José Ernesto Nováez Guerrero
Washington e os seus aliados esperan dende hai décadas resultados das sancións de castigo para países aos que acusan de rebeldía. Os danos producidos por estas políticas, sobre todo nos países máis pequenos, son enormes. Poñamos Cuba, que padece do imperio norteamericano o cerco máis prolongado da historia. O goberno de Cuba informa regularmente a ONU dos danos económicas e sociais que estas medidas ilegais causan no pais; outro tanto fai Venezuela, país que ven documentando na ONU, sen perder detalle, o resultado da violencia que recibe dos EUA , das sancións sobre a súa economía e do roubo millonario de bens do Estado.
Mais a longa ofensiva sancionadora representa tamén un custo para o imperialismo. Nos últimos anos, novas sancións foron dirixidas a actores xeopolíticos como Rusia e China o que nos leva a preguntar o custo que ten a política sancionadora para os propios EUA e seus aliados. As sancións do goberno de Washington proceden do seu poderío económico-militar e do predominio sobre os organismos financeiros establecidos logo da Segunda Guerra Mundial, nos acordos de Bretton-Woods (1944) Co dólar como divisa de cambio internacional, ten control superior dos mercados de capital e do prezo de materias primas claves, coma o petróleo, o litio ou o ouro.
En virtude desta hexemonía, máis dunha vintena de países en todos os continentes enfrontan diferentes graos de sancións de parte dos EUA. Amais dos mencionados, están Nicaragua, Corea do Norte, Siria, Irán, Afganistán, Belarús, a República Centroafricana, o Congo, Etiopía, Libia, Myanmar etc. As sancións van do bloqueo integral até medidas específicas contra sectores da economía, empresas ou individuos.
O Dólar en caida
O abandono gradual do patrón Dólar é a primeira consecuencia adversa para os sancionadores. China compra en Yuans e noutras moedas, cantidades crecentes de hidrocarburos aos países produtores o que ameaza a hexemonía da moeda dos EUA e os seus famosos Petrodólares. Malia contradicións internas, o emerxente bloque dos BRICS, ten potencial para transformar o panorama económico e político internacional e ocupar o lugar do dólar nas operacións comerciais entre países membros. Bloques económicos menores, como a Unión Económica Euroasiática, melloran as súas capacidades.
Segundo o Fondo Monetario Internacional (FMI), aínda que o Dólar segue sendo a principal moeda de reserva, experimenta un sostido descenso dende 70% do total de reservas internacionais a principios dos 2000 a un 60% en 2024. O FMI engade que entre as moedas que foron ocupando este espazo destaca o Yuan chinés, cuxo ascenso corresponde a unha cuarta parte do descenso do Dólar.
As sancións non só afectan ao sancionado, senón tamén ao sancionador, sobre todo cando os países sancionados son provedores de materias primas esenciais para o funcionamento da economía norteamericana e dos seus aliados.
As materias primas enerxéticas serven de mostra. As sancións de Trump contra a industria petroleira venezolana non só afectaron severamente a Caracas, senón que produciron inflación no mercado do combustíbel nos EUA. Refinerías estratéxicas no Golfo de México están afeitas a refinar cru venezolano, de composición moi diferente ao que se produce nos EUA e o goberno Biden houbera autorizar Chevron e outras petroleiras adquiriren petróleo venezuela.
A UE vive unha situación semellante co gas e o petróleo ruso, dos que depende mentres EUA precisa uranio para as centrais nucleares e a súa industria tecnolóxica ten unha dependencia estratéxica das terras raras, das cales China é un dos principais produtores mundiais. As sancións contra Rusia e China elevaron o prezo do trigo e complicaron as redes de transporte o que había levedar a inflación a nivel global.
As sancións son armas que se volven contra os seus propios creadores por moito que os grandes medios censuren estes feitos. Un informe publicado pola Embaixada da Federación Rusa en Panamá, sinala que en 2022 e 2023 baixou a taxa de crecemento do PIB nos países desenvolvidos até un 2.7% e 1.2% respectivamente. Segundo as estimacións do Centro Ruso de Desenvolvemento Estratéxico, só coas sancións a Rusia, as perdas de empresas estranxeiras superaron os 240 000 millóns de dólares.
Pero sen dúbidas o custe principal da política de sancións dos EUA e os seus aliados occidentais está na visíbel perda de liderado a nivel internacional. Centos de bases espalladas polo mundo, crecentes orzamentos militares, ameazas, subornos, propaganda,, chantaxes e presións diplomáticas, non impediron a bloques e potencias contra-hexemónicas cobraren forza para abordar en curto prazo a desmontaxe da unipolaridad dominante dende a década dos 90.
Como ferramenta útil dirixida a castigar colectivamente os pobos, as sancións resultaron dunha dubidosa eficacia para propiciar o acercamento político aos EUA como quedou probado en Cuba, Irán ou A Repúbliica Bolivariana de Venezuela que resisten, remudan e articúlanse co mundo pluripolar e pluricéntrico en proceso de formación.
*José Ernesto Nováez Guerrero é xornalista cubano, membro da Asociación Hermanos Saíz (AHS ) e responsábel do capítulo cubano da Rede en Defensa da Humanidade.