bolsonaro derrubou trechos da lei, aprovada pelo Senado, que obrigavam o governo a fornecer água potável e materiais de higiene e limpeza, instalação de internet e distribuição de cestas básicas, sementes e ferramentas agrícolas, para aldeias indígenas. Vetou também verba emergencial destinada à saúde indígena, bem como facilitar o acesso de indígenas e quilombolas ao auxílio emergencial de 600 reais (100 euros ou 120 dólares) por três meses. Vetou ainda a obrigação de o governo oferecer mais leitos hospitalares, ventiladores e máquinas de oxigenação sanguínea a povos indígenas e quilombolas.
Indígenas e quilombolas têm sido dizimados pela crescente devastação socioambiental, em especial na Amazônia.
Por favor, divulguem ao máximo esse crime de lesa-humanidade. É preciso que as denúncias do que ocorre no Brasil cheguem à mídia de seu país, às redes digitais, ao Conselho de Direitos Humanos da ONU, em Genebra, e ao Tribunal Internacional de Haia, bem como aos bancos e empresas que abrigam investidores tão cobiçados pelo governo Bolsonaro.
Muito antes de o jornal The Economist fazê-lo, nas redes digitais trato o presidente por BolsoNero – enquanto Roma arde em chamas, ele toca lira e faz propaganda da cloroquina, remédio sem nenhuma eficácia científica contra o novo coronavírus. Porém, seus fabricantes são aliados políticos do presidente…
Agradeço seu solidário interesse em divulgar esta carta. Só a pressão vinda do exterior será capaz de deter o genocídio que assola o nosso querido e maravilhoso Brasil.
Fraternalmente,
Frei Betto, dia 16/7/2020
Frei Betto é frade dominicano e escritor, assessor da FAO e de movimentos sociais. Publicou esta carta aberta, em 16/7/2020
Henry Reeve é o nome do continxente médico de Cuba que, ante a pandemia, percorreu o mundo nos últimos meses para asistir a nada menos que 27 países. A historia do mozo norteamericano do século XIX que é sinónimo da solidariedade internacional no século XXI. Henry Reeve tiña apenas 26 anos cando o 4 de agosto de 1876 caeu en combate en Cuba. Para esa data, pasara o últimos sete anos da súa vida nesa terra. Lonxe da súa Nova York natal, pero moi preto da causa que abrazou na temperá adolescencia no seu país de orixe, atravesado pola guerra civil.
Mentres Trump procura a desaparición da Organización Mundial da Saúde, insulta a China ou secuestra equipos de protección personal, as brigadas médicas cubanas que levan por todo o planeta o nome heroico de Hennry Reeve, batallan contra o Covid-19 en 27 paises (dado actualizado) Este persoal médico merece de verdade o Premio Nobel da Paz.
Reeve nacera 4 de abril de 1850, en Brooklyn, nunha familia presbiteriana de clase media. A súa nenez transcorreu nunha sociedade norteamericana desgarrada polas tensións raciais e as disputas entre o Sur escravista e o Norte industrial. Dacordo a diversos testemuños, Reeve participou no Exército do Norte como tambor, cando apenas entraba na adolescencia.
Dez días despois de cumprir 15 anos, sucedeu un feito que había de marcalo de por vida: nun teatro de Washington DC atentaban contra a vida do entón presidente, Abraham Lincoln. Lincoln foi atacado a noite do 14 de abril de 1865 e faleceu poucas horas despois, xa no día seguinte. Andara case unha semana desde que o 9 de abril o xeneral Lee, comandante do escravista Exército dos Estados Confederados, rendérase ante o xeneral Grant en Appomattox, Virginia, dando fin á guerra.
Tres anos despois, outubro de 1868, en Cuba, os patriotas ao mando de Carlos Manuel de Céspedes, daban inicio á longa loita pola independencia fronte ao colonialismo europeo. Na leira La Emajagua, da súa propiedade, Céspedes reuniu aos independentistas dispostos a sublevarse contra a monarquía española e liberou aos seus escravos. Este episodio, coñecido como o Grito de Yara, significou o comezo da Guerra dos 10 anos (1868-1878), tamén chamada Guerra Grande. Mentres comezaban os combates na illa, a Xunta Cubana de Nova York reunía diñeiro, armas e homes para apoiar a insurrección.
Por esa época, o mozo Reeve traballaba como contable de libros nun banco. O contacto con emigrados cubanos sensibilizárao e pronto decidiu compartir a súa causa. Con 19 anos recentemente cumpridos, o 4 de maio de 1869 embarcouse no vapor Perit (ou Perrit) co nome de Henry Earl. A súa primeira función foi como soldado ordenanza do xeneral Thomas Jordan. De xeito paradoxal, Jordan fora oficial do bando confederado na guerra civil norteamericana.
O propio continxente era en si mesmo expresión do internacionalismo que sinalaba á xesta e que tamén fora común ás guerras de independencia en América do Sur. No barco a maioría eran cubanos exiliados en EE. UU., pero un número importante -ao redor de 80, ou talvez máis- eran estadounidenses. Segundo os rexistros da época, tamén había combatentes nados en Venezuela, en México, en España, en Polonia e en Hungría.
O coronel Fernando Figueredo, no clásico libro La revolución de Yara, aparecido en 1902, relata o seguinte: “Entre os expedicionarios contábanse o instruído xeneral confederado Jordan e como cen mozos americanos, algúns pertencentes a familias acomodadas de Nova York e Brooklyn. O máis distinguido destes polos seus modais, pola súa educación e quizais polo seu nacemento, era un novo soldado que co nome de Henry Earl alistara en Nova York, e sen coñecemento dos seus pais desembarcara nas praias de Cuba para pelexar pola súa independencia”.
Nove de maio de 1869 (ou o 11, as fontes son contraditorias neste punto) o barco chegou á península El Ramón, no oriente de Cuba. Tras complexas manobras, 13 de maio finalizou o desembarco e comezou a tarefa de mover por terra o importante arsenal que transportaba. O bautismo de fogo foi na mañá do 16 de maio. Unha imprudencia dos revolucionarios puxo sobre aviso á Armada española e os realistas atacaron. De inmediato comezou a destacarse este mozo louro de ollos claros, que moitos anos despois sería bandeira da solidariedade internacionalista.
“Algúns expedicionarios subiron ao ombreiro -desde a praia- un canón de bronce co que empezaron a disparar sobre o inimigo fortemente atrincheirado; sobresaíndo neste feito pola súa decisión e valentía, un novo soldado norteamericano chamado Henry Reeve, quen recibiu as súas primeiras feridas no brazo e no tórax; é dicir, que nesta acción derramábase sangue norteamericano en chan cubano, como exemplo de internacionalismo”. Con estas palabras refire a enciclopedia en liña do Estado cubano EcuRed, a súa primeira participación en combate.
Catro días despois, o 20 de maio, a expedición tivo unha segunda batalla coas forzas colonialistas en Canalito, a poucos quilómetros da anterior. Alí, de novo Henry Reeve destacouse polo seu heroísmo. Segundo contan, o maior xeneral Jordan pediu a un dos seus homes: “Déanlle un fusil a ese mozo que é máis valente que Xulio Cesar”. Aos poucos días combatería tamén en La Cuaba e o 27 de maio -cando aínda non facía un mes da súa partida de EE. UU- sería capturado no combate das Cabazas e sometido a un pelotón de fusilamento. Recibiu catro disparos, pero non morreu.
Di Fernando Figueredo na obra citada: “Por unha extraordinaria casualidade as catro balas que lle asestaron a este, das que dúas deberon esnaquizarlle o cranio e dous atravesarlle o peito, non fixeron senón ferilo levemente na cabeza, deixándoo sen coñecemento, confundido entre os cadáveres dos seus infortunados compañeiros. A noite refrescou as súas feridas, o mozo volveu en si e á ventura, un estranxeiro en terra estranxeira, comezou a andar sen dirección. Dous días estivo perdido nos bosques, sangrando copiosamente, ata que a fortuna fixo que algúns patriotas o atopasen e conducisen ao campamento El Mijial”.
Así comezaba a súa participación na xesta independentista cubana, onde sería coñecido como “O Inglesiño” ou Enrique O norteamericano. De soldado a brigadier xeneral en poucos anos, Reeve converteuse no home de confianza de Ignacio Agramonte, El Mayor, e tras a súa morte en maio de 1873, combateu baixo o mando do Xeneralísimo Máximo Gómez, quen o tiña na máis alta estima.
Durante sete anos participaría en máis de 400 batallas, algunhas delas memorables, como o rescate do brigadier Julio Sanguily, en 1871, realizado con carga a machete ao mando de 35 mambises, contra unha forza moi superior. O 28 de setembro de 1873, nunha desas contendas, Reeve resultou ferido na súa perna dereita, que debeu ser parcialmente amputada. Adaptáronlle un aparello metálico á cadeira e a partir de aí, pelexou atado á montura.
O 4 de agosto de 1876, en Yaguaramas, a súa tropa foi sorprendida polas forzas coloniais, que lle mataron o cabalo e ferírono nun ombreiro, nunha ingua e no peito. De pé, co machete nunha man e o revólver na outra, o xeneral de brigada do Exército Mambí disparouse a si mesmo na tempa antes de ser capturado.
Din que, na Xunta Cubana de Nova York, sete anos antes, preguntáronlle por que se presentaba como voluntario. “Porque vostedes son patriotas”, explicou. “E vostede, de onde é?”, volveron preguntarlle. “De alí onde se morre”, respondeu.
Pero incluso isto mesmo, hoxe, ponse en dúbida.
Hai na estrada de Yaguaramas a Horquitas, camiño a Playa Girón, un monumento a Henry Mike Reeve Carroll. Hai tamén, desde 2005, un continxente médico que leva o seu nome por todo o mundo ante cada epidemia ou catástrofe que esixe unha man solidaria. Alí, onde se viva.
Hai unha historia de internacionalismo que une un século e medio de loita contra o colonialismo, pola irmandade entre os pobos. Nesa historia Henry Reeve, de bata branca, apunta e con Martí, dispara: “Patria é humanidade”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"