Arquivo da etiqueta: Noam Chomsky

Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Iroel Sánchez – La pupila insomne.

Celebridades e eminencias de todo o mundo expresan o seu apoio aos Cinco anti-terroristas cubanos presos nos Estados Unidos. Endosando a carta dirixida por un coro de notábeis norteamericanos ao presidente Obama, estas novas personalidades erguen a súa voz para que remate a tortura dos Cinco.

“Pedímoslle que despois de revisar os feitos deste caso e tomar en consideración o longo tempo pasado por estes homes na cadea, outorgue aos Cinco Cubanos unha Clemencia Executiva para poideren regresar ao seu país, aos seus fogares e as súas familias,” reza a misiva avalada pola escritora Alice Walker e a súa conterránea a ex congresista estadounidense Cynthia MacKinney e máis por nomes do mundo a representación coma os actores Danny Glover, Martin Sheen, Susan Sarandon, Sean Penn e Benicio del Toro; os directores de cinema Oliver Stone e Michael Moore, os músicos borincanos Olga Tañón, Andy Montañés e Calle 13 amais de Miguel Bosé e Willy Toledo. Seguir lendo Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco

Intelectuais pertencentes ao Capítulo Peruano da Rede de Redes En Defensa de la Humanidade redactaron a carta que recibiu o apoio do Premio Nobel de Literatura, Wole Soyinka, a do filósofo, linguista e critico norteamericano Noam Chomsky, e do teólogo brasileiro Frei Beto.

Tamén asinaron Fatima Cleide, senadora brasileira, Cesar Brito, presidente da Orde de Avogados de Brasil, Danny Rivera, afamado artista portorriqueño, e o coñecido dramaturgo francés Jean Marie Binoche, entre outros. Seguir lendo Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco

INTELECTUAIS DE TODO O MUNDO ESIXEN AOS ESTADOS UNIDOS A LIBERACIÓN DOS CINCO

Pedro de la Hoz/ Granma

Intelectuais de todo o mundo reclaman a liberdade dos Cinco Presos Políticos cubanos en cadeas dos Estados Unidos.

Coñecidas figuras das ciencias e as letras de todo o planeta suscribiron un documento que reclama a inmediata liberdade dos cinco presos políticos de Cuba que os norteamericanos manteñen na cadea contra toda legalidade.

Considerados heroes en Cuba, sofren condenas de longa duración, algúns deles perpetua, acusados de espionaxe a pesar de que nunca manexaron ningunha información confidencial estadounidense.

O seu único obxectivo era previr atentados terroristas contra Cuba e informaron das súas investigacións ao propio FBI.

O documento, posto en circulación este venres baixo o título ¡ Liberdade para os Cinco cubanos presos en Estados Unidos! foi asinado en orixe por 245 artistas, escritores, científicos, académicos e representantes de colectivos, asociacións.

Entre eles os premios Nobel Nadine Gordimer de Suráfrica e Wole Soyinka de Nixeria así como o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, de Arxentina; e o de Física, Zhores Alfiorov, de Rusia.

Entre os asinantes hai vinte coñecidos norteamericanos coma a escritora Alice Walker, o actor Danny Glover, o filósofo, lingüista e ensaista Noam Chomsky, o ex Fiscal Xeral, Ramsey Clark, o xornalista Mumia Abu Jamal, quen por longos anos permaneceu no corredor da morte vítima tamén da inxustiza; Cindy Sheehan, nai dun soldado norteamericano morto no Iraq; o historiador e ensaista Howard Zinn, o reverendo Lucius Walker; e W.J.T Mitchell, un dos máis importantes semióticos das artes.

Tamén colocaron a súa asinatura ao pé do escrito Danielle Mitterrand, viúva do estadista francés Francois Mitterrand; o dirixente independentista portorriqueño Juan Mari Bras, e o bispo mexicano Samuel Ruiz.

Convencidos de que o encarceramento de Antonio Guerrero, Gerardo Hernández, René González, Ramón Labañino e Fernando González é “unha enorme inxustiza” adheríronse ao chamamento arquitectos como o brasileiro Oscar Niemeyer; filòsofos como o húngaro catedrático da universidade de Sussex, Istvan Meszaros, o mexicano Pablo González Casanova e o italiano Gianni Váttimo; poetas e narradores coma o uruguaio Mario Benedetti, o brasileiro Tiago de Mello e o ecuatoriano Jorge Enrique Adoum; cineastas coma o boliviano Jorge Sanjinés e o arxentino Fernando Solanas; xornalistas coma o chileno Manuel Cabieses e o hispanofrancés Ignacio Ramonet; e músicos coma o uruguaio Daniel Viglietti, o dominicano Víctor Víctor, o galego-francés Manu Chao, e o español Luis Eduardo Aute.