Albino Presedo – Terra Sen Amos – Habana
A Xunta anunciou na Habana un cambio positivo da súa política para Cuba con dúas circunstáncias novas presentadas polo presidente Núñez Feijoo ao termo da súa entrevista con Raúl Castro, 28 de maio. A primeira é a re-negociación da débeda que Cuba tiña con España, coa condonación do 80% do total, acordada a comezos do ano en curso; a segunda, un programa de intencións de negocios con Galiza nos eidos da bio-tecnoloxía, a xeneración de enerxía, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) o transporte e o turismo. O presidente da Xunta arrogouse protagonismo personal na reconsideración da política do PP para Cuba e afirmou que a lóxica consecuéncia era “comezar facendo negocios con Galicia”. Na realidade, a nova liña da Xunta do PP con Cuba chega depois da visita a illa de mandatários de Francia, Reino Unido, Austria, Holanda, Itália, Dinamarca, Rúsia, o Estado do Vaticano, a Igrexa Ortodoxa Rusa, China e Vietnam, entre outros, amais da viaxe de Barak Obama a Habana. A España, terceiro sócio comercial de Cuba, cántalle o galo con tanto retraso que é o seu sector financeiro quen acaba criticando a teima reaccionária de Rajoy con Cuba, depois da colosal chafallada diplomática de García Margallo en febreiro pasado, cando houbera de regresar en taxi e sen bandeiras nin escolta ao aeroporto José Martí. O ministro de Exteriores de Rajoy pretendia mostrar a Cuba como se transita da dictadura á Democracia.
Seguir lendo A Xunta do PP muda a súa política para Cuba depois da UE e da visita de Obama