Arquivo da etiqueta: Tribunal do Onceno Circuito de Apelaciones de Atlanta

ENTREVISTA CO ADVOGADO LEONARD WEINGLASS

Un Tribunal do Onceno Circuito de Apelaciones de Atlanta ratificou este mércores os veredictos de culpabilidade dos Cinco antiterroristas cubanos, prisioneiros en cadeas norteamericana dende 1998, e anulou as sentenzas de tres deles cuxos casos deberán ser revisados en Miami.

Ratificáronse as sentenzas de René González (15 anos) e Gerardo Hernández (dúas cadeas perpetuas máis 15 anos). Neste último caso a decisión do panel foi 2-1. Nunha opinión de 16 páxinas a xuíza Phyllis Kravitch afirma que o Goberno non presentara evidencias abondas para probar que Gerardo era culpabel do cargo de tentativa de homicidio.

Os casos de Ramón Labañino (cadea perpetua máis 18 anos), Fernando González (19 anos) e Antonio Guerrero (cadea perpetua máis 10 anos) foron enviados para revisión a Florida.

Será o xuíz Joan Lenard quen deba convocar unha audiencia para emitir o próximo fallo. Lenard foi quen ditou no 2001 as desproporcionadas condenas impostas aos Cinco. A decisión de 99 páxinas da Corte de Atlanta, redatada cunha linguaxe politizada allea a un texto legal que favorece explicitamente a posición do goberno, ditaminou que “carecían de mérito” os argumentos da defensa referidos aos cargos en apelación.

cartel2_15_06_2008

Arleen Rodriguez entrevistou para Cubadebate a Leonard Weinglass, advogado de Antonio Guerrero e membro do equipo de xuristas que leva a defensa dos Cinco cubanos presos nos Estados Unidos. O diálogo foi transmitido orixinalmente na Mesa Redonda, programa estelar da Televisión Cubana, o xoves 5 de xuño 2008.

Arleen Rodríguez.- ¿Que din en síntese as 99 páxinas do fallo da Corte de Apelacións de Atlanta?

Leonard Weinglass.- Que revogaron as cadeas perpetuas de dous, as de Antonio e de Ramón, e que hai unha revisión do proceso novamente en Miami ante a xuíza Lenard. A sentenza de Fernando vai reducirse.

Arleen Rodríguez.- Pero Ramón e Antonio teñen cargos diferentes de Fernando. ¿Que significa que sexan devoltos os tres a Miami e que podemos esperar?

Leonard Weinglass.- Cuando foron arrestados os Cinco en 1998, o Pentágono e o Ministerio de Xustiza fixeron unha declaración dicindo que a seguridade nacional de Estados Unidos non fora afectada. Agora, despois de estar 10 anos en prisión, temos unha confirmación dos tribunais de que non houbo espionaxe e que ningunha información de alto segredo fora obtida nin trasmitida. Iso atopouno así o Tribunal, e aínda así remítenos a unha nova revisión e non estamos seguros de cál sería a nova sentenza; en todo caso non vai ser cadea perpetua, e eles poderán mesmo regresar á casa.

Arleen Rodríguez.- ¿Por que Gerardo non está incluído nesa revisión?

Leonard Weinglass.- O caso de Gerardo era o máis doado, dacordo con todos os advogados, e puido ser retirado. Porén, mesmo sendo legalmente sinxelo, dende o punto de vista político é o caso máis difícil, debido ao clima político existente en Miami. O Tribunal non tivo a coraxe de deixar a un lado unha condena por conspiración para cometer asasinato cando catro residentes de Miami foron as vítimas.

Arleen Rodríguez.- O feito de o Tribunal de Apelaciónsde Atlanta pór o expediente no Tribunal de Miami, no caso de Ramón, de Fernando e de Antonio, significa que as sentenzas foran excesivas o que xa é un recoñecemento de prática orregular. ¿Daquela, non é un sinsentido que se lle devolva á propia xuíza que impuxo esas condenas tan elevadas?

Leonard Weinglass.- É desafortunado. Nesta decisión de 99 páxinas, atopan que a xuíza Lenard cometeu erros ao sentenciar a Fernando; cometeu erros ao sentenciar a Antonio; cometeu erros ao sentenciar a Ramón; cometeu erros nas instrucións que lle deu ao xurado sobre Gerardo, e, de acordo con dous dos nosos tres xuíces, cometeu erros ao negar o cambio de tribunal. A pesar destes seis ou sete erros serios, o Tribunal de Apelacións volve o caso á xuíza Lenard.

Arleen Rodríguez.- ¿Que recursos xudiciais quedan?

Leonard Weinglass.- Temos aínda recursos. Podemos pedir 24 de xuño, a estes tres xuíces que reconsideren a súa decisión á luz de moitos dos erros cometidos. No caso de non reconsiderar este razoamento, entón temos o dereito de acodir ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos en revisión de todos ou algúns dos asuntos que presentamos, incluíndo a xurisdicción, a oregulariedade da Fiscalía, a falla de probas contra Gerardo e outros aspectos das sentenzas deste triibunal, incluíndo o uso dun procedemento secreto en contra dos Cinco entre a xuíza e a Fiscalía. Tamén o de manter evidencias secretas que deberon ser entregadas á defensa.

Arleen Rodríguez.- O fallo chega cando o pobo norteamericano ten a súa atención colocada no tema electoral. A opinión pública non percibe outros casos coma o dos Cinco, ou o posible indulto a Luis Posada Carriles, que xa está libre nas rúas de Miami. ¿Tivo en conta o equipo de avogados a dobre moral do Goberno norteamericano en relación co terrorismo, visiblel tanto no tratamento do caso dos Cinco, loitadores antiterroristas presos, e a liberación dun terrorista confeso como Luis Posada Carriles.

Leonard Weinglass.- Sendo evidente, ista contradición non se pode sustanciar legalmente; porén, o primeiro xurado fixera unha observación sobre Posada Carriles ao que nomean como terrorista. Nesta novo fallo de 99 páxinas, non citan aquela nota o que é lamentabel.

Arleen Rodríguez.- O novo fallo tamén se produce un 4 de xuño, aniversario de Gerardo. O feito de que se confirma polo Tribunal de Apelacións a condena para un dos casos máis fráxiles que ten todo este proceso, que é a conspiración para o asasinato e, en xeral, os cargos contra Gerardo, parece un acto deliberado de crueldade contra este loitador antiterrorista.

Leonard Weinglass.- Se cadra puido non ser casualidade. Hai mesmo quen coida que foi a mantenta contra un home que serviu honradamente ao seu país. Conto, lendo as súas opinións, en particular nas primeiras 40 páxinas, nós, como advogados, vemos que están inzadas de prexuízos ideolóxicos. O feito de publicar o fallo o día do aniversario de Gerardo, pode ser visto como di.

Arleen Rodríguez.- Déanos unha razón para que poidamos seguir crendo que hai algunha posibilidade de que triunfe axustiza no sistema legal norteamericano, no caso dos Cinco.

Leonard Weinglass.- Iste caso é unha desas situacións onde creo que o goberno de Estados Unidos está a utilizar a súa Administracion de Xustiza para lograr un obxectivo de política exterior. É por iso a diferenza co caso de Posada Carriles e este caso. Un trato tan desigual erosiona a confianza na Lei, na Adoministración de Xustiza e nos tribunais.

Arleen Rodríguez.- Resuma nunha frase a súa opinión sobre este fallo do 4 de xuño.

Leonard Weinglass.- Gerardo debeu ser liberado de todas as condenas e todas as cadeas perpetuas deberon ser revogadas. Ou sexa, gañamos unha parte pequena do caso, pero o asunto da xurisdicción está aínda en suspenso. Ímolo presentar novamente ao Tribunal Supremo. Estamos preparados para seguir loitando porque Os Cinco regresen a casa e, con sorte, daremos feito. Gañamos a revogación das cadeas perpetuas, un avance non pequeno; pero estamos, realmente, moi defraudados ao non gañar a parte máis débil do caso que presentou a Fiscalía, e debímola gañar.

Arleen Rodríguez.- Refírese ao cargo tres, ¿non si?

Leonard Weinglass.- Exacto. Calquera advogado que revise ese cargo, fiscais incluidos, xa ven non se puido facer unha condena sobre probas tan ruíns; e un dos xuíces escribiu unha opinión de 16 páxinas, na que con claridade e rotundidade declara que Gerardo non era culpable deses cargos. É extraordinario que unha xuíza de 85 anos, que foi un xuíz federal de apelacións case un cuarto de século, faga unha obxección tan intensa. O pronunciamento é hist´´orico se temos en conta que ven dunha xuiza de enorme prestixio na Administracion de Xustiza norteamericana.

Arleen Rodríguez.- A xuíza Kravitch.

Leonard Weinglass.- Efectivamente. Fora nomeada por Carter, un home que cre máis nos dereitos humanos que moitos dos outros líderes nacionais. El foi escoller nun xulgado moi pequeno, en Georgia onde ela practicaba o dereito, a pesar de ter unha carreira brillante nunha das faculdades máis prestixiosos dos Estados Unidos; non atopaba traballo en ningunha sinatura de avogados grande por ser muller. Ela comprende por experiencia o prezo que as persoas teñen que pagar cando son vítimas dun prexuízo, e coido que este convencemento salienta no seu traballo.