Axencias de Cuba – TSA
A solidariedade internacional en alza e a vontade inequívoca de continur na construción do o socialismo, malia a marea recrecida do bloqueo, logo de seis décadas de tormento, foron argumentos das manifestacións patrióticas que cruzaron Cuba na segunda 26, Dia da Rebeldía Nacional. No acto central en Cienfuegos, o presidente da República dixo que os sistemas de propaganda hostís a Cuba volverían darlle nome de retórica del pasado as críticas contra o capitalismo. “A verdade é xustamente a contraria porque a nosa vontade é impedir que regrese o pasado e o futuro non pode ser o pasado; porque a Cuba do dia despois sería como regresarmos ao dia seguinte do asalto ao Moncada: un baño de sangue, unha revancha do odio e o campar de de todo o que os asaltantes do Moncada pretendían cambiar e que só a Revolución transformou para sempre!”
Miguel Diaz Canel dixo que a Cuba do dia despois era a que cobizaban “os infames congresistas que alá votan a prol de todas as leis contra o seu propio país de orixe”. Haberá quen coide que nada pode haber peor que a racha de eventos negativos que vimos padecendo, e procure conforto maldicindo no fondo do seu ser. Mais todos entenden que, erros nosos aparte, o bloqueo está na raíz, no tronco, nas polas e nos froitos das nosas dificultades”.
O presidente recordou que malia os anexionistas non o recoñeceren publicamente “estan convencidos de que nas mans dos que terman nese escandaloso abuso do bloqueo de máis de medio século, con desprezo absoluto da condena do mundo enteiro, os problemas cubanos non terían solución”.
“Cuba no está soa! Endexamais estivo soa! – continuou- Cuba representa a alternativa a orde inxusta e excluínte que impera no mundo. E somos a posibilidade dese mundo probar que hai espazo para todas as ideas e sistemas políticos; para que a a democracia, tan proclamada como violada, sexa recoñecida en toda a súa diversidade”.
Non pode o socialismo seguir sendo calumniado en nome da liberdade “mentres lle pechan todas as portas para o comercio, as finanzas e os negocios; o acoso rabioso do bloqueo de parte dun imperio contra unha nación pequena é proba terminante de que funciona o socialismo, porque mesmo baixo a maldición de estarmos bloqueados, dimos erguido unha obra de xustiza social que compara e por veces supera dos paises mais avanzados en indicadores de desenvolvemento humano coma mortalidade infantil, esperanza de vida ao nacer, acceso a saúde, educación, cultura ou deporte e niveis de seguridade e protección”.
Acósannos necesidades nons menores e prolongadas “e vivimos baixo as presións dunha economía de guerra (porque ese é o nome dunha economía baixo o bloqueo) mais non renunciamos nunca a aspiración socialista de beneficiar a toda a poboación e de poder oferecer opcións múltiples de realización humana”.