“Os resultados da saúde em Cuba têm sido o fruto de uma permanente vontade política, sólida participação social e intersetorial e do desenvolvimento constante de um sistema baseado na formação ética de um capital humano com alto nível de competência. Há tão só uns meses, o trabalho realizado pela Brigada Médica Cubana na luta contra o Ébola, chamou a atenção da comunidade internacional e foi tratada com destaque em meios de imprensa de grande difussão . O humanismo e a consagração de nossos profissionais, vieram a público como um exemplo das sólidas bases nas quais se fundamenta o Sistema Nacional de Saúde Pública”. Assim começa o editorial publicado no diário Granma do dia 6, assinado pelo Ministério da Saúde Pública de Cuba. A seguir reproducimos a nota completa.
Arquivo da etiqueta: Ébola
The Washington Post recoñece que contra o Ébola, a pequena Cuba supera aos paises ricos
Terra Sen Amos
Cuba, un pais de once millóns de habitantes con recursos escasos e bloqueado polos Estados Unidos dende hai 54 anos, demostra máis resolución e compromiso contra o Ébola ca os paises ricos. O xornal The Washington Post recoñece a cualidade e importancia da axuda médica de Cuba aos países africanos castigados polo andacio depois dunha equipa de 165 profisionais da asistencia chegar a Freetown, en Serra Leona.
Seguir lendo The Washington Post recoñece que contra o Ébola, a pequena Cuba supera aos paises ricos
Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución
A profesora de Economía da Universidade da Habana, doutora Yailenis Mulet Concepción, explicou en senllas conferencias en Vigo e Compostela as reformas estruturais do modelo estatal cubano, dirixidas a manter e ampliar as conquistas da Revolución.
Os cambios na economía de Cuba son continuidade das reformas dos 90, nun contexto nacional e internacional diferente e están encamiñadas ao equilibrio orzamentario sen prexuizo do modelo público da economía. Receben o nome de “nova reforma” ou “actualización” e ten como principais obxectivos unha nova apertura ao traballo por conta propia, a expansións das cooperativas, maior autonomía da empresa estatal, a ampliación e modificación do sistema tributario, cambios no sistema público de protección do paro, a unificación de moedas, a flexibilización dos mercados de oferta e demanda agrícolas, a liberalización de certos intercambios no mercado interno e un aumento da autonomía dos gobernos provinciais e locais. Seguir lendo Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución