Nota da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.
Medios de comunicación que militan dende hai anos contra a independenza de Cuba e o seu dereito a procurar a xustiza e a igualdade, perden as formas editoriais e lanzan unha campaña de graves incorreccions políticas contra a Revolución.
O pretexto é a morte nun hospital do preso Orlando Zapata, cando estaba a ser tratado das secuelas dunha prolongada folga de fame. A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” quer rectificar algunhas afirmacións saidas da máis intransixente militancia anti-comunista e espalladas con irresponsabel impaciencia por ventiladores públicos e privados. Seguir lendo En Cuba non hai maltrato a presos