O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.
Cubadebate – (Edición e traducción da Redacción de TSA)
Raul recorda en Caracas que o compromiso internacional da Revolución Cubana comeza pola Patria Grande de Bolívar e Martí. Once presidentes dos EUA ofreceran rematar o Bloqueo a condición de Cuba renunciar ao seu proxecto dunha América anti-imperialista, mais a Revolución non cedeu pesia ter que pagar un prezo altísimo pola súa firmeza. No cúmio da ALBA-TCP, Raúl explica ao duodécimo presidente do Bloqueo que ningunha causa xusta da Patria Grande é allea a Cuba e adica un recordo especial a Venezuela, Brasil, Ecuador, Arxentina, Bolivia e Nicaragua.
Depois de a maioria do Senado declarar suspensa a presidéncia electa da República do Brasil, o governo de Cuba difundiu unha declaración de apoio para a presidenta Dilma Rouseff, o Partido dos Trabalhadores, o ex-presidente Lula da Silva e o povo dos Estados Unidos do Brasil. A nota da Habana recorda que se trata dun golpe de Estado parlamentar-xudicial, disfrazado de legalidade, ensarillado hai meses co propósito de revertir o proxecto político do Partido dos Trabalhadores, derrocar o governo democrático e suplantar un poder que os intereses financeiros e o imperialismo non deran gañado co voto.