Saúl Landau denuncia o terrorismo de Estados Unidos contra Cuba

Terra Sen Amos – Redacción

Co gallo da Xornada In­ternacional de Solidariedade cos Cinco e Contra o Terrorismo, volveu entrar en circulacion en todo o mundo o documental de Saúl Landau titulado Por favor, Póñase en Pé o VerdadeiroTerrorista, un extraordinário traballo do documentalista, escritor e xornalista estadounidense, finado en setembro de 2013. O traballo do intelectual californiano denunciou de preferéncia no seu traballo o colonialismo na América Latina do que son mostra estas imaxes sobranceira que ten recibido millóns de entradas en todo o planeta. Saúl Ladau invitara Washington a Orlando Letelier, embaixador de Chile e membro do governo de Unidade Popular depois de este padecer cadea en varios campos de concentración de Pinochet. Polo seu traballo con Landau, Letelier convertiuse na voz da resisténcia chilena. En 21 de setembro do 76, o carro de Orlando Letelier estalou en Sheridan Circle, o que causou tamén a morte do seu axudante Ronni Moffitt, de 25 anos.

 

Cuba derrota a LEY DE AJUSTE que aguilloóu durante 51 anos a emigración de cubanos aos EUA

Terra Sen Amos- Redacción

Cuba consigue unha nova victoria política de grande alcance ao forzar a renúncia dos Estados Unidos á Ley de Ajuste, eixo da guerra imperial contra a independéncia da illa e arma propagandística de enorme resonáncia contra a Revolución, ao proclamar que o desexo principal da cubanía era emigrar ao paradiso capitalista. A
Ley de Ajuste Cubano premiaba dende 1966 a entrada ilegal de nacionais cubanos en territorio dos EUA no entanto recusaba militarmente o acceso de nacionais americanos non estadounidenses. Cuba levaba décadas denunciando nas instáncias internacionais e nos medios esta diferenza de trato dirixida coma unha bomba contra a súa soberania mentres os governos do norte lavaban as mans a conta da traxédia emigrante sen mencionar o engado estadounidense que a provocaba. Donald Trump serviu a Obama, nos seus derradeiros dias de presidente, a coartada precisa para acabar coa infámia da Ley de Ajuste Cubano ao termar o recén eleito presidente na construcción dun muro contra México, aliado preferente dos EUA.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

Seguir lendo Cuba derrota a LEY DE AJUSTE que aguilloóu durante 51 anos a emigración de cubanos aos EUA

Fabián Escalante recorda 634 atentados fallidos contra Fidel

Fabián Escalante – CubaSigueLaMarcha

A figura de Fidel, lembrada nestes días en todo o mundo como exemplo de tenacidade, disciplina, valentía, solidariedade, optimismo, e visión de futuro, iluminou o recordo dos numerosos planos, complots e conspiracións argallados nos EUA durante máis de medio século para asasinalo. Investigacións fundamentadas, proban que en 41 anos os serizos de seguridade de Cuba coñeceron e desmantelaron 634 complots homicidas contra o líder da Revolución, en diferentes estadios de elaboración, deles 60 dirixidos pola CIA, e en 10 casos con participación probada da Mafia, triste marca que ningún outro líder mundial alcanzou na historia da Humanidade e iso sen contar outros que non trascenderon.

O xeneral Fabián Escalante, axente imprescindibelna protección do Lider da Revolución.
O xeneral Fabián Escalante, axente imprescindibel na protección do Lider da Revolución.

Seguir lendo Fabián Escalante recorda 634 atentados fallidos contra Fidel

Un comandante de Oriente Próximo

Iroel  Sánchez Espinosa – “La pupila insomne” – (Traducción de Merchi Santiago para Terra Sen Amos)

Os gobernos de Irán e Qatar son adversarios nos delongados conflitos de Oriente Medio o que non impediu que altos representantes deses  estados -o Vicepresidente iraniano e o Emir pai de Qatar- estiveran presentes e interviran, na homenaxe póstuma a Fidel Castro na Praza da Revolución da Habana. Outra nación de maioría musulmá, Alxer, endebén moito máis secularizada ca Irán y Qatar, tamén tomou parte no acto na persoa do seu Vice-presidente para resaltar as virtudes do líder da Revolución cubana.

O primeiro ministro alxeriano Ahmed Ben Bella departe con Fidel e Raúl; a dereita deles, o presidente Osvaldo Dorticós Torrado. A imaxe é de outubro de 1963.
O primeiro ministro alxeriano Ahmed Ben Bella departe con Fidel e Raúl; a dereita deles, o presidente Osvaldo Dorticós Torrado. A imaxe é de outubro de 1963.

Seguir lendo Un comandante de Oriente Próximo

O voceiro da Hispanidade chama a Cuba “desolación absoluta”

Terra Sen Amos – Redacción

O feito de o Voceiro da Hispanidade recomendar como paradigma de progreso, dende a súa páxina editorial, o governo corrupto e usurpador de Batista e cualificar Cuba actual de desolación absoluta dá lugar a unha carta de resposta de Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba en Madrid,  que acusa ao diario de non informarse sobre a actualidade e ignorar, por exemplo, a realidade de máis de 52 universidades levantadas pola Revolución Cubana para centos de miles de cubanos e extranxeiros; máis de 230 institucións de ciencia e tecnoloxía, que producen, entre outros medicamentos, 338 específicos rexistrados contra o cancro, 261 biofármacos  e outros 900 en ensaios clínicos, unidos aos que xa en uso garanten altos índices de saúde ao povo cubano e expórtanse a todo o mundo por centos de millóns de euros.

O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos disidentes que recomendaría repatriar en decembro de 2014.
O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos disidentes que recomendaría repatriar en decembro de 2014.

Seguir lendo O voceiro da Hispanidade chama a Cuba “desolación absoluta”

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook