Todalas entradas de Terrasenamos

Latinoamérica vese no espello da resistencia de Venezuela contra o falsario Trump

Enrique Moreno – Granma

Cargos ficticios de terrorismo instrumental para comerciar narcóticos e armas, forman parte da nova ondada de acusacións inventadas polo goberno dos EUA para subir de grao o asedio da  República Bolivariana de Venezuela, que vive en estado de emerxencia pola pandemia. Trump procura elevar o ilegal cerco político, comercial e económico contra Venezuela a medio dun segundo golpe de estado (o primeiro, en 2002 contra Chávez) que resultou tamén fallido. Desta, busca un incidente armado en augas de Venezuela para o que produce un artificial sumario delictivo previo contra o goberno democrático e soberano de Nicolás Maduro. Toda Latinoamérica vese no espello da digna resistencia de Venezuela contra o goberno falsario e depredador de Trump.

Portaavions nuclear dos EUA rodeado de corbetas e cunha fragata a fronte, zarpa de Florida para ameazar Venezuela, que vive en emerxencia pola pandemia.

As acusación de comercio de narcóticos, tráfico de armas e corrupción contra o goberno de Maduro non son coherentes cos informes periódicos da propia DEA (a axencia contra narcóticos dos EUA) nin se parecen aos informes da ONU sobre a circulación de drogas e armas na área, que contrariamente denuncian ao caciquismo de batallóns da morte de Colombia, instalado no poder por graza de Washington. A denuncia imperial contra o presidente da República Bolivariana e 13 altos cargos, leva recompensas en metálico incluídas e pretextan a instalación dun presunto escenário para a transición democrática enVenezuela e simultaneamente foron acompañados manobras militares por mar e aire fronte as costas de Venezuela, con medios de comunicación a bordo e profusos partes que foron apertura en telexornais de todo o mundo. O imperialismo impón outravolta a propaganda dun pretexto bélico sen entidade real (Venezuela non está en guerra máis que contra a pandemia) por riba da razón e o diálogo.

O proxecto político bolivariano a prol do pobo e en defensa da independencia e soberanía nacional e de integración con América Latina e o Caribe, con acordos bilaterais con Rusia e China, significa un atranco para os plans hexemónicos de Washington e o seu propósito de revivir a Doutrina Monroe que trata con fachenda o continente sur de eido traseiro.

Que busca o goberno dos EUA con este novo movimento de tropas arredor das fronteiras da RBV? En primeiro lugar o dominio dos recursos nacionais de Venezuela que dispón do  20 % dos xacimentos de hidrocarburos do planeta e importantes reservas de bauxita, níquel e ferro, amais de estar na lista das dez nacións coas maiores reservas de auga, e a súa posición privilexiada entre o mar Caribe, a cordillera dos Andes e o Amazonas.  

Arestora, os EUA son a nación con máis casos confirmados do novo coronavirus a nivel mundial o que pon a luz do dia o fracaso do seu deficiente sistema de asistencia sanitária e o manexo adiado, improvisado e inhumano da pandemia por parte do Goberno; neste cadro, os 50 Estados atópense baixo declaración conxunta de desastre pola primeira vez dende a constitución federal.

Ante a crise, Estados Unidos afonda na economía de guerra e aumenta a previsión orzamental do  poderoso complexo militar-industrial como lucrativo negocio finanzado directamente dende o peto dos contribuintes para defender da recesión mundial ao capital monopolista.

O cerco político, económico, comercial, propagandístico e armado contra Venezuela busca de porparte desviar a atención da opinión pública estadounidense da grave situación ocasionada pola pandemia.

Un Presidente estadounidense inmerso nun conflito bélico, como Comandante en Xefe, reduce as probabilidades de ser derrotado nun proceso electoral. A guerra pon nas súas máns a información, multiplica a propaganda e permíteelle invocar a defensa do pais en armas con rendemento superior aos recursos dunha campaña convencional.

O cerco político, económico, comercial, propagandístico e armado contra Venezuela busca de porparte desviar a atención da opinión pública estadounidense da grave situación ocasionada pola pandemia.

O fracaso da intervención pública do goberno dos EUA para defender ao pais da pandemia, atinxe indicativos particularmente dramáticos na Florida, estado que aporta 29 votos fundamentais para a reelección de Trump. O pretexto bélico podería darlle réditos electorais críticos nese estado.

Apoiar Venezuela e Cuba, nacións irmás e referencia de dignidade

Venezuela conta xa con 3.100 Comunas establecidas polo goberno socialista e unha rede de 647 comercios dependentes que venden máis de 4 mil produtos procedentes das Unidades de producción Familiar (UPF) asi como a producción das propias comunas.

Farruco Sesto Novás – Nós Diario

En decembro tivemos as primeiras noticias do brote dun novo virus, como algo que comezaba a facerse notar nun lugar distante, alén dos mares. En principio non parecía especialmente ameazante nin perigoso. Catro meses despois, o mundo sofre unha pandemia que sementa masivamente a morte e paraliza e castiga a vida social, tal como a coñecemos, particularmente a vida urbana en case todos os países.

Ben mirado, isto no fondo non é senón un ataque feroz, desapiadado, contra a vida de cada día, causado por unha pequena partícula que, en moi pouquiño tempo, nos esnaquizou a cotiandade até extremos insospeitados. Non é certo?

Pero onde quero chegar, ao referirme aquí a estas circunstancias coñecidas por todos e por todos sufridas? Diréivolo con claridade: quero chegar ao tema de Venezuela, para que pensemos nela todos xuntos e nos solidaricemos co seu pobo, que sofre non só esa circunstancia común, senón ademais un ataque desapiadado por parte de EEUU e os seus países subordinados, incluíndo os da Unión Europa. A pandemia, no marco dunha guerra híbrida. Imaxinemos respecto diso que, se un pequeno virus, sen propoñerllo porque carece de conciencia, é capaz de afectar de tal maneira a vida social dun país, que non sería capaz de facer voluntariamente e con toda a súa forza de coacción despregada, un imperio, o máis violento e poderoso da historia, se se propuxese desencaixar a un pobo e rebentar a súa cotiandade para dobregar o seu ánimo e facelo render?

Pois iso, e non outra cousa, é o que lle ocorre a Venezuela, que non só debe atender a pandemia como os demais países, por certo con notable éxito até o de agora, senón que ademais ten que facelo mentres sofre na súa carne desde hai varios anos a experiencia da cruel guerra de novo tipo deseñada e posta en práctica pola elite norteamericana, coa complicidade vergoñosa dos poderes europeos. Guerra total que significa ataque mediático coordinado, brutal bloqueo económico, comercial e financeiro, intento de cerco diplomático, imposición de medidas coercitivas unilaterais, ameazas constantes de invasión, terrorismo e paramilitarismo organizado, planificación e execución de magnicidios, saqueo dos seus bens e contas no exterior, persecución contra os seus líderes e o seu goberno, e pare vostede de contar. Todo iso para lograr, como dicía máis arriba, esnaquizar até o límite do imaxinable a súa cotiandade co obxectivo de lograr a doma e castración da súa xente, cousa que non lograron nin lograrán xamais porque se algo lle sobra ao pobo de Venezuela é conciencia, dignidade e espírito de loita.

Pero fagamos o exercicio de imaxinalo nós por un momento. Imaxinemos a crueldade deste ataque contra a vida cotiá dun pobo, e as súas consecuencias reais, a partir de nosa propia experiencia destes días desde a declaración de alarma.

Imaxinémolo. Terrible asunto verdade? Pois é real no caso de Venezuela. E o peor de todo é que nestes momentos de grave pandemia xeneralizada, non só non alivian a presión senón que aproveitan para recruala, violentando as leis internacionais e, por suposto, atentando, eles si, contra os dereitos humanos individuais e colectivos. Unha acción criminal en toda regra que debería avergoñar as sociedades dunha Unión Europea que presume de avanzada, civilizada e democrática.

Chegados aquí, e de acordo ao que vin expoñendo, permítome solicitar o voso apoio a Venezuela, para esixir que cesen as mal chamadas sancións, non contempladas no dereito internacional.

Penso tamén que, en termos prácticos, unha boa maneira de manifestar esa solidariedade, sen descontar por suposto as expresións individuais de respaldo, é a través de comunicados das agrupacións sociais, culturais, deportivas, gremiais, veciñais, colectivos de intelectuais e artistas, asociacións, sindicatos, movementos e partidos aos que pertenzamos.

Poño o meu correo persoal á orde para recibir esas comunicacións de apoio a Venezuela e tamén a nosa querida Cuba, dúas nacións irmás referencias de dignidade. Grazas anticipadas. farrucosesto@gmail.com

*Farruco Sesto Novás foi ministro de Cultura do goberno venezolano e milita no Partido Socialista Unido de Venezuela.

“A humanidade conmóvese ante a miseria moral de Trump” (Salim Lamrani)

Berenice Sobral – Miami – Terra Sen Amos

Mandar un comando naval as augas de Venezuela sitiada ou aumentar o bloqueo de Cuba que loitan por se defenderen do Coronavirus, é a maneira de dialogar co mundo de Trump que, simultaneamente, estende, por primeira vez na historia, o estado de excepción a todo o territorio federal pola pandemia. Salim Lamrani, notario atento do Bloqueo, di que a humanidade conmóvese ante a falta de escrúpulos e a miseria moral do actual xefe da Casa Branca, que no canto de adicar todos seus esforzos e recursos a atender as vítimas da pandemia, prefiere facer a vida imposíbel a Cuba e Venezuela sitiadas. Hai quen dá o nome de asalto á razón o proceder da presidencia estadounidense, mentres outras voces ven no proceder de Trump a reacción violenta dun imperio en decadencia.

O ensaista Ariel  Dorfman, por exemplo, chama a Trump ignorante, mendaz, matón, racista e machista que celebra a predación da natureza; o historiador Max Boot, avisa nas páxinas de The Washington Post que coa súa catastrófica xestión fronte o Coronavirus, o titular da Casa Branca merece o título de peor presidente na historia dos Estados Unidos; The New York Times, di que mentres o mundo contén a respiración fronte a pandemia, o alarde militar súmase a una serie de decisións erráticas na política dos EUA contra Venezuela. O influinte Bill Gates, recorda que axudar aos demais no medio dunha emerxencia sanitaria non é só o que se debe facer senón o verdadeiramente intelixente, xa que, nunha pandemia, a cura dos demáis representa a garantía da propia salvación mentres que o maltrato a terceiros volveráse antes ou despois contra quen o produce.

O centenário The Atlantic, de Boston, explica que durante a a Recesión de 2007 a 2009, a economía sufrira unha perda neta de aproximadamente nove millones de empregos, no entanto a recesión da pandemia nos EUA propiciara en dúas semanas case 10 millóns de parados. The New York Times calcula que o paro xa é  do 13%, a cota máxima da Gran Depresión, hai 80 años.

The Atlantic dí que Taiwán, Singapur, Canadá, Corea do Sur, Xeorxia e Alemania atenderon a Pandemia con máis eficiencia e sufrirán muito menos. Corea do Sur e Estados Unidos descobreron os seu primeros casos no mesmo día. Corea do Sur rexistrara 8 de abril 200 falecidos o que significaba catro mortes por cada millón de habitantes; a dos EUA é seis veces peor.

En Trump súmanse a incapacidade de George W. Bush e a corrupción de Nixon, engade Max Bott no seu artigo do Washington Post, ao comentar a decisión do presidente de cesar ao director do sistema de información dos EUA como vinganza por ter revelado o seu intento de extorsión na Ucraína.

Para Lamrani é un insulto o matonismo do goberno dos Estados Unidos con un país como Cuba que extrema a súa conducta solidaria máis unha vez durante a pandemia actual. “Cuba -dí- ilustra a comunidade internacional sobre os principios que deberan imperar nas relación entre países: a solidariedade, a axuda mutua, o altruismo, a cooperación, o respecto da soberanía e a non intromisión nos asuntos internos”

Ex presidentes de 70 paises dirixen ao G20 unha proposta solidaria contra a pandemia, a crise económica e o bloqueo

Lorcan Collins – Nova York

Ex­‑presidentes e ex­-primeiros ministros de 70 paises, a beira de personalidades da economía e do dereito internacional, reclamaron na terza feira dia 7, en carta dirixida ao G20, unha resposta global contra a pandemia e medidas conxuntas para atenderen a prevista crise económica. A idea principal do manifesto é que non haberá solución para a emerxencia económica en portas sen resolver a crise sanitaria que non terá remate até non garantir a recuperación do Covid-19 en todos os paises. Para atender este cadro, reclaman a aprobación urxente dun fondo de emerxencia sanitaria de 8.000 millóns de dólares que será empregado para evitar unha segunda onda do Coronavirus asi como a amnistia de 44.000 millóns de dólares en demora de paises africanos. A urxente intervención internacional contra a pandemia, implica a superación das sancións vixentes de EUA, UK, UE e Canadá contra oito paises e a entrega da dirección da emerxéncia global a OMS.

Algúns dos asinantes da carta, participaran nesta xuntanza do G20 en 2009 en Londres.

Tanto o acordo dos asinantes de responsabilizar a OMS da administración do fondo de emerxencia contra a pandemia, como a evidente conversión do andacio en obxectivo superposto ao intervencionismo imperial, produciron alarma nos EUA que, sen citar a importante Carta ao G20, ameazaron duas horas despois con retirar a contribución de Washington a Organización Mundial da Saúde.  

Mália a relevancia dos asinantes, o documento non foi considerado de interese polos principais diarios dos EUA. Entre as persoas que endosan a proposta están o ex presidente da UE, Romano Prodi, os que foran primeiros ministros da UK, Gordon Brown, Tony Blair e John Major, o ex­-presidente Zapatero, o ex­-secretario xeral da ONU Ban Ki Moon, o que fora presidente  da UE, Romano Prodi e ex­-xefes de Estado de Irlanda, México, Colombia, Letonia, Polonia, Grecia, Panamá, Uruguai, Arxentina, Liberia e Italia, entre outros.

O 6 de abril, véspera da publicación da carta, o xefe da diplomacia da UE, Josep Borrell, pedira a exención humanitaria das sancións impostas contra Irán, Cuba, Venezuela, Siria e Corea del Norte para estas nacións poideren se centrar no combate contra a pandemia. Borrell non mencionou a Rusia, tamén obxecto de bloqueo de parte da UE, os EUA e Canadá, nin recordou Nicaragua ou a franxa de Gaza, sen medios para trataren os casos de coronavirus a primeira e a segunda en estado de sitio.

Dous dias antes, Estados Unidos, a UE, UK, Ucraina e Xeorxia bloquearan na ONU a proposta de Rusia para a Asemblea Xeral se solidarizar cos paises bloqueados e reclamar que lles fosen retiradas as sancións e poideren loitar sen interferencias contra o Covid-19. En virtude desta declaración solidaria da ONU, os Estados colaborarían entre eles e coa OMS. A teima bloqueadora imperialista foi cualificada na Asemblea de crime de lesa humanidade que despreza o Consello de Seguridade da ONU e manifesta unha submisión sen límites aos designios do goberno de Trump.

Sen dúbida, Cuba!

EUA negoulle atraque ao Braemar; Cuba acolleuono e prestoulle axuda.

Eddy Jiménez – Terra Sen Amos

En tempos de Covid-19, camións-cisternas con canóns de auga valen indistintamente en Latinoamérica para reprimiren manifestantes e para limpar rúas; en Cuba temos un problema: non che hai eses vehículos pois levamos máis de sesenta anos sen reprimir manifestacións.

De noite, resoan concertos de tixola nas cidades latinoamericanas en protesta por os gobernos desatenderen a saúde no medio do andacio; mais asi que chegan as nove da noite, en Cuba aplauden aos traballadores da saúde cubanos que, a máis de na illa, combaten contra o Covid-19 en quince países, á maiores dos máis de vinte mil que asisten enfermos en case todos os continentes.

Polo mundo adiante, asusta ver tropa militar nas rúas; en Cuba os hospitais militares atenden doentes e fan probas a quen presenta sinais de contaxio.

O trasatlántico británico MS Braemar , sen ter quen lle dese un porto de atraque, nin sequer  nos do poderoso veciño estadounidense e navegando con cinco persoas abordo diagnosticadas de Covid-19 e dúcias de sospeitosos de padeceren o virus, entrou no porto cubano de Mariel. Cuba non preguntou quen eran os viaxeiros millonarios e quen os humildes traballadores do trasatlántico; todos, por igual, foron auxiliados e transladados ao aeroporto, no medio de efectivas medidas sanitarias.

Case ao tempo destes feitos, varios aeroportos do Caribe negáronlle permiso para repostar a un avión da compañía alemá Condor,  que cubría un vóo humanitario de repatriación, con 221 pasaxeiros, dende Managua, Nicaragua, cara a Francoforte. Había ser a miña Cuba, en tempos de pandemia, a que lle dese pista e asistencia no aeroporto de Holguín para poder seguir rumbo seguro cara ao seu destino.

Nunca se poderá saber cantas persoas salvaron a vida no mundo grazas ao Interferón Alfa 2B Humano Recombinante, medicamento antiviral creado en Cuba e producido na nosa Illa e na China con tecnoloxía cubana, un dos fármacos máis utilizados contra o Covid-19, solicitado por máis de 45 países.

Millóns invisten as autoridades estadounidenses para desinformar sobre a realidade cubana, e, arestora, para desvirtuar e denigrar o apoio que brindamos, sen distingo ideolóxico, a calquera país que o solicite. Chegan até o cinismo de ameazar aos que piden axuda médica a Cuba. Dá noxo!

Cuba entende que salvando sálvase. É ese noso histórico sentir, non de agora senón dende o século XIX.

Non é meu propósito entrar en disquisiciones políticas; só digo que me sinto orgulloso de ser cubano. Se outravolta me desen escoller o sitio onde nacer, resoltamente e axiña, berraría: “Sen dúbida, Cuba”!

*Eddy Jiménez, xornalista e escritor cubano, amigo de Galiza.