Iroel Sánchez – Trabajadores
PayPal, primeiro sítio de pago por Internet do mundo, foi adquirido no 2002, pola empresa de poxas por vía dixital eBay. No seu sítio electrónico, eBay acredita PayPal como via rápida e segura para mercar e vender e garante a privacidade absoluta das tarxetas e contas bancárias; o vendedor recibe logo o pago e a merca chega antes ao comprador; a garantía do importe das trasaccións, non ten teito de gasto. Mais na realidade, PayPal non semella corresponder ao que di eBay: máis de 100 compradores de entradas a médio desa plataforma, recibiron de volta os seus xiros. Querían ver para fins deste mes en cines alemáns o documental de 120 minutos Havana Moon-The Rolling Stones Live in Cuba (Lúa da Habana: os Rolling en vivo dende Cuba) reportaxe sobre o concerto da banda inglesa en Marzo na Habana. Na explicación de Sabrina Winter, voceira de PayPal, “o mesmo título do documental é para nós unha proba de violación do Embargo e por iso emprendemos unha investigación integral do obxecto da compra”.
Máis claro: o emprego das palabras Habana e Cuba bloquea calquera transacción. Da prometida investigación integral pódese esperar calquera cousa, á luz das revelacións do ex-analista da espionaxe estadounidense Edward Snowden. O conto non é novo: hai meses PayPal bloqueara unha conta do intermediário Proticket por vender entradas para o espectáculo musical Soy de Cuba. O Tribunal Rexional de Dortmund, Alemania, obrigou PayPal a liberar a conta baixo ameaza dunha multa de 250 mil euros. A xurisdicción era alemá e non dos EUA, precisaba a sentenza. No caso do documental dos Stones, non hai até o de agora novas de reclamación ningunha dun medio de comunicación, agás a do diario Suddeutsche Zeitung.
Dezaseis de marzo pasado, na véspera da súa visita a Cuba, o presidente estadounidense anunciou un feixe de medidas que aliviarían o bloqueo nos pagos de Cuba en dólares. Esperando ainda a concreción desas medidas, recordamos que as trasaccións bloqueadas por PayPal son en euros. No seu discurso no Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, Obama animou os cubanos a utilizaren Internet, mália que os que tenten usar dende a illa os sitios de PayPal e eBay, recibirán por resposta Access Denied (acceso denegado) como sucede con outros moitos sítios cando se pretende entrar desde Cuba.
Os que si se concretaron logo de Obama pisar terra cubana, son os atrancos contra un grupo de solidariedade con Cuba como Pastores pola Paz, ao que retiraron a condición de organización non lucrativa para esixirlle o pago de impostos, algo que non fixo nin a administración de George W. Bush nos peores momentos das súas non relacións co Goberno cubano, contra unha entidade que leva décadas aplicando o que a Casa Branca di é a súa consigna para relacionarse con Cuba: People to People. Tamén avanzou o emprego de Internet con fins subversivos, como denunciara a directora xeral de Estados Unidos do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba, Josefina Vidal, a raíz dun evento que comezou luns 12 de setembro en Miami, organizado pola gobernamental Oficina de Transmisións para Cuba (Radio e Tv Martí) que busca aproveitar a ampliación do acceso á rede na illa para, con diñeiro do contribuinte norteamericano, fomentar obxectivos inxerencistas.
Non é doado, dixo o presidente Obama nunha das súas aparicións no programa humorístico da televisión cubana Vivir del Cuento, con todo non aclarou se facia referéncia a levar á práctica o que anunciou, como sucedeu noutros temas durante a súa presidencia (campo de torturas en Guantánamo, reforma de saúde, reforma migratoria), ou ao que provoca a moitas persoas en todo o planeta a súa ambivalente política cara a Cuba