Arquivo da etiqueta: asalto ao Cuartel Moncada

Raúl no Moncada: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes”

TERRA SEN AMOS / JUVENTUD REBELDE.

Comemorando o 60 aniversario do asalto aos cuarteis de Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, Raúl Castro reafirmou o compromiso socialista e popular da Revolución: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes, proclamada por Fidel o 16 de abril de 1961, no sepelio das vítimas dos bombardeos que precederon a invasión de Praia Girón”.

Para a 60 efeméride do Moncada, Cuba contou coa presenza de governos do ALBA e do CELAC que desafían os paradigmas do capital na Nosa América. No seu parlamento, Raúl referiuse á extensión da disidencia das políticas do FMI e tivo palabras para cadanseu dignatario: “A Revolución Democrática e Cultural de Bolivia, encabezada por Evo Morales, símbolo da reivindicación dos povos orixinarios; a triunfante Revolución Ciudadana, que lidera con amplio apoio popular en Ecuador o Presidente Rafael Correa; os avances sociais como los do Uruguai que conduce o compañeiro José Mujica, guerrilleiro tupamaro, catorce años na cadea; os que se producen no Caribe que loita polo desenvolvimento sostíbel, a xustiza e a igualdade soberana, representado aqui nos primeiros ministros Roosevelt Skerrit, de Dominica; Baldwin Spencer, de Antigua e Barbuda; Ralph Gonsalves, de San Vicente a as Granadinas, e Kenny Anthony, de Santa Lucía”. Outras mencións de Raúl foron para honrar a lealdade de México coa Revolución Cubana, na Guerra de Liberación e durante o bloqueo, e para Nicaragua e o seu presidente Daniel Ortega, tamén desprazado a Santiago para o aniversario. A emoción embargou ao Presidente a facer a mención de honra de Chávez: “Ao invicto Comandante en Jefe da Revolución Bolivariana da irmá Venezuela, o querido compañeiro Hugo Chávez Frías, discípulo de mérito dos padroeiros da independencia latinoamericana e caribeña. Seguir lendo Raúl no Moncada: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes”

A Francisco Villamil convoca unha homenaxe ao heroe nacional de Cuba para o dia 6

José Martí, o revolucionario para todos os tempos.

Gramma, 28.01.10 A imaxe de Martí —o revolucionario que falou para onte e para hoxe— é coma as árbores xigantes que conforme pasa o tempo por elas, más afianzan as súas raíces e medran.

Martí bota raiceiras e sen descanso medra —baixo a terra e sobre a terra — e ha medrar todos os anos e todos os días no traballo creador dos cubanos, e nos esforzos revolucionarios do seu povo.

Vímolo medrar nos desfiles escolares dos rapaces que tanto amou; nos recitais, cantos e concertos populares; nas solemnes homenaxes perante os monumentos que o recordan. Seguir lendo A Francisco Villamil convoca unha homenaxe ao heroe nacional de Cuba para o dia 6

Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada

No centro social do Castiñeiriño.

O vindeiro día 26 de xullo a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e o Consulado de Cuba en Galiza, celebrarán un acto en lembranza do Asalto ao Cuartel Moncada de Santiago de Cuba no ano 1953, considerado como o inicio do movemento insurreccional que deu comenzo ao proceso revolucionario cubano, culminado coa chegada ao poder no ano 1959. Seguir lendo Festa do LVI aniversario do asalto ao Cuartel Moncada