Brigada solidária medioambiental a Guamá (Santiago) e La Lisa (Habana) en xullo

Terra Sen Amos – Redacción

O Poder Popular de Guamá (Santiago de Cuba) e La Lisa (Habana) organizan con Sodepaz para a primeira quincena de xullo, unha brigada solidária de agroecoloxía, enerxías renovábeis e traballlo comunitário. O programa comezará con sete días en Guamá para participar no traballo medioambiental de conservación dos manglares e a producción de enerxías renovábeis para a sanidade, a vivenda, a agricultura e a administración municipal. Nos sete días seguintes, a brigada intervirá no traballo comunitário do popular barrio habaneiro de La Lisa, nas áreas de cultura, desenvolvimento local e economía solidária. Durante o tempo na área rural de Guamá, o aloxamento será nun hotel de beiramar e na Habana en casas particulares. Máis información e inscrición no seguinte enlace
http://www.viajes.sodepaz.org/travel/cuba-agroecologia-y-trabajo-comunitario/show

A vizosa beiramar de Quiebra Seca (Guamá) accédese por unha estrada de area entre o Caribe e a Serra Maestra.
A vizosa beiramar de Quiebra Seca (Guamá) accédese por unha estrada de area entre o Caribe e a Serra Maestra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *