Tres bancos da UE recusaron transferéncias da Asociación Euskadi-Cuba para intervencións solidarias da medicina cubana na Arxentina, ao seren ameazados con sancións dos Estados Unidos dentro da política de Bloqueo que se prolonga dende hai 56 anos e que foi intensificada dende 2017 pola presidencia de Donald Trump. A Comisión Europea non fixo ningún comentario sobre esta nova chantaxe mafiosa de EUA contra bancos de paises fundadores da UE, que non incumpren lei internacional ningunha por xiraren cartos procedentes de recadas solidarias. Os bancos son os alemáns Deutsche Bank e Commerzebank AG e o italiano Unicredit. Privadamente, os bancos recoñeceron as ameazas de EUA e os alemáns cobraron comisións polo xiro non realizado.
Invocando o Bloqueo, o banco holandés ING négase a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€. O diñeiro procede da solidariedade alemana para socorro dos prexudicados polo furacán Irma. A Asociación de Amizade RFA-Cuba, denuncia dende Colonia o oportunista sometemento da institución financeira neerlandesa ás normas ilegais dos EUA, dirixidas a aillar e empobrecer Cuba, mesmo en circunstancias de emerxéncia humanitária.