Ex oficiais dos servicios de información dos EUA advirten a Trump dunha catástrofe se tenta invadir Cuba

VIPS 28 de maio de 2026, publicado por Consortium

A Asociación de Veteranos do Departamente de Responsabilidade dos Servicios da Informanción dos EUA (VIPS, nas siglas inglesas) remitira 28 de maio ao titular da Casa Branca unha advertencia de extrema responsabilidade que recomenda evitar por todos os medios a intervención militar anunciada por Trump e intensificada co anunciado propósito de catástrofe para o pobo de Cuba, por Marco Rubio, ministro de Estado. Rubio nacera na Florida de pais cubanos que emigraran antes da Revolución, unha circunstancia que non lle impide presentarse como mártir do governo lexítimo de Cuba contra o que promete revancha . Os homes e mulleres veteranos do VIPS afirman que no caso de convertiren en realidade o anunciado ataque contra Cuba, o dano será elevado e indiscriminado para a pobo de Cuba e a derrota dos EUA será segura.

Consortium ODT publica a advertencia dos ex-oficiais do servicio de información exterior dos EUA sobre o previsto catastrófico fracaso da invasión de Cuba anunciada por Trump. Na fotografía acompaña a Trump parte do gabinete de Presidencia (Exteriores) que dirixe Marco Rubio, no insólito papel do primeiro ministro de Estado da historia dos EUA que só se ocupa de Latinoamérica.

Os VIPS lembran que as relacións dos EUA con Cuba nunca foron boas, nin sequer antes do trunfo de Fidel Castro no 59. Washington nunca dera sinal de entender a profundidade do orgullo nacional do povo cubano e o seu fondo anceio de soberanía, nin a súa cultura de respecto polas institucións propias. O respecto cubano polo seu governo que encarna a representación colectiva, é tan grande que mesmo os cubanos que arelan un cambio darán un paso a fronte para defenderen a súa bandeira se houber un ataque dende fóra.

O padecemento actual do pobo cubano é certo mais os informes que alegan un amplo apoio popular ás sancións dos EUA e mesmo a unha intervención militar, son opinión interesadas de quen están ao soldo do goberno dos EUA. No falso dilema entre vivir baixo o goberno actual con sancións de presión extrema de parte dos EUA, ou viver baixo un novo sistema, habería quen optase por un cambio. Con todo, os partidarios dese cambio non confían nos Estados Unidos. Un bloqueo de 65 anos e as sancións en curso que impiden o comercio de petróleo producen na opinión radical desconfianza contra os EUA.

A arrogancia das Ordes Executivas do 29 de xaneiro e do 1 de maio, de parte do governo dos EUA nas que alegan que «as políticas, iniciativas e accións do Goberno de Cuba constitúen unha ameaza insótila e extraordinaria para a seguridade nacional dos Estados Unidos, confunde a realidade con imputacións de natureza política. Estas narrativas son na súa maioría falsas.

  • Cuba procura evadir as sancións dos EUA (como faría calquera país para sobreviver) e recibe axuda de varios países, mesmo que esa solidariedades non poida estar, por causa do cerco, a altura do prometido e cualificar esa axuda exterior coma “ameaza para os EUA” carece de sentido. Esixirlle máis transparencia ao conxunto empresarial GAESA da defensa cubana e non querer admitir unha obrigada reserva fronte as agresivas operacións e sancións da espionaxe dos EUA.
  • Dende 1992 alomenos, o goberno dos EUA non ten proba de Cuba proporcionar apoio operativo, loxístico ou de formación a ningunha organización cualificada como terrorista polos EUA. Ampliar a definición de “terrorista” para incluíren un par de fuxitivos da Lei estadounidense semella hipócrita.
  • A análise do derribo dos dous avións cubano-americanos cando saían do espazo aéreo cubano 24 de febreiro de 1996 mostra claramente que a acusación contra o expresidente Raúl Castro a semana pasada non está soportada en feitos comprobados.
  • O governo dos EUA non pode probar que China e Rusia estean a operaren “bases de espionaxe” de sinais en Cuba dirixidas contra os EUA. Como ben coñece o funcionariado da expionaxe dos EUA, Rusia abandonou as súas principais instalacións despois da caida da URSS e nunca houbo iindicios de instalacións chinesas.
  • Por moito que a polémica sobre os supostos “ataques sónicos” ou “ataques de microondas” contra persoal estadunidense se manteña viva nalgúns departamentos non hai probas nos últimos nove anos que xustifiquen a acusación dos EUA dun papel cubano en tales ataques na illa.
  • As operacións encubertas no marco dos programas de “promoción da democracia” ou de cambio de réxime dos EUA xeran opinións no electorado estadounidense, polo que a imaxe resultante é enganosa. Recomendamos revisar estas actividades encubertas e, no caso de aprobalas, que veñan respaldadas por un Ditame Presidencial e nunha Notificación Oficial do Congreso. Os arquivos proban que os informes ao presidente Kennedy mentiron sobre a oportunidade do ataque a Baía de Cochinos e que os analistas da CIA non se deron por enterados.

Cando a Administración (dos EUA) acumula informes de espionaxe aèrea sobre Cuba e de movementos de barcos arredor da illa, o que está a facer é revelar o propósito dunha intervención militar. A dotación do exército cubano é regular pode carecer mesmo de elementos básicos mentres a doutrina cubana da “Guerra de todo o pobo” pode parecer inxenua. Cuba reaccionará co equipo convencional que teña e poida conseguir, se cadra incluso drons, en defensa do seu governo e de posicións críticas.

No entanto, o colapso do réxime anunciado polos EUA e a ocupación ou imposición externa dun goberno serán un fracaso memorábel. As mesmas persoas que conservan os Chevrolets do 57 na estrada, causarán estragos contra un réxime imposto polo estranxeiro. As declaracións da administración revelan unha sabia desposición a manter as botas estadounidenses fóra do chan, mais é compre saber que os homes e mulleres nacionalistas de Cuba socavarán arreo calquera sistema que impoñamos. Calquera destes escenarios determinarán presións migratorias catastróficas.

Contan na prensa que os EUA manteñen unha presunta “negociación” cun neto do expresidente Raúl Castro, que non ocupa ningún cargo oficial en Cuba. Certo ou non, o que a nosa experiencia con conflitos en todo o mundo revela é que as conversas cunha pistola apuntando á tempa non merecen o nome de negociación. A coerción estadounidense contra Cuba fracasa dende hai máis de seis décadas. Negociar sen bloqueos, expedientes políticos basados na realidade e interlocutores con representatividade inequívoca, poderían producir resultados diferentes.

  • Fulton Armstrong, ex-oficial de Intelixencia para América Latina (retirado)
  •  Marshall Carter-Tripp , ex-uncionario do Servizo Exterior; director de área da Oficina de Intelixencia e Investigación do Departamento de Estado ou ministerio de Exteriores.
  • Philip Girald , antigo oficial de operacións da CIA.
  • Matthew Hoh ,ex-capitán do USMC de Iraq e oficial do servizo exterior de Afganistán (asociado de VIPS)
  • Jim Jatras , ex-funcionario do Departamento de Estado dos Estados Unidos e ex-asesor de política exterior da dirección do Senado (asociado de VIPS)
  • Larry Johnson ex-oficial de intelixencia da CIA e ex-funcionario antiterrorista do Departamento de Estado.
  • John Kiriakou exoficial de contra-terrorismo da CIA e ex-investigador principal do Comité de Relacións Exteriores do Senado
  • Karen Kwiatkowski , ex-tenente coronel das Forzas Aéreas dos EUA; destinado a fabricación de mentiras sobre Iraq, 2001-03 na Oficina do Secretario de Defensa
  • Ray McGovern ex-oficial de infantería/intelixencia do exército estadounidense e analista da CIA; informador presidencial da CIA
  • Elizabeth Murray , ex suboficial de intelixencia nacional para Oriente Próximo, Consello Nacional de Intelixencia; analista política da CIA (xubilada)
  • Scott Ritter, ex-comandante do Corpo de Marines dos EUA, ex-inspector xefe de armas da ONU en Iraq
  • Coleen Rowley, axente especial do FBI e antiga asesora xurídica da División de Minneapolis.
  • Lawrence Wilkerson, coronel do exército dos EUA, retirado; profesor visitante distinguido, do College of William and Mary (asociado da VIPS)
  • Sarah G. Wilton , CDR, USNR, /DIA, (retirada))
  •  Robert Wing , ex-funcionario do Servizo Exterior (asociado da VIPS)
  • Ann Wright , coronel do exército dos EUA (xubilada); oficial do servizo exterior (dimitira en oposición á guerra contra Iraq)

Comunicado da VIPS traducido a Galego para TSA por Rachel Codesedo, profesora de literatura inglesa no Wilton College de Florida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *