Razones de Cuba – TSA
A páxina web da Embaixada dos EUA en Cuba ven de lanzar o que cualifica de novo e nobre propósito e que aparece identificado como Fondo de Emerxencia para Medios e Creadores de Contidos Independentes. Como en circunstancias previas, os contidos independentes identifícaranse en todo caso non pola súa ecuanimidade e precisión senón por seren claramente contrarios ao goberno lexítimo de Cuba e estritamente comprometidos co bloqueo que pratica dende hai 62 anos o goberno dos EUA contra a illa. A Embaixada do goberno Biden explica que o seu plano é novo e nobre, mália consistir nun reparto de 68.800 dólares procedentes dos orzamentos de contaminación política exercitados contra Cuba dende 1960. Os dólares desta partida serán entregados a cambio de imaxes e escrita que expliquen os problemas actuais de abastecimento en Cuba coa condición de non citaren nunca que son diretamente provocados polo cerco económico e político dos EUA e polo feito de ter o goberno de Washington incluido Cuba nunha arbitraria e difamante lista de paises promotores do terrorismo, publicamente desautorizada pola ONU.
Un plano de intoxicación informativa ideado polo goberno de Biden para sobornar medios independentes e producir textos que cheguen a persoas con con discapacidades, de xeito que poidan aumentar a súa participación na oposición. O fondo pagará telefones celulares e a consolidación de redes para promover valores democráticos e producir información estatística dos resultados desta campaña que asignan o obxectivo de difundir a opinión de que o Goberno de Cuba carece de recursos para resolver os problemas da illa un método que se ten repetido en todas as chamadas revolucións laranxa.
Fin preferente deste que chaman nobre propósito, son as mulleres, afrocubanos, creadores LGBTQI+ e outros sectores de poboación que o goberno da beira N da canle da Bahama cualifica de tradicionalmente desatendidos. Non negan o seu interese en penetrar en sectores poboacionais supostamente vulnerabeis co obxectivo de produciren fragmentación social. Mália recoñecer que con este plano a embaixada procura promover os obxectivos da política exterior dos EUA en Cuba, o fondo especifica cinicamente que non poderá ser empregado para financiar actividades políticas.