Arquivo da etiqueta: Cristina Escobar

Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

Ariel Terrero – Cubadebate (traducción e edición de Terra Sen Amos)

Nada máis asomar no horizonte caribeño o furacán Matthew, a prensa cubana despregou artes verdadeiras de información e con profesionalidad e dilixéncia, deu conta da nova ameaza, as medidas de preparación, a desfeita de Baracoa e outras localidades do extremo oriental de Cuba e dos labores de recuperación. Os xornalistas saíron a busca da noticia para comunicala decontado e máis unha vez probaron saber facelo. A revista televisiva especial dirixida por Cristina Escobar e Lázaro Manuel Alonso, ben artellada cos tele-centros locais e co Centro de Prognósticos do Instituto de Meteorología, tivo expresións similares na radio. As radioemisoras provinciales e municipais inventaron solucións enxeñosas de conexión co resto do mundo. Na rede de redes, o seguimiento certeiro do furacán, propiciou en Cubadebate cifras históricas de visitas. A mellor evidencia da inventiva e rigor dos xornais foi a profusión de información xunto aos partes, imprescindíbeis, dos meteorólogos e da Defensa Civil.

A radio, a prensa escrita e a TV cubanas deron, superaron todos os retos do esmagador furacán.
A radio, a prensa escrita e a TV cubanas, superaron todos os retos do esmagador furacán.

Seguir lendo Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

Medios públicos de calidade para o futuro da información en Cuba

Terra Sen Amos – Redacción
Medios públicos de información que sexan quen de gañar audiéncia por boa factura, contido crítico, claridade, novidade e transcendencia. Eis a opción da xornalista Cristina Escobar para respostar a competéncia dos novos medios de soporte electrónico, a cada máis populares en Cuba e negar cos feitos a pretendida identificación da liberdade  na proliferación de medios privados. A moderadora do popular programa da TV Cubana “Mesa Redonda”, describiu en Vigo e Santiago unha situación nova no consumo de información da illa, aínda baixo o Bloqueo. “Temos moitas máis opcións para decatarmos do que pasa en Cuba e no mundo. A visión medio céntrica que puido haber nalgún momento en torno aos medios públicos, está superada. A xente ten acceso a Tele-Sur, cadea promovida por varios países latinoamericanos, e aumenta a penetración de Internet por métodos informais de difusión de información a través de memorias digitais e lápis electrónicos. A competencia abriu un vivo debate nos medios públicos sobre como achegar a información ao que o pobo espera”.

Cristina Escobar falou en Vigo e Compostela. A foto corresponde súa intervención na libraría Andel de Vigo
Cristina Escobar falou en Vigo e Compostela. A foto corresponde súa intervención na libraría Andel de Vigo

Seguir lendo Medios públicos de calidade para o futuro da información en Cuba

Cristina Escobar, da TV Cubana, recomenda mellor información para combater a mentira

Terra  Sen Amos – Redacción

Máis e mellor información como remedio para acabar coa mentira e a manipulación e autocrítica para mellorar a prensa de Cuba. A proposta é da xornalista cubana Cristina Escobar, presentadora de “Mesa Redonda”, un programa de enorme audiencia internacional e nacional da TV Cubana, que manterá en Vigo e Compostela debates abertos, os vindeiros dias 26 e 27, invitada por “Cubainformación TV” e o Movimento de Solidariedade con Cuba. O seu calendário de conferencias en Galiza foi organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. A intervención en Vigo, será xoves 26 na Libraría Andel (Camelias 102) ás 8 do serán; a de Compostela, está programada para venres ás 7 do serán no Centro das Asociacións (antiga estación de Cornes – rúa Manuel Beiras, en  Conxo) Escobar recomenda intervir nos foros de internet para desmentir todas as manipulacións e falsidades lanzadas a diario contra Cuba. A xornalista naceu en 1987, formouse na prestixiosa Faculdade de Xornalismo da Habana (promoción de 2011) e coida que a Prensa cubana precisa cambios. “Iso non é secreto para ninguén -comenta nunha recente entrevista con Hedelberto López Blanch, no sitio “Réplica”- pois a xente da miña xeración formouse cunha filosofía de praza sitiada, co critério de reservarmos os nosos erros para non seren usados contra nós, mais, na experiéncia dos últimos meses, vemos que non acontece tal. Publicamos máis que nunca os nosos problemas e deficiéncias e non pasa ren. Coido que debemos expor máis, con maior fondura, e iso implica cambios na prensa xa que até o de agora os cambios foron epidérmicos”.

Escobar falara 26 en Vigo e 27 en Compostela.
Escobar falara 26 en Vigo e 27 en Compostela.