Un texto de René Vázquez Díaz

René Vázquez Díaz – Traducido de Rebelión

Os insultos dirixidos contra Los Juanes por anunciar un concerto en Cuba moven cuestións de principio que é bo esclarecer. Todos os esforzos que se fagan para promover a paz teñen un só gañador: os cubanos da pé a ambos os dous lados do Estreito da Florida. A Cuba impúxoselle unha guerra de agresión económica e financeira que xa dura medio século. É hipócrita, a estas alturas, aducir que “Cuba é unha ditadura” para xustificar esa agresión. Non existe guerra comercial nin financeira contra China nin Vietnam, países con sistemas similares ao cubano. Tampouco se bloquea a Exipto ou Arabia Saudí, verdadeiras satrapías sen dereitos humanos. Unha superficial investigación das relacións con China dos empresarios cubano americanos, daría como resultado que Miami adora o comunismo. O seu país de adopción é considerablemente dependente do Partido Comunista de China. Seguir lendo Un texto de René Vázquez Díaz →

Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil campou un cartaz de sete metros co lema “Liberdade para Os Cinco” nas dúas manifestacións que ocuparon as rúas de Santiago durante a mañá do 25 de Xullo.

As formacións políticas que participaban nos desfiles reaxiron diante do recordatorio gráfico dos Cinco Herois Cubanos con expresións de solidariedade. “Cuba sí, Ianquis non”, “Liberdade para os Cinco”, “Raúl, amigo, o povo está contigo” e “Cuba vencerá” foron os máis coreados. Seguir lendo Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega →

Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada

No centro social do Castiñeiriño.

O vindeiro día 26 de xullo a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e o Consulado de Cuba en Galiza, celebrarán un acto en lembranza do Asalto ao Cuartel Moncada de Santiago de Cuba no ano 1953, considerado como o inicio do movemento insurreccional que deu comenzo ao proceso revolucionario cubano, culminado coa chegada ao poder no ano 1959. Seguir lendo Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada →

Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009

Alejandro Ruiz – Venezuela Cantaclaro

O Índice Global de Paz (IGP) elaborado anualmente polo Instituto de Economía e Paz ven de presentar na ONU a súa edición de 2009 na que se revela que Cuba ten mellores indicativos de benestar ca os Estados Unidos: Cuba ocupa o lugar 68 mentres Norteamerica aparece no 83.

O Indice analisa en cada país 23 indicadores que permiten avaliar a educación, a asistencia médica, o benestar material, a criminalidade, a corrupción política, a estabilidade social, a confianza na representación e a atención obxectiva aos problemas detectados na sociedade así como a democracia medida en canto a posibilidade real de intervir no governo colectivo. No estudo é de capital importancia a opinión da cidadanía de cada país ao repeito da liberdade de prensa, o pluralismo político, o benestar económico, a liberdade da iniciativa privada, a opción relixiosa en liberdade plena e o respeito polos dereitos fundamentais. Seguir lendo Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009 →

Xesto a xesto: Unha posible saída ao caso dos cinco

Precedentes históricos para un acordo de alto nivel político.

José Pertierra – Rebelión

INTRODUCION

Recentes declaracións do Presidente Raúl Castro suxiren a vontade de Cuba para iniciar negociacións con Washington que puidesen resultar no retorno dos Cinco cubanos presos nos Estados Unidos. Ao responder preguntas de correspondentes en Brasilia, Raúl revelou a súa disposición de liberar algúns dos presos que están en Cuba como resposta a un xesto dos Estados Unidos de devolver aos Cinco. Caracterizou a xestión como “xesto e xesto”.(1)

Gibbon dixo que o único xeito de xulgar o futuro é polo seu pasado. E a historia ilumínanos agora unha posible solución a un dos temas máis espiñentos que aínda entorpece as relacións entre os Estados Unidos e Cuba: os presos. Seguir lendo Xesto a xesto: Unha posible saída ao caso dos cinco →

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook