Herminio Barreiro foi amigo de Cuba e admirador e propagandista da grande obra da educación na Revolución. O mestre de varias xeracións de mestres, foi recordado o dia 8 no cemiterio do seu Sisán natal (Ribadumia) pola súa confianza na educación coma arma para cambiar o mundo e gañar a xustiza, a convivencia e a liberdade. Na invocación de despedida, o seu amigo Mendez Ferrín, presidente da Academia Galega, salientou o compromiso de Barreiro coa Revolución cubana como parte da súa condición de mestre que quería non só interpretar o mundo senón transformalo na dirección do socialismo.
O profesor Barreiro participou como asociado e amigo nos traballos da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. El foi, por exemplo, o encargado de narrar o protagonismo de Ernesto Che Guevara na batalla contra a dependencia e o colonialismo en Cuba e en toda América, co gallo da efeméride “O Che un Soldado de América” organizada pola “Francisco Villamil”. Seguir lendo Herminio Barreiro, o mestre propagandista da revolución educativa de Cuba