Cuba precisa urxentemente axuda para afrontar os estragos producidos polo furacán Oscar na provincia de Guantánamo e a Zona Oriental.
Perdéronse 7 vidas humanas, vivendas, colleitas de café, plátano e hortarizas, estradas e rede eléctrica, instalacións produtivas e equipamentos médicos e escolares, entre outros. As bategadas estragaron casas de centos de familias que ficaron sen bens, aveños e pertenzas. En San Antonio del Sur, estragouse o 50% do equipamento seu policlínico.
Chamamos á vosa xenerosidade para xuntar fondos que permitan adquirir axuda de emerxencia.
Podedes facer o voso ingreso na conta da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil, co concepto AXUDA GUANTÁNAMO: ES67 2080 5000 6730 4019 4383
Cuba recoñeceu o valor solidário dunha marcha que concentrou en Nova York unha fileira de cartaces contra o ilegal bloqueo no que terman por máis de 60 anos 26 gobernos da Casa Branca. Os lemas coreados recibiron voces de apoio dende as beirarrúas dunha das cidades dos EUA con maior porcentaxe de veciños procedentes do Caribe e do Continente Sur.
A coalición Cuba Si , de Nova York, reclamaba o fin da guerra económica dos EUA contra Cuba con cartaces condenatorios da campaña da Casa Branca que combate con mentiras o voluntariado sanitario internacional cubano. OPartido polo Socialismo e a Liberación participou co lema O mundo está con Cuba: rematemos co Bloqueo: a marcha repartiu voandeiras con caracteres en contratipo de ollo ancho co lema Cuba is not alone (Cuba non está soia)
O ministro de Relacións Exteriores de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, recoeceeu a importancia da concentración solidaria na véspera de a Asemblea Xeral das Nacións Unidas votar a resolución contra a intromisión e cerco imperial que, a maiores, dende o derradeiro mes do goberno de Trump, mantén Cuba arbitrariamente nunha funesta lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo.
O comité Manos Fuera de Cuba da cidade de Los Ángeles, convoca unha marcha para sumar as protestas contra o bloqueo. Para o fin de semana, están previstas manifestacións en más de 65 países e en 35 ciudades dos EUA.
A carta publicada no diario The New York Times reclama a Joe Biden, presidente dos EUA, pór fin, nos seus últimos 90 días no cargo, a brutal política contra Cuba do seu antecesor, Donald Trump, que fai que a illa padeza simultaneamente unha grave crise enerxética e o recente impacto do furacán Óscar. A misiva chega aos lectores do diario por iniciativa de The People’s Forum. O escrito recorda que hai dez anos, o presidente Barack Obama abrira un novo e esperanzador capítulo nas relacións entre os EUA e Cuba ao dar algúns pasos cara á normalización.
A carta está aberta á firmas de todo o mundo na Internet, e transmite a gravidade do malpasar da poboación cubana fronte a consecuencias coma a caída do sistema eléctrico nacional que ven acrecentar o mal inflinxido polo bloqueo estadounidense que dura máis de 60 anos.
O estado de sitio impide ao país comprar combustíbel, acceder a bens esenciais e obter repostos para a súa rede eléctrica, deixando a millóns de persoas ás escuras – sinala a denuncia-, mentres as seis décadas de bloqueo prexudicaron a balanza de Cuba en máis de 164 mil millóns de dólares e en perdas que superan os cinco mil millóns de dólares só no último ano (marzo do 2023 a febreiro de 2024) mentres os EUA fican sós na Asemblea Xeral da ONU contra o mundo que condena esta política.
Recorda que o sambenito de Estado Patrocinador do Terrorismo lanzado sobre Cuba por Donald Trump, aumentou un bloqueo de seis décadas con máis de 243 novas sancións o que “representa unha monumental inxustiza deseñada para crear escaseza aguda, facendo imposíblel que o pobo cubano acceda a alimentos, medicinas e combustíbeis esenciais”.
Os asinantes da carta recordan a Biden que “nos 90 días restantes do seu mandato, ten a capacidade de arriar estas criminais medidas herdadas de Trump, e continuadas pola súa propia presidencia por tres anos e nove meses, feitos concretos que causan dano irreversible ao pobo de Cuba, non só ao goberno”.
A eliminación da condena de Estado Patrocinador do Terrorismo “permitiría a Cuba realizar transaccións financeiras, restaurar a súa rede eléctrica e mesmo abordar a escaseza de alimentos e medicinas para aliviar as inmensas dificultades que enfronta o pobo cubano, que soportou máis de 62 anos de dificultades económicas baixo o embargo (bloqueo)”Este apagamento devastador é só un aspecto do legado de Estados Unidos de provocar o sufrimento na illa a través desta política de asfixia”.
A carta reitera a elemental esixencia de anular a brutal política de Trump e recorda que “non é demasiado tarde para facer o correcto e cambiar esta realidade cunha simple firma: é hora de actuar. Que Cuba viva!”.
Hoxe, 24 de outubro, Cuba traballa por volver a normalidade do subministro eléctrico logo da desconexión total que causara problemas en toda a illa o pasado 18 de outubro.
O presidente de Cuba dirixiuse á prensa ao concluír a reunión de análise que o goberno ven realizando dúas veces ao día como parte do seguimento da emerxencia eléctrica e do furacán Oscar , virado en tormenta tropical sobre as provincias orientais. Sobre a rede eléctrica, sinalou que a partir da madrugada de Segunda e logo de terse producido a terceira entrada en perda da rede, o Servicio Eléctrico Nacional (SEN) realizou unha revisión integral do sistema eléctrico en función da capacidade de produción, da experiencia da dirección técnica e da información aportada polas equipas de intervención e de mantemento e das termo-eléctrica así como da lectura dos rexistros das sucesivas caídas de subministro.
Diaz-Canel falou dun un avance con máis dun 36% do subministro eléctrico restablecido, funcionando con unha estabilidade que asegura a progresiva extensión do servizo. Apuntou que na Habana hai máis dun 90 % do servizo recuperado mentres se traballa por incrementar os niveis no resto do país, así como para atender especialmente a problemática das provincias orientais que están baixo a influencia do furacán Óscar.
“Imos a dous momentos en relación á emerxencia eléctrica: un primeiro momento de superación da emerxencia e o paso a unha etapa de manexo dos déficits que nos quedarán, que era a situación que estabamos a vivir antes do primeiro proceso de desconexión; a dispoñibilidade de combustibeis que un grupo de xestión interesou en países amigos, permitirannos pasar a condición de ir diminuíndo gradualmente os déficits de xeración, malia termos enfronte unha tarefa de envergadura nas condicións económicas e financeiras que atravesa o país”. Na loita contra as adversidades das últimas semanas, o presidente referiuse con orgullo “a comprensión e comportamento do pobo cubano e, nomeadamente á solidariedade entre veciños e comunidades, e para facilitar os traballos que se están facendo, tanto para estabilizar o SEN como para enfrontar o furacán”.
Gabóu o presidente a entrega do persoal do SEN, que traballa ao límite para dar feito en menor tempo a subministración estabel de enerxía á poboación. “En todos apreciamos o degaro de levar á poboación a unha mellor situación”.
Así mesmo resaltou a disposición dos cadros do Partido, do Estado, do Goberno, as administracións, o sistema empresarial e as organizacións de masas “que en miles están nos lugares con máis complexidade e atendendo á poboación”.
Ao describir o contraste con esta determinación de unidade para superar a adversidade, o presidente referiuse a “actuacións que procuraran provocar alteracións da orde pública con feitos vandálicos e alteracións da tranquilidade cidadá do noso pobo; a orientación destas actuacións indecentes procede dos operadores da contrarrevolución cubana dende o exterior, e nunca a Revolución vai tolerar este xénero de condutas”.
Venezuela expresou hoxe a súa absoluta solidariedade e apoio incondicional a Cuba, mentres a illa lida contra unha caída do sistema eléctrico por causa dunha avaría na central termoeléctrica Antonio Guiteras, de Matanzas. Para o goberno bolivariano esa situación é consecuencia da “cruel intensificación da guerra económica e acoso de parte do goberno dos EUA contra Cuba a través da aplicación dun cerco económico, financeiro, comercial e político e da diaria procura conspirativa dunha paralización do sistema de produción de enerxía que poda inzar o descontento.
Sendo a conversión térmica a partir de hidrocarburos o sistema herdado de xeneración de enerxía de Cuba, o goberno socialista procura dende hai anos a diversificación de fontes e a sincronización integral do sistema con resultados positivos, incomparábeis no continente.
A República Bolivariana ten acudido a todos os esforzos, que de maneira heroica realiza o goberno e o pobo de Cuba, por mitigar os impactos das criminais e medidas coercitivas unilaterais, que buscan o castigo colectivo. Venezuela coida que o cerco enerxético a Cuba “representa un crime de lesa humanidade en contra da valerosa nación revolucionaria” e ao tempo recorda que Cuba conta “con todo o apoio da Revolución Bolivariana para enfrontar esta situación e superala, como ten a certeza de que así vai suceder”.
O Goberno bolivariano exhortou á comunidade internacional, especialmente á latinoamericana e caribeña, a mobilizarse en apoio a Cuba e condenar de resoltamente o bloqueo. Nese sentido, esixiu o retiro inmediato de Cuba da infausta lista unilateral de países acusados polos EUA de apoiaren o terrorismo, falso cartaz de Nacións Inimigas da Humanidade que agrava o bloqueo e encirra as dificultades económicas.
Nun recente artigo publicado en Resumen Latinoamericano, Raúl Capote, experto crítico da longa conspiración imperialista contra Cuba, ironiza cos inxenuos defensores da privatización, predicada polos media da Contra que idealizan os servizos da Compañía Cubana de Electricidade, a mesma empresa colonial de marca gringa que cobraba prezos astronómicos e tiña a metade da poboación de Cuba non con apagamentos, senón na escuridade de por vida, sobre todo no medio rural.
“Se queren –di Capote- poden preguntar en Porto Rico por LUMA ENERGY e os tremendos apagamentos que producen dende hai anos, pola cobiza rentista da empresa privada, ou vaian a Ecuador para saberen de apagamentos de máis de 10 horas, malia estaren libres de guerra económica e do bloqueo”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"