O Cume dos  Pobos aborda en Los Ángeles os asuntos censurados no IX Cume das Américas

A.F. – TSA Los Ángeles

Organizacións de solidariedade, delegadas de movimentos sociais, sindicalistas e representantes de asociacións de base, déronse cita en Los Ángeles (California) para constituiren o Cume dos Pobos e tratar todos os asuntos censurados no IX Cume das Américas, reunido na  mesma cidade baixo a vixiáncia e o dereito a veto arbitrariamente exercido polo goberno de Washington. As 250 entidades reunidas acordaron manifestarse na Sexta 10 perante a sé do censurado IX Cume, malia teren recibido un aviso en contra das autoridades. O dereito das nacións a decidiren seu destino sen interferencia do imperialismo, tal e como establece a Carta de San Francisco, aprobada en 1945, que dera lugar a fundación das Nacións Unidas, será o centro do programa. O CP é polo tanto consecuente co Dereito Internacional mentres que IX Cume das Américas é parte da estratexia coa que Washington adoita atravancar en beneficio propio as relacións económicas e a voz libre do hemisferio sur.  

“Non pode haber Cume das Américas sen a participación dos pobos de América” din as voces censuradas en Los Ángeles.

No programa do CP figura a independencia e o memorial de violacións que acumulan sucesivos gobernos dos EUA contra o Derecho Internacional (DI) mal que dicho conxunto de normas forme parte  central dos compromisos públicos do veciño do norte. É propósito da asemblea dar forma a un acordo para defendérense da intervención e da estratexia de división de parte de  Washington. Para abordar este asunto central censurado no IX Cume das América, está prevista unha mostra dos danos históricos producidos pola agresión imperial en América Latina e o Caribe. Na convocatoria de asemblea do CP figuran en lugar importante a emigración, os controles de fronteira e a situación das sen papeis e das participantes nas marchas cara o Rio Grande. A democracia como dereito e ferramenta de defensa, o bloqueo contra Cuba, Venezuela e Nicaragua, a información manipulada polas axencias dominantes e a defensa da saúde pública contra o obxectivo de privatización e secuestro dos mercados farmacéuticos de parte dos laboratorios do norte son outros asuntos a tratar en asemblea.

“Non poden silenciarnos nin ocultar a verdade”, di o presidente de Cuba sobre o Cume rexional restrinxido de Los Ángeles

Analia Freire TSA – Los Ángeles (California)

Cuba denuncia a farsa dunha convocatoria rexional na que o veciño do norte reparte entradas sobre un manipulado baremo de democracia e dereitos humanos cando é verdade que ese mesmo goberno censurador promove racismo, intolerancia e supremacía branca; cando os índices de abuso policial e xudicial contra os afroamericanos seguen sendo norma e a cadea ou arresto de nenos e adolescentes son diarios. Para se referir ao un Cume das Américas reservado, o presidente de Cuba citou a Asociación Americana de Liberdades Civís, quen asegura que 60 mil menores de 18 anos de idade adoitan estar cada dia do ano encerrados ou detidos en cadeas ou en correccionais. “O único goberno do hemisferio que condena a menores de 18 anos a penas de cadea perpetua sen liberdade condicional é o dos EUA. Se o espello da democracia dos que están a vetar países do hemisferio son os dereitos humanos,  estamos perante un insulto á intelixencia e ao sentido común dos demais”.

Non ter entrada no Cume non significa carecer de voz nin de presenza

Vólvese contra o goberno de Washington a ofensa de lesa humanidade que dispara contra  outros mentres no medio do bloqueo levado ao paroxismo, o hipócrita que predica virtude e goberno xusto, pecha as vias legais de inmigración mentres promove e premia a inmigración ilegal; acusa a Cuba de non desenvolver a comunicación dixital, o que non se corresponde coa realidade,  mentres eles promoven plataformas tecnolóxicas para sementar na mocidade ideas dos laboratorios de propaganda con visións do mundo que espallan apatía política, egoísmo, racismo, narcisismo e agresividade.

Diaz Canel dixo que non toleraban a definición de patio traseiro nin resalido de ninguén, e que o dereito á defensa da soberanía, a independencia e a autodeterminación eran irrenunciábeis de seu; que é vontade de Cuba promover a necesaria unidade e integración rexional, a partir do respecto a diversidade.  “Compartimos entre países grandes e pequenos; os que son ricos en recursos naturais e os que carecen deles; os que exportan hidrocarburos ou enerxía eléctrica e os que están obrigados a importala; os grandes produtores de alimentos e os que precisan do comercio exterior para satisfacer súas necesidades. E os pequenos países insulares que merecen un trato preferente e diferenciado nas súas relacións económicas internacionais. Temos nalgúns casos profundas diferenzas ideolóxicas que non empecen relacións e mesmo cooperación, tanto para resolver graves conflitos políticos, como para contribuír a solución de problemas sociais maiores e prestar servizos ás poboacións máis necesitadas. En 2014 asumimos na Habana, por unanimidade, o compromiso coa Declaración de América Latina e o Caribe como Zona de Paz. Poden excluir a Cuba mais non darán silenciado a voz e a solidariedade de Cuba; o goberno dos EUA sabe que o pobo deste hemisferio recusa o bloqueo”.

O legado do patriotismo martiano foi referencia central do discurso do presidente. No remate da súa intervención citou Benito Juárez  na súa xenial síntese de 1867: “Entre individuos, como entre nacións, o respecto ao dereito alleo é a paz”.

O IX Cume das Américas, reservado para os amigos de Casa Branca

Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

O goberno de Washington anticipa o fracaso do IX Cume das Américas ao vetar a participación das posicións independentistas representadas por Cuba, Venezuela e Nicaragua. A proposta de dialogar desde o respecto mutuo para reparar un sistema de integración continental irreparabelmente derramado, non resiste nin as probas de véspera porque Biden entende que a reconstrución pasa por aceptar os intereses dos EUA o que significa outravolta o bloqueo de todas as expresións de soberanía do Sur.

López Obrador, di que non asistirá a un congreso con censuras e pregunta a Biden se acaso os presidentes de Cuba, Venezuela e Nicaragua son extra-terrestres.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil denuncia este repetido acto de arrogancia do goberno dos EUA contra América Latina e o Caribe e recorda que no tempo ido dende o cume da OEA en Punta del Este (1962) a diplomacia de Washington cercou con crueldade a Cuba tratando borrar o seu exemplo de independencia e xustiza socialista. Neste propósito terrorista, sucesivos gobernos dos EUA foran establecendo oito mecanismos de integración latinoamericana que fracasaron sen remedio porque non estaban dirixidos a revivir a soberanía, acabar coa desigualdade de renda no continente Sur (a máis grande do mundo) nin a prover medios de vida, cultura e convivencia en paz senón a servir exclusivamente os intereses imperialistas.

O bloqueo infame contra Cuba foi creado polos EUA como imaxe de tortura que espantase a vontade de independencia do que Martí chamara Nuestra América. Sesenta anos despois de a OEA expulsar a Cuba, o veto contra rebeldes anota a Venezuela e Nicaragua por defenderen con heroísmo súa soberanía, mentres México, Bolivia, Chile, Arxentina, Honduras e San Vicente e as Granadinas advirten a Biden que un congreso de integración non pode admitir censuras.

A diplomacia de Washington desvaría contra o reloxo entre ofertas e ameazas polas chancelerías do Sur para conxurar o contaxio progresista mentres considera irrenunciábel a presenza no IX Cume dun delincuente coma Luis Almagro, co que conta para revivir o cadáver da OEA.

Rematemos co bloqueo de Cuba!

Impidamos as sancións e os roubos contra Venezuela e Nicaragua!

Cese a ocupación militar norteamericana en Haití!

Contra as sete bases militares norteamericanas en Colombia!

América Nosa con Martí!

A CGT francesa envía a Cuba contedores con víveres e material médico

Terra Sen Amos

A iniciativa Contedores para Cuba, emprendida polos sindicatos agrupados na Confédération Générale du Travail (CGT) sumou na altura da Quinta 26 de Maio máis de 227 mil euros para remitir a illa víveres, produtos para a industria farmacéutica e medicamentos que remedien situacións de emerxencia creadas durante a Pandemia polo ilegal bloqueo dos EUA contra a illa, que no ano que andamos supera seis décadas de existencia. Máis de 30 federacións e sindicatos organizados na CGT,  lanzaran hai un ano esta campaña para enviar en contedores achegas solidarias a illa cercada.

Acompañando os envíos materiais, a CGT desenvolveu unha campaña de información sobre  o criminal bloqueo económico, comercial e financeiro organizado polo goberno que actúa no mundo como emblema da acumulación de capital , armas, bases estratéxicas e capacidade para  infundir propaganda e información manipulada. Recordan que o obxecto desta ominosa campaña é unha illa de recursos escasos, menor en tamaño que o veciño Estado de Florida,  a  que o goberno de Washington interfire o comercio e a comunicación e asedia con propaganda hostil e pago de mercenarios.  

Para a CGT,  o goberno dos EUA non pode exercer de xuíz do planeta e impor o seu criterio sobre as relacións e intercambios internacionais ao resto do planeta. Recorda que a UE, como primeiro socio comercial de Cuba, ten a obriga de protexer seus propios intereses e os de Cuba, defendidos polo dereito internacional. A Confederación reafirma o seu propósito de actuar de acordo cos seus homólogos cubanos para rematar co bloqueo e compromete a súa solidariedade integral co mundo do traballo e o conxunto do pobo de Cuba para defender os  dereitos e medios de subsistencia da illa.

Cismando no Cume de San Francisco, Washington acaba coa paciencia de Latinoamérica e o Caribe

Marina Méndez Quintero – JR

Se a política de Washington fose máis considerada con Latinoamérica e o Caribe (nin sequer digo máis xusta) atendería as recomendacións do Cume do ALBA-TCP na  Habana, na sexta 20 de Maio. O goberno dos EUA esquece o pasado recente e teima en excluír da próxima cita das Américas nacións do hemisferio da como instrumento de dominación para impoñer súas receitas. Dez nacións da Alianza Bolivariana para os Pobos da nosa América-Tratado de Comercio dos Pobos (ALBA-TCP) condenen esa soberbia e anuncian que non asistirán a cita de Los Ángeles. Outros coma Ralph Gonsalves, primeiro ministro de San Vicente e as Granadinas, que non irá ao encontro, dubida mesmo se sería lexítimo enviar un representante no seu lugar. “Ofenden a nosa intelixencia con esta caste de abusos sen sentido: debemos defendernos».

Caricatura de Adán en Juventud Rebelde.

A maioría dos asistentes ao cume da Habana anunciaron que de manteren os EUA as exclusións, non irían a cita de 6 de xuño en Californa e o mesmo deben sentir seus  colegas dentro e fóra do Caricom que protestaran polo carácter excluínte da convocatoria. Xa son moitos os gobernos da rexión (e non só países membros do ALBA-TCP) os que adopta unha lóxica posición anti-hexemónica. Washington non parece darse por informado.

Un cume sen vetos

Será un sentimento soterrado, mais os convidados rebélanse diante da ofensa de Biden vetar Cuba, Venezuela e Nicaragua, nun intento de facer valer a falaz Carta Democrática Interamericana, imposta por Washington desde 2001 no seu ministerio das colonias da OEA. A administración estadounidense pretende, mediante esta inxerencia, xustificar un bloqueo a Cuba de máis de 60 anos que é repudiado pola comunidade internacional, así como as medidas punitivas aplicadas contra Nicaragua e Venezuela. A exclusión. como denuncia a Declaración do ALBA-TCP, é de natureza política e revela a necesidade, tamén recolleita no texto, «de materializar un cambio nas relacións hemisféricas, con base na Carta das Nacións Unidas e o Dereito Internacional».

É obvio, como ten denunciado o ALBA-TCP, que hai un intento de dividírmonos. Mais as contas estanlle saíndo a Estados Unidos ao revés. Países da rexión que non pertencen ao arco integracionista, coidan que ese imperativo de ditar regras do xogo, provoca enfado contra un Cume que a cada convocatoria honra menos o seu nome «das Américas».

Andrés Manuel López Obrador, presidente de Mexico, aínda non confirma a súa asistencia, indignado pola segregación dos tres países;  algo parecido acontece coa xefa de Estado de Honduras, Xiomara Castro, quen expresou onte: «Asistirei ao Cume só si están invitados todos os países de América; sen excepción». Sen ter confirmado aínda  que o seu país non vaia asistir, a ministra de Estado de Chile, Antonia Urrejola, asegurou que o goberno ao que pertence quer un Cume sen vetos de entrada. A mesma condición mantén Alberto Fernández presidente de Arxentina e presidente pro-témpore da CELAC (Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños) que impulsa unha cita paralela, e dentro do propio marco do cónclave das Américas terciado polos EUA. Convocatoria que ratifica outra das principais condenas do ALBA-TCP, cando os seus membros reiteraron que a CELAC é o noso espazo natural e o sitio apropiado para debater e resolver os problemas de Latinoamérica. O goberno dos EUA parece querer subliñalo a forza de aplicar vetos.

Lonxe de calquera consideración ditada polos sentimentos ou a ideoloxía, máis dun observador vaticinou que o pretendido Cume das Américas vai ser un chasco completo. Os máis morixerados comentan que é un erro a actitude da administración de Joe Biden para a convocatoria. Termando na Doutrina Monroe, Washington non fai máis que incomodar aos veciños do sur, mentres a conxuntura actual deixa en evidencia que a unión é a condición precisa para as nacións latinoamericanas e caribeñas resolveren seus problemas comúns.

Tradución ao Galego para Terra Sen Amos de Áurea Eira.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook