Arquivo da etiqueta: Cubadebate

Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

Ariel Terrero – Cubadebate (traducción e edición de Terra Sen Amos)

Nada máis asomar no horizonte caribeño o furacán Matthew, a prensa cubana despregou artes verdadeiras de información e con profesionalidad e dilixéncia, deu conta da nova ameaza, as medidas de preparación, a desfeita de Baracoa e outras localidades do extremo oriental de Cuba e dos labores de recuperación. Os xornalistas saíron a busca da noticia para comunicala decontado e máis unha vez probaron saber facelo. A revista televisiva especial dirixida por Cristina Escobar e Lázaro Manuel Alonso, ben artellada cos tele-centros locais e co Centro de Prognósticos do Instituto de Meteorología, tivo expresións similares na radio. As radioemisoras provinciales e municipais inventaron solucións enxeñosas de conexión co resto do mundo. Na rede de redes, o seguimiento certeiro do furacán, propiciou en Cubadebate cifras históricas de visitas. A mellor evidencia da inventiva e rigor dos xornais foi a profusión de información xunto aos partes, imprescindíbeis, dos meteorólogos e da Defensa Civil.

A radio, a prensa escrita e a TV cubanas deron, superaron todos os retos do esmagador furacán.
A radio, a prensa escrita e a TV cubanas, superaron todos os retos do esmagador furacán.

Seguir lendo Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

ENTREVISTA CO ADVOGADO LEONARD WEINGLASS

Un Tribunal do Onceno Circuito de Apelaciones de Atlanta ratificou este mércores os veredictos de culpabilidade dos Cinco antiterroristas cubanos, prisioneiros en cadeas norteamericana dende 1998, e anulou as sentenzas de tres deles cuxos casos deberán ser revisados en Miami.

Ratificáronse as sentenzas de René González (15 anos) e Gerardo Hernández (dúas cadeas perpetuas máis 15 anos). Neste último caso a decisión do panel foi 2-1. Nunha opinión de 16 páxinas a xuíza Phyllis Kravitch afirma que o Goberno non presentara evidencias abondas para probar que Gerardo era culpabel do cargo de tentativa de homicidio.

Os casos de Ramón Labañino (cadea perpetua máis 18 anos), Fernando González (19 anos) e Antonio Guerrero (cadea perpetua máis 10 anos) foron enviados para revisión a Florida.

Será o xuíz Joan Lenard quen deba convocar unha audiencia para emitir o próximo fallo. Lenard foi quen ditou no 2001 as desproporcionadas condenas impostas aos Cinco. A decisión de 99 páxinas da Corte de Atlanta, redatada cunha linguaxe politizada allea a un texto legal que favorece explicitamente a posición do goberno, ditaminou que “carecían de mérito” os argumentos da defensa referidos aos cargos en apelación.

cartel2_15_06_2008

Arleen Rodriguez entrevistou para Cubadebate a Leonard Weinglass, advogado de Antonio Guerrero e membro do equipo de xuristas que leva a defensa dos Cinco cubanos presos nos Estados Unidos. O diálogo foi transmitido orixinalmente na Mesa Redonda, programa estelar da Televisión Cubana, o xoves 5 de xuño 2008.

Arleen Rodríguez.- ¿Que din en síntese as 99 páxinas do fallo da Corte de Apelacións de Atlanta?

Leonard Weinglass.- Que revogaron as cadeas perpetuas de dous, as de Antonio e de Ramón, e que hai unha revisión do proceso novamente en Miami ante a xuíza Lenard. A sentenza de Fernando vai reducirse.

Arleen Rodríguez.- Pero Ramón e Antonio teñen cargos diferentes de Fernando. ¿Que significa que sexan devoltos os tres a Miami e que podemos esperar?

Leonard Weinglass.- Cuando foron arrestados os Cinco en 1998, o Pentágono e o Ministerio de Xustiza fixeron unha declaración dicindo que a seguridade nacional de Estados Unidos non fora afectada. Agora, despois de estar 10 anos en prisión, temos unha confirmación dos tribunais de que non houbo espionaxe e que ningunha información de alto segredo fora obtida nin trasmitida. Iso atopouno así o Tribunal, e aínda así remítenos a unha nova revisión e non estamos seguros de cál sería a nova sentenza; en todo caso non vai ser cadea perpetua, e eles poderán mesmo regresar á casa.

Arleen Rodríguez.- ¿Por que Gerardo non está incluído nesa revisión?

Leonard Weinglass.- O caso de Gerardo era o máis doado, dacordo con todos os advogados, e puido ser retirado. Porén, mesmo sendo legalmente sinxelo, dende o punto de vista político é o caso máis difícil, debido ao clima político existente en Miami. O Tribunal non tivo a coraxe de deixar a un lado unha condena por conspiración para cometer asasinato cando catro residentes de Miami foron as vítimas.

Arleen Rodríguez.- O feito de o Tribunal de Apelaciónsde Atlanta pór o expediente no Tribunal de Miami, no caso de Ramón, de Fernando e de Antonio, significa que as sentenzas foran excesivas o que xa é un recoñecemento de prática orregular. ¿Daquela, non é un sinsentido que se lle devolva á propia xuíza que impuxo esas condenas tan elevadas?

Leonard Weinglass.- É desafortunado. Nesta decisión de 99 páxinas, atopan que a xuíza Lenard cometeu erros ao sentenciar a Fernando; cometeu erros ao sentenciar a Antonio; cometeu erros ao sentenciar a Ramón; cometeu erros nas instrucións que lle deu ao xurado sobre Gerardo, e, de acordo con dous dos nosos tres xuíces, cometeu erros ao negar o cambio de tribunal. A pesar destes seis ou sete erros serios, o Tribunal de Apelacións volve o caso á xuíza Lenard.

Arleen Rodríguez.- ¿Que recursos xudiciais quedan?

Leonard Weinglass.- Temos aínda recursos. Podemos pedir 24 de xuño, a estes tres xuíces que reconsideren a súa decisión á luz de moitos dos erros cometidos. No caso de non reconsiderar este razoamento, entón temos o dereito de acodir ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos en revisión de todos ou algúns dos asuntos que presentamos, incluíndo a xurisdicción, a oregulariedade da Fiscalía, a falla de probas contra Gerardo e outros aspectos das sentenzas deste triibunal, incluíndo o uso dun procedemento secreto en contra dos Cinco entre a xuíza e a Fiscalía. Tamén o de manter evidencias secretas que deberon ser entregadas á defensa.

Arleen Rodríguez.- O fallo chega cando o pobo norteamericano ten a súa atención colocada no tema electoral. A opinión pública non percibe outros casos coma o dos Cinco, ou o posible indulto a Luis Posada Carriles, que xa está libre nas rúas de Miami. ¿Tivo en conta o equipo de avogados a dobre moral do Goberno norteamericano en relación co terrorismo, visiblel tanto no tratamento do caso dos Cinco, loitadores antiterroristas presos, e a liberación dun terrorista confeso como Luis Posada Carriles.

Leonard Weinglass.- Sendo evidente, ista contradición non se pode sustanciar legalmente; porén, o primeiro xurado fixera unha observación sobre Posada Carriles ao que nomean como terrorista. Nesta novo fallo de 99 páxinas, non citan aquela nota o que é lamentabel.

Arleen Rodríguez.- O novo fallo tamén se produce un 4 de xuño, aniversario de Gerardo. O feito de que se confirma polo Tribunal de Apelacións a condena para un dos casos máis fráxiles que ten todo este proceso, que é a conspiración para o asasinato e, en xeral, os cargos contra Gerardo, parece un acto deliberado de crueldade contra este loitador antiterrorista.

Leonard Weinglass.- Se cadra puido non ser casualidade. Hai mesmo quen coida que foi a mantenta contra un home que serviu honradamente ao seu país. Conto, lendo as súas opinións, en particular nas primeiras 40 páxinas, nós, como advogados, vemos que están inzadas de prexuízos ideolóxicos. O feito de publicar o fallo o día do aniversario de Gerardo, pode ser visto como di.

Arleen Rodríguez.- Déanos unha razón para que poidamos seguir crendo que hai algunha posibilidade de que triunfe axustiza no sistema legal norteamericano, no caso dos Cinco.

Leonard Weinglass.- Iste caso é unha desas situacións onde creo que o goberno de Estados Unidos está a utilizar a súa Administracion de Xustiza para lograr un obxectivo de política exterior. É por iso a diferenza co caso de Posada Carriles e este caso. Un trato tan desigual erosiona a confianza na Lei, na Adoministración de Xustiza e nos tribunais.

Arleen Rodríguez.- Resuma nunha frase a súa opinión sobre este fallo do 4 de xuño.

Leonard Weinglass.- Gerardo debeu ser liberado de todas as condenas e todas as cadeas perpetuas deberon ser revogadas. Ou sexa, gañamos unha parte pequena do caso, pero o asunto da xurisdicción está aínda en suspenso. Ímolo presentar novamente ao Tribunal Supremo. Estamos preparados para seguir loitando porque Os Cinco regresen a casa e, con sorte, daremos feito. Gañamos a revogación das cadeas perpetuas, un avance non pequeno; pero estamos, realmente, moi defraudados ao non gañar a parte máis débil do caso que presentou a Fiscalía, e debímola gañar.

Arleen Rodríguez.- Refírese ao cargo tres, ¿non si?

Leonard Weinglass.- Exacto. Calquera advogado que revise ese cargo, fiscais incluidos, xa ven non se puido facer unha condena sobre probas tan ruíns; e un dos xuíces escribiu unha opinión de 16 páxinas, na que con claridade e rotundidade declara que Gerardo non era culpable deses cargos. É extraordinario que unha xuíza de 85 anos, que foi un xuíz federal de apelacións case un cuarto de século, faga unha obxección tan intensa. O pronunciamento é hist´´orico se temos en conta que ven dunha xuiza de enorme prestixio na Administracion de Xustiza norteamericana.

Arleen Rodríguez.- A xuíza Kravitch.

Leonard Weinglass.- Efectivamente. Fora nomeada por Carter, un home que cre máis nos dereitos humanos que moitos dos outros líderes nacionais. El foi escoller nun xulgado moi pequeno, en Georgia onde ela practicaba o dereito, a pesar de ter unha carreira brillante nunha das faculdades máis prestixiosos dos Estados Unidos; non atopaba traballo en ningunha sinatura de avogados grande por ser muller. Ela comprende por experiencia o prezo que as persoas teñen que pagar cando son vítimas dun prexuízo, e coido que este convencemento salienta no seu traballo.

ASOCIACIÓN NACIONAL DE AMIZADE ITALIA-CUBA, CÍRCULO DE ROMA

Autoras: Catia Funari e Stefania Russo

Asociación Nacional de Amizade Italia-Cuba, Círculo de Roma.

C.F.: O caso dos Cinco cubanos detidos nos cárceres de Estados Unidos non se relaciona exclusivamente cos gobernos cubano e norteamericano. Os Cinco hoxe atópanse en prisión por querer defender os principios de liberdade, xustiza e soberanía – valores universais, sagrados en todos os países do mundo. ¿Non cre vostede que Europa tería que reflexionar sobre o feito que aínda hoxe en día estes principios póñense en discusión e que para defendelos ás veces haxa que sufrir prisión como o están facendo os Cinco?

I.R. O caso dos Cinco é sinxelamente escandaloso por distintas razóns. Primeiro, por que por parte dos medios de comunicación europeos estase aplicando un boicot xeneralizado?; nin nos xornais, nin por radio, nin por televisión fálase desta historia. Efectivamente, atopámosnos fronte a un feito totalmente censurado. Segundo, porque estamos vivindo nunha fase histórica na cal repítennos todos os días que hai que facerlle a guerra ao terrorismo, como sexa e en calquera parte atópese. O mesmo Bush dixo que quen axude ao terrorismo, por exemplo hospedándoo, é tan terrorista como o que pon unha bomba. Con estas palabras o Presidente dos Estados Unidos está lexitimizando o traballo dos Cinco, ou sexa tratar de descubrir as organizacións que practican o terrorismo. En realidade todo isto demostra que para os Estados Unidos e para moitísimas outras persoas existe un terrorismo bo, que lle serve aos intereses dos EE.UU. e un malo, que ataca os mesmos intereses. E isto as persoas de boa vontade non o poden aceptar: o terrorismo é mal, sempre.

S.R.: E Europa onde está?.

I.R.: Europa está ausente, hai que dicilo. Con respecto ao caso dos Cinco, Europa aliñouse cos EEUU, e en particular sobre as temáticas cubanas Europa non quere considerar a especificidade do caso Cubano, a especificidade do terrorismo esponsorizado por ÚSA contra Cuba. É evidente que é sensible soamente ao terrorismo, digamos, islámico. Ao terrorismo internacional, como hoxe chámaselle a este fenómeno.

S.R.: Cal é a diferenza entre a política cubana do superdemócrata John Kennedy e a do ultraconservador, reaccionario George W. Bush. En realidade foi durante a administración Kennedy que, a partir do Triunfo da Revolución, Cuba viviu a súa fase máis critica. E non me refiro á Crise de Outubro, senón máis ben ao intento de invasión da Illa coa o desembarco en Bahía de Cochinos.

I.R: Aquí estamos falando de historia. E a historia dinos dúas cousas: o presidente Kennedy cando lanza a operación “Praia Girón” está lanzando un plan que non elaborou a súa administración, senón a precedente á súa, a administración de Eisenhower. Evidentemente Kennedy, como calquera presidente nos seus inicios, non posúe aínda a autoridade como para disuadir a realización desa operación. Pero podemos dicir que lle ordena ás forzas estadounidenses presentes nas augas ao redor da Bahía, en particular portavións, de non participar ao desembarco. Ademais hoxe sabemos con seguridade que Kennedy quería enviar unha mensaxe a Fidel Castro para establecer outro tipo de relación con el. Temos moitos testemuños que o demostran. Consecuentemente as mesmas autoridades cubanas pensan que, logo da crise, puidéronse establecer outro tipo de relacións, aínda que a posición de Kennedy apareza cuantitativamente a máis importante.

S.R: ¿Que lle pasará a Posada Carriles? Se logra saír novamente libre ¿a actividade terrorista contra Cuba intensificarase?

I.R. Creo que sería moi difícil. Posada Carriles a estas alturas é un terrorista retirado. Ten oitenta anos, ten un cancro da pel. Non estamos falando de Pousada Carriles como persoa, senón do que representa, ou sexa a un home que pasou case 50 anos practicando o terrorismo contra Cuba e que este feito non se recoñece, coa complicidade de moitos países como Panamá ou México, que lle deron a Posada Carriles o permiso de transitar para poder chegar aos EEUU. Recordemos que Posada Carriles non posúe a nacionalidade norteamericana. E de todos os xeitos eu creo que os EE.UU. protexerano, xa que é un axente deles. Quizais para os EEUU a cousa mellor sería que Posada Carriles morrese. Polo tanto é posible que o propicien.

Fonte: Cubadebate