En 28 de xaneiro celebramos 169 anos do natalicio de José Martí, libertador de Cuba. Desde o Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) E a Federación de Asociacións de Cuban@s Residentes en España (FACRE) rendemos homenaxe a esta figura senllleira da historia de Cuba con programas e convocatorias que revivan a memoria do seu legado e, secomasí, dean testemuña da súa inmensa obra representada por un mundo de escritos filosóficos, pedagóxicos, políticos, xornalísticos e literarios que conforman unha achega fundamental da cultura universal con sobresaintes aplicacións práticas que sobardan as loitas pola independencia e a xustiza social do pobo de Cuba e alimentan outras causas xustas noutras latitudes. Non é por acaso que Martí é o cubano máis universal.
Falco, Juventud Rebelde
Unha das fortalezas do pobo e a cultura cubanas e o legado de José Martí e a súa vixencia actual na patria que fora razón da súa vida. O Heroe Nacional e Apóstolo da Independencia de Cuba, soubo axuntar e orientar as arelas de liberdade de todo un pobo nas loitas contra a metropole colonial e serveu de inspiración á Xeración do Centenario que encabezada por Fidel Castro Ruz emprendeu en 26 de xullo de 1953 os asaltos aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes para derrubar a ditadura de Fulgencio Batista; malia non ter atinxido seu obxectivo básico, o ataque inzou un movimento pola independencia e a liberdade plena da illa, frustradas polo intervencionismo estadounidense logo de se ter liberado a nación do xugo hispanoa, e realizada derradeiramente en 1 de xaneiro de 1959. Neste senso, a actual Revolución Cubana é fillla das ideas martianas e os valores de Martí están presentes na formación de cubanos e cubanas e son exemplo para o mundo baixo o humanismo e solidariedade dos profesionais sanitarios da illa baixo o lema de Patria é Humanidade e a máxima de O mellor xeito de decer é facer.
Integrado por 27 asociacións de solidariedade do Estado Español, o MESC, xunto a FACRE, reafirman seu compromiso coas ideas martianas e salientan a súa vixencia na construción da nacionalidade e a defensa da soberanía cubana para ben de todos e todas.
En todo o mundo, e particularmente dentro dos EUA, as persoas que procuran información por conta dun goberno extranxeiro, son perseguidos pola Lei e, en todo caso, expulsados do pais. Tres diarios de Madrid chaman a rebato porque duas persoas que traballaban como correspondentes en Cuba do sitio dixital ADN con sede en Florida, declaráronse obrigados a abandonar a illa a causa das trabas que dinque as autoridades poñen ao seu traballo. O sitio ADN está finanzado polo governo de Washington coma outros que participan no tiro de feira que acompaña a diario o cerco comercial, económico e político que o imperio do Norte mantén dende hai 6 décadas contra Cuba. Como espazo dixital, ADN non se preocupa porque a súa compañía editora conte coa fasquía presentábel dunha empresa de información, pois aparece na lista de acubillados na DotaciónNacional de Recursos para a Democracia, máis coñecida polas súas siglas en Inglés, NED (National Endowment for Democracy) A NED realiza programas de intervención da CIA (Axencia Central de Espionaxe) e da Axencia dos Estados Unidos para el Desenvolvemento Internacional (USAID) O pasado dia 20, TSA daba conta dunha completa información do sitio arxentino Diariocontexto sobre a máquina de bloqueo informativo dirixida dende o governo de Washington contra Cuba.
Martirena en Cubahora
Nun artigo publicado hoxe en Cubainformación, José Manzaneda recorda que os correspondente do medio dixital de Miami “non son xornalistas independientes, senon propagandistas mercenarios dunha potencia para a que traballan xustificando a agresión e o bloqueo ao seu propio país; non son perseguidos polo seu traballo crítico, senón por violar as leis contra inxerencia que existen en Cuba, nos EUA e en todos os países do mundo polo que non tratamos dun desterro senón dunha medida de indulxencia das autoridades cubanas”.
A mesma información lembra que arredor de 54 grupos ou medios reciben fondos federais por intermedio das axencias USAID e NED a una media de 20 millóns de dólares anuais. As partidas secretas a empresas contratistas e programas, e a dotación dosequipos da CIA asignados a desestabilización política de Cuba, sobardan este orzamento que ten unha incidencia crecente na comunicación mediática e nas redes sociais.
A DotaciónNacional de Recursos para a Democracia, máis coñecida polas súas siglas en Inglés, NED (National Endowment for Democracy) comezara no tempo de Ronald Reagan na Casa Branca (1983) un rego de cartos para a fronte exterior dos EUA mediar con programas de intervención da CIA (Axencia Central de Espionaxe) e da Axencia dos Estados Unidos para el Desenvolvemento Internacional (USAID) Baixo a presunción de apostolado da democracia, estas oficinas imperiais pagan en todo o mundo organizacións non gubernamentais (ONG) e fundacións de nome samaritano ideadas para tumbar os gobernos que resisten ás políticas de Washington. É notabel a especialización destas instancias de axitación exterior en Latinoamérica e Caribe, que os EUA consideran seu resalido.Dentro do continente Sur, a infamia imperial céntrase en Cuba.
A propia rede da NED, explica que, en 2020, o programa para Latinoamérica e o Caribe achegou recursos específicos para levaren a democracia a paises que eles coidan apartados do ideal democrático, tal que Cuba, Nicaragua e Venezuela. Coidan que o Ecuador de Guillermo Lasso e a Bolivia de Janine Agnez están na liña correcta contra o autoritarismo e a censura, na súa interpretación bifocal das liberdades. A NED gábase de ter pagado programas para rematar coa corrupción,o fomento de medios dixitais que aproximan os pobos ás redes sociais dos EUA e os compromisos para libraren Brasil y Méxicodas ameazas de gobernos populistas.
Para o apostolado democrático da NED, os rexímesmáis autoritarios son os de Cuba, Nicaragua e Venezuela, países que foron gravemente agredidos por medio da rede de axencias e ONG dependentes da propia entidade e difamados dende os media dominantes que participan igualmente dos orzamentos da política exterior dos EUA.
A NED pon acentos de ledicia ao informar do encontro (celebrado 30 de novembro pasado) entre Ileana Ros-Lehtinen, congresista republicana valedora do máis reacionario da contra de Miami, e o senador demócrata Robert «Bob» Menéndez. Con eles departiron o mesmo presidente da NED, Carl Gershman, e o administrador da USAID, Mark Green, que se aplicaron en dirimir cal dos candidatos, pagados con fondos da NED, serán de mellor comenencia para Cuba, Nicaragua e Venezuela.
LOITADORES POLA DEMOCRACIA
Gershman dixo que a congresista Ros-Lehtinen empregaba o mellor do seu talento a colaborar cos loitadores pola democracia en todo o mundo polo que fixo agasallo dun cadro que representa a Deusa da Democracia, construida na Praza de Tiananmén de Pequín hai 30 años.
Os EUA levan dende o triunfo da Revolución Cubana (1959) procurando por todos os medios un cambio de gobierno na illa. O criminal bloqueo económico, comercial e financeiro que de forma ilegal e unilateral terman contra Cuba, e que foi condenado por aclamación da Asemblea Xeral da ONU en 29 votacións sucesivas, é o espello da agresión infame e sistemática contra Cuba, que Washington mantén dende hai seis décadas.
Os promotres do bloqueo manifestaron en máis dunha oportunidade que o cerco ten como fin asfixiar o pobo cubano, provocar o caos e xenerar un cambio de goberno e de sistema político.
Dende os comezos da pandemia, a administración estadunidense (primero Donald Trump e a seguir John Biden) levaron o bloqueo a cotas inusitadas: impediron a entrada de medicamentos, de respiradores, de combustibel e de xiros bancarios e de recursos económicos para os cubanos non poideren enfrontar a crise provocada por la Covid-19. Aproveitando o malestar causado por esa suma de torturas contra Cuba, convocaron protestas para desestabilizaren o goberno, mais as cámaras que esperaban imaxes dunha clamorosa protesta, non deron grabado máis que a vida diaria de Cuba a loitar contra o andacio e o Bloqueo.
Dacordo coa información da NED, durante 2021 investiron máis de cinco millones de dólares (5.077.788) unha cantidade a que se poden sumar os recursos aportados ás ONG e fundacións que, sen figurar no capítulo de Cuba, actúan contra a illa coa axuda de fondos canalizados a través de la USAID e de axencias estadounidenses que teñen o mesmo propósito de derrocar o goberno.
RECURSOS E AGASALLOS DA NED
A NED publicou en 23 de febreiro de 2021 a extensa relación que acompañamos na que pormenoriza as ONG e fundacións que recibiron axuda en forma de diñeiro, contactos con axentes da CIA e facilidades de comunicación para actuaren en Cuba durante 2020. As prendaas en metálico van dende 20.000 a 650.000 dólares.
1 Plataforma Internacional de Derechos Humanos en Cuba (para interviren nas relacións UE-Cuba): $ 87.253
2 Cubalex (establecida para denuncias de violacións de DD.HH): $ 150.000
3 Fundación Cártel Urbano (para convertir intérpretes de hip-hop en protagonistas da protesta): $ 110.000
4 Instituto Nacional Demócrata para Asuntos Internacionales (para seguir casos de violencia de xénero): $ 500.000
5 Libertad de información (para formar correspondentes voluntarios): $ 80.000
6 Editorial Hypermedia Inc.: $ 93.941
7 Centro Latinoamericano para la No violencia: $ 48 597
8 Instituto de Comunicación y Desarrollo: $ 79.300
9 Transparencia Electoral: $ 74.945
10 Investigación e Innovación Factual a.c. (para promover redes rexionais de medios): $ 74.000
11 Observatorio Cubano de Derechos Humanos: $ 150.000
12 Libertad de información (para promoveren a deserción de deportistas de primeira liña): $ 50.000
13 Agora Cuba Inc. (para información dixital de sucesos): $ 75.600
14 Asociación Diario de Cuba: $ 215.000
15 Asociación Libertad de Información: $ 72.000
16 Fundación para los Derechos Humanos en Cuba, Inc.: $ 126.000
17 Instituto Cubano por la Libertad de Expresión y Prensa: $ 146.360
18 Libertad de información (para infiltración en medios): $ 56.500
19 Cultura Democrática (para pagos a artistas): $ 49 106
20 Libertad de información (para pagos a reporteiros espontáneos e blogueiros): $ 33.180
21 Dirección Democrática Cubana (para pagos a voluntarios non organizados): $ 650.000
22 Ideas y valores democráticos (para áreas marxinais): $ 23.500
23 Libertad de información (para establecer medios marxinais): $ 75.000
24 Rendición de cuentas y gobernanza: $ 120.267
25 Promoción del uso de datos en el periodismo en Cuba: $ 91.319
26 Gobierno y Análisis Político a.c.: $ 115.000
27 Asociación Civil Cronos (para novas fronteiras do xornalismo): $ 80.000
28 Libertad de información (fomento de redes sociais): $ 50.000
29 Instituto Interamericano de Derechos Humanos: $ 95 000
30 Libertad de información (fomento do pensamento crítico): $ 99 980
31 Centro para la empresa privada internacional: $ 309 766
32 Instituto Prensa y Sociedad: $ 70 523
33 Fundación Espacio Público (fomento de medios independentes): $ 108.000
34 People in Need Slovakia : $ 60.000
35 Clovek tisni, o.p.s. (para media): $ 150.882
36 Instituto Político para la Libertad: $ 85 000
37 Arlenica, Arte, Lenguaje e Investigación para el Cambio Social, suplemento $ 11.940
38 Centro por una Cuba Libre $ 80.000
39 Instituto de Informes sobre la Guerra y la Paz (iwpr): $ 145.230
40 Grupo Internacional para la Responsabilidad Social Corporativa en Cuba (fondo para fomentar sindicatos independentes, traballadores autónomos e dereitos laborais): $ 230.000
41 Vista Larga Foundation Corp (para proteción de escritores e artistas): $ 83.000
Os media que chamamos de referencia, quer dicer, as grandes empresas de comunicación occidentais, cultivan polo visto un esquecemento interesado dos logros de Cuba na loita contra a pandemia. É coma se as posicións ideolóxicas que separan Occidente do sistema comunista cubano, que son moitas abofé, lles impedisen ver a realidade. Ou se cadra coidan que esta realidade non debería interesarnos.
“Por que a clase médica cubana está na avangarda contra o Coronavirus en todo o mundo” (titular de Arab News)
Tiña que ser unha publicación especializada estadounidense, o American Journal of Public Health, quen salientase a boa xestión sanitaria que está a facer na loita contra a pandemia o goberno cubano. Nun ensaio de oito páxinas, a revista norteamericana trata de explicar como un país pobre, sometido desde hai xa máis de seis décadas a un inhumano e ilegal bloqueo por parte de Washington, é quen de protexer mellor aos seus cidadáns que a rica, pero desigual superpotencia.
Para isto acontecer, a publicación sinala diferenzas básicas existentes na estrutura e organización dos sistemas sanitarios, así como na filosofía e a cultura entre ambas nacións. A resposta de Cuba a COVID-19 foi máis coordenada e integral, escribe a revista, o que deu uns resultados significativamente mellores que os obtidos por EUA. Até mediados do ano en curso, a taxa acumulada de casos de COVI nos EUA era catro veces superior á da illa caribeña e as taxas de mortalidade e de mortalidade excesiva eran doce veces máis altas nos EUA.
Dacordo cos últimos datos fornecidos pola John Hopkins, a universidade de investigación por excelencia nos EUA, nunha poboación de 329,5 millóns (datos de 2020), morreron 819.315 persoas por ou en relación co coronavirus, fronte aos 8.321 na pequena Cuba, que ten unha poboación de 11,33 millóns. A Habana considera a cobertura sanitaria como un dereito universal e mesmo o ten ancorado na Constitución, mentres que os EUA contan con algunhas das mellores clínicas do mundo, cos mellores especialistas, pero só para quen poda pagalo. Cuba conta cunha rede de 11.000 clínicas e 500 policlínicas que permiten un diagnóstico previsor de situacións críticas e aposta sobre todo pola prevención.
Unha das fortalezas de Cuba na loita contra a pandemia é a colaboración entre os médicos de atención primaria, investigadores e e ao redor de 28.000 estudantes de Medicina. Mercé a este sistema, a illa ostenta o índice máis baixo de letalidad por coronavirus de toda América Latina, cun 0,9 por cento, segundo a John Hopkins, que o compara co 1,6 por cento do seu gran veciño do norte.
Con todo, os índices máis elevados nese apartado aparecen en América Latina, cun 8,9% no Perú, un 7,6% en México e un 6,2% no Ecuador. Cuba é o primeiro lugar en América Latina e o segundo no mundo (logo de Emiratos Árabes Unidos) na inmunización contra o COVID-19, segundo o portal dixital Our Web in Data.
Mália o cerco, a illa conseguiu producir tres vacinas contra o COVID-19 e case o 86 % da súa poboación completou o esquema de inmunización, cun millón de de doses de reforzo.
“Quén vai darnos o futuro? Nós mesmos! Quén nos ha garantir un porvir feliz para a nosa patria? Nós mesmos e só nós! Ninguén virá darnos nada e de ninguén máis dependerá non sendo de nós; a oportunidade é nosa e temos todo o que se precisa para loitar por ela. Tres cousas son importantes para este ano: a primeira, a defensa da patria fronte a ameaza do inimigo; a segunda, a organización e a formación da conciencia revolucionaria. […] sen conciencia revolucionaria, no poderíamos cumprir outro deber como é a planificación e o desenvolvemento da nosa economía”. Son palabras de Fidel na concentración que celebraba 2 de xaneiro de 1962, o Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución.
Fidel na concentración popular do Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución, en 2 de xaneiro de 1962.
“Malia o progreso económico e industrial gañado polo povo dos EUA, a flor do seu esforzo vai para grandes escadras artilladas, a armar exércitos e a pagaren bandas de vendepatrias no mundo enteiro: gandalla de traidores, exércitos de espías, de asasinos e saboteadores; o froito do esforzodo povo dos EUA vai para sementar contrarrevolución no mundo enteiro, para sobornar reacción e colonialismo, pagaren bandas militaristas e sementar neofascismo nos países nos que o fascismo fora derrotado a costa do sangue de millóns de seres humanos; en pagar o máis retrógrado e reaccionario que pode haber no mundo”.
“Pasados case dous séculos, mudou de vez o papel que representara o goberno dos EUA . Os EUA xa non loitan hoxe por nada que signifique liberdade; hoxendía non defenden nin un só átomo de liberdade en parte ningunha do mundo; os monopolistas que hoxe gobernan Washington e identifican a política e as iniciativas dese país exclusivamente cos seus intereses, loitan precisamente por todo o contrario: por manter o colonialismo no mundo, por serviren os intereses explotadores en todo o mundo, por manter a reacción no mundo enteiro”.
“Mais non se fagan ilusións, señores teóricos do imperialismo: non todo o mundo está envelenado pola súa propaganda mentireira; non todo o mundo segue eses modelos seus, nin atende as mentiras e infamias coas que enluxan a súa propia opinión. Os pobos do mundo comprenden as mentiras que lle queren contar a diario e aprenden por experiencia propia”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"