Os mesmos que acusan a Cuba e Venezuela de censurar, celebran a incautación de TV3 e Catalunya Radio

Ivana Belén Ruiz – José Manzaneda, Cubainformación TV.

Os grupos mediáticos do capital no Estado Español celebran a intervención policial de TV3 e Catalunya Radio, medios públicos cataláns. Os media gobernados polos grupos económicos dominantes, incluidas as emisoras públicas de base radial en Madrid, denuncian ao mesmo tempo que a información en Cuba e Venezuela carece de liberdade, mais eses mesmos medios aseguran que o embargo dos medios públicos cataláns polo goberno de Madrid ten por obxectivo asegurar a pluralidade informativa.

Traballadoras de TV3 analisan en asemblea a intervención da emisora polo goberno español.


Dinque o obxectivo da incautación de TV3 e Catalunya Radio   é garantir a pluralidade de información. Vaiche boa. Un sondeo medira en 2014, o degrao de pluralidade dos distintos medios, na altura da primeira consulta de independencia, promovida polo Goberno catalán. O faladoiros da canle pública Televisión Española deron unha  proporción de 20 a 0 a prol dos que opinaban contra a independencia de Catalunya. No resto de televisións públicas e privadas con sé en Madrid, as cifras foron semellantes. Pola contra, en TV3, canle pública catalá,  a información recoñecia o dominio dos independentistas, só cunha  proporción de 14 a 11.

Eis o modelo de pluralidade que o Goberno e os media dominantes españois amosan ao falar de Catalunya e Venezuela.

Por certo, leron nalgún destes media dominanntes que o chavismo ven de arrasar nas recentes eleccións rexionais? Non? Será acaso outro exemplo da pluralidade informativa?

http://www.cubainformacion.tv/index.php/en-portada/76809-Interviene-los-medios-el-gobierno-de…-%C2%BFVenezuela-o-Espana

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *