“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco. O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.
O pasado primeiro de agosto o Xeneral de Exército Raúl Castro Ruz anunciou na Asemblea Nacional a decisión de ampliar o exercicio do traballo por conta propia, e utilizalo como unha alternativa máis de emprego para os traballadores que queden dispoñibles logo do proceso de redución de equipos inflados que deberá asumir o país. Na reunión parlamentaria coñeceuse, ademais, que se eliminarían varias das prohibicións vixentes para o outorgamento de novas licenzas e a comercialización dalgúns produtos, ademais de flexibilizar a posibilidade de contratar forza de traballo en determinadas actividades. Seguir lendo Novas normas para regular o traballo dos autónomos→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"