“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí o xornalista cubano Max Lesnik, entrevistado polo profesor e ensaista Salim Lamrani para a revista libanesa Al Mayadeen. Lesnik, exiliado na Florida en 1961, nunca había ingresar nas filas dos partidarios de Batista nin aceptou privilexios da CIA e de feito lanzou en Miami un programa de radio no que denunciaba a invasión de Cochinos e o Bloqueo. Lamrani cita once ataques con bomba contra Lesnik en Miami, asi como a regulariedade das súas visitas a Cuba dende 1970, incluido un rencontro con Fidel, do que fora compañeiro cando estudante, seguidor de Eduardo Chibás e guerrilleiro en Escambray. A extensa conversa de catro capítulos ten o seu resume neste texto final, que se refire ao actual restablecemento de relacións diplomáticas entre Cuba e EUA.
Salim Lamrani – Al Mayadeen
Versión en Galego de TSA
Salim Lamrani: Como xornalista cubano residente en Miami, qué pensa da liberdade de expresión en Cuba?
Max Lesnik: Compre lembrar algunhas verdades elementais. A liberdade de expresión está directamente vinculada á seguridad do Estado. Non me refiro ao aparato policial nin aos servizos de intelixencia. Sentíndose seguro un Estado, cando non hai forza externa ou interna que poida desestabilizalo, a liberdade de expresión é total. Habendo unha ameaza interna ou externa –neste caso os EUA e unha ameaza interna que son os disidentes apoiados por unha potencia extranxeira– comezan as restriccións á libertade de expresión. Poñamos o caso dos EUA, a nazón máis poderosa del mundo. Dise que hay una libertad de prensa plena e absoluta en Estados Unidos. Como xornalista digo que a liberdade de prensa está nas mans dos donos dos medios, controlados polas forzas capitalistas para defender os seus intereses. A concentración dos media foi a maiores nos últimos anos. Antes, un diario era propiedade do editor, como foi o meu caso. Hoxendía, os accionistas da prensa pertencen ao complexo industrial-militar. Así que un Estado é amenazado, reduce a liberdade de expresión, como pasou no macartismo, cuando violaron as libertades fundamentais mentres ninguén amenazaba Estados Unidos. En Cuba, segundo o Estado vexa desaparecer as ameazas externas ou internas promovidas dende fóra, estou seguro da ampliación do debate crítico.