A Federación Sindical Mundial (FSM) reclama da ONU intervir perante os Estados Unidos para a urxente liberación dos Cinco revolucionarios cubanos que están a piques de cumpriren trece anos de castigo nas cadeas norteamericanas. A organización obreira mundial entende que Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU debe instar ao presidente Obama para que este produza un indulto que poña fin a inxusta tortura de cinco persoas condenadas nos Estados Unidos por teren impedido a violencia asasina no seu propio país.
O texto da resolución fora proposto ao XVI Congreso da FSM pola delegación do sindicato canario Intersindical Canaria, organización de traballadores e traballadoras activamente implicada dende o seu comezo na campaña internacional pola liberación dos Cinco. A Asemblea da FSM, refrendou a carta como aportación á Campaña Europea por Un Millón de Asinaturas para a Liberdade dos Cinco, o que suma de feito os votos dos douscentos delegados do continente europeo aos seiscentos do resto do mundo. Seguir lendo A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco